cultura

A figura de Curros Enríquez en Celanova (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Goberno de Celanova cobre e rodea cunha terraza a figura de Curros Enríquez

O BNG de Celanova cualificou a acción do Goberno municipal de "aldraxe" á figura do poeta.
Lorenzo, economista, antropólogo e xestor cultural abre a colección Heterodoxos de Galaxia (Foto: Marcos Lorenzo).
CULTURA

Marcos Lorenzo escribe contra os excesos da teoría

Marcos Lorenzo vén de pubicar Enser na nova colección de Galaxia Heterodoxos. Trátase dunha mestura de crónica vital e ensaio, en forma de escrita aforística, e que parte dun momento de penuria económica e vital despois da crise que o obrigou a "concentrar todas as enerxías na subsistencia, o que á vez implicou un estreitamento das opcións vitais e un feche de horizontes", segundo declara no preámbulo do libro. 
 
Javier Seoane, á esquerda, co finado Pedro Brandariz nunha imaxe de arquivo (Foto: cedida).
Contracultura

Javier Seoane: "O documental ocorréuseme como unha forma de homenaxe a Pedro Brandariz"

Javier Seoane, director e guionista, é o creador, xunto co falecido humorista Pedro Brandariz, da microserie Mataría, que foi paralizada após o pasamento do actor. Seoane explica a decisión de publicar os episodios xa gravados e un documental que recolle o proceso de creación da serie. Unha peza que tamén é un fechamento "para a figura de Pedro, para o que representou para min e para moita máis xente".
As deputadas e deputado de Cultura xunto a Eva Alonso, no centro (Foto: Deputación da Coruña).
CULTURA

A promoción cultural no rural, un reto de futuro para o sector escénico galego

A xornada abordou estratexias de cooperación no sector cultural.
Ánxeles Cuña Bóveda (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Ánxeles Cuña Bóveda. A forza imparábel do renacemento cultural

Censura, persecución, exilio. A historia da cultura baixo a ditadura é un ronsel ben negro. Pero a escuma branca tamén sucaba o mar nunha resistencia múltiple que floreceu desde abaixo en múltiples iniciativas abertas desde os anos sesenta. O teatro foi un espello no que mirarse, e a directora de Sarabela Teatro, compañía fundada en 1980, Ánxeles Cuña Bóveda (Poio, 1957), debulla algúns dos fitos dese tempo de esforzo e activismo.
O arqueólogo Felipe-Senén López Gómez no castro de San Cibrao de Las (Foto: Laura Barcala).
CULTURA

'Nós Diario' achega 'Eira das mouras', para saber máis sobre a cultura galega

O novo libro acompaña este sábado o xornal e o 'Sermos Galiza'.
Escena de 'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o último espectáculo teatral de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere).
star
Reportaxes

Sobrevivir ao cataclismo

Pasou a pandemia. Pasou a pospandemia. Pasou, case, o Xacobeo máis longo das nosas vidas. E a nosa cultura segue aquí. Nin mellor, nin peor, nin distinta. Poderiamos poñernos tremendas e lamentar as oportunidades perdidas. Pero tamén poderiamos poñernos estupendas e celebrar que sobrevivimos ao cataclismo.

Poros

O poeta Francisco Álvarez, 'Koki', aborda as características do exilio galego (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Francisco Álvarez, 'Koki': "Escribir 'Máis aló de Fisterra' foi contar a emigración galega, mais tamén a global"

Francisco Álvarez, escritor e poeta coñecido como Koki, vén de reeditar o poemario Máis aló de Fisterra (Juglar), no que narra a súa percepción da sociedade desde a súa chegada a Nova York. Koki aborda as problemáticas comúns nas persoas migrantes, mais tamén as características do exilio galego xa que, como el di, “hai unha historia que non ten nada que ver co literario, mais que dalgunha maneira moldea a túa maneira de pensar”.
Un dos documentos medievais estudados (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Distrito Xermar rescata 'A Letra do Reino'

A tipografía medieval galega estará dispoñíbel para descargar en internet
Abuín, Carrodeguas, Marco, Pérez e Lema no Pazo Mariñán (Foto: Nós Diario).
CULTURA

As Residencias Mariñán xuntan Abraham Pérez Esther Carrodeguas, María Marco e Soraya Lema

Desde esta segunda feira, e até o 16 de decembro, están traballando nos seus proxectos dentro das últimas Residencias Artísticas Mariñán de 2022 Esther F. Carrodeguas, María Marco, Soraya Lema e Abraham Pérez.
Cabezas castrexas que se poden ver na exposición (Foto: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense).
CULTURA

A mostra 'Plástica castrexa' introduce a cultura visual dos galaicos en Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense expón na sede de Afundación da cidade das Burgas un total de 75 obras que representan desde a Idade do Ferro até a primeira romanización. A súa intención é achegar a visión plástica desa cultura á cidadanía. 

Cultura en feminismo

A tradutora Raquel Senra aborda o interese da obra de Virginie Despentes (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Raquel Senra: "Traducir é o meu traballo, mais tamén hai un compromiso e un interese persoal"

Raquel Senra, tradutora, foi a encargada de dar forma a Teoría King Kong, da escritora e cineasta francesa Virginie Despentes, recentemente publicado na Colección Púrpura de Hércules, onde se integran outros clásicos feministas. Senra aborda as dificultades de escoller as palabras ou expresións que xiran arredor da prostitución, a cultura da violación ou a pornografía xa que, como ela di, “a autora utiliza un ton moi directo, inclusive incómodo, que reflicte moi ben a linguaxe oral”.
A cantautora Antía Muíño recibiu o Premio Martín Códax a Mellor Artista Emerxente (Foto: Andrea Sánchez).
Contracultura

Antía Muíño: "A xente conecta coas revisións da música tradicional porque as recoñecen e emocionan"

Antía Muíño, cantautora, vén de publicar 'Carta aberta', o seu primeiro disco onde combina ritmos tradicionais e pop con evocacións de jazz e bossanova. Muíño aborda o lanzamento do proxecto, algúns dos temas máis escoitados e a planificación da xira que terá lugar o próximo ano xa que, como ela di, “é importante levar a nosa música a cantos máis sitios mellor”. 
Detalle do Sestercio de Augusto. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O sestercio da caetra, declarado BIC en setembro, podería vir ao Museo Provincial de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo negocia a compra da moeda para que pase a formar parte da colección do Museo Provincial.
Fernando Castro, Melania Cruz, José Luis Baños e Eva Mejuto (Foto: Xunta da Galiza).
CULTURA

Concedidos os Premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde de teatro

Fernando Castro, Ana Carreira, José Luis Baños e Eva Mejuto foron as autoras e autores premiados. Nesta edición presentáronse un total de 84 obras literarias orixinais.
Baldur Brönnimann, á esquerda, xunto ao alcalde de Santiago (Foto: Europa Press).
CULTURA

O novo director da Real Filharmonía quere levar a música clásica á sociedade

Baldur Brönnimann foi presentado esta terza feira como novo director da Real Filharmonía da Galiza (RFG) e incorporarase ao posto en xaneiro de 2023.
Eutropio Rodríguez descubriu o traballo de Ton van Vliet a través de Facebook (Foto: Sonia Franco Torres).
Contracultura

Eutropio Rodríguez: "Ton van Vliet é unha persoa extremadamente sensíbel cun gran respecto polo que fotografa"

Eutropio Rodríguez, fotógrafo, é o editor de O pálpito interior, que, da man de A Central Folque, recolle as imaxes realizadas polo holandés Ton van Vliet en Agolada nas décadas dos 70 e os 80. Rodríguez relata o proceso de selección das máis de catro mil instantáneas e aborda a cuestión da mirada estranxeira, xa que, como el di, “Ton calculaba unha distancia de medio século entre o que el vivía en Rotterdam até a Galiza dese momento”.

Luz de gas