cultura

Zanfona
CULTURA

Dez anos de Zona de Zanfona en Rianxo

Os días 4, 5 e 6 de abril desenvolverase en Rianxo a décima edición do festival internacional Zona da Zanfona (ZdZ), organizado por aCentral Folque e promovido polo Concello de Rianxo. Cursos, obradoiros, concertos ou unha exposición nun encontro consolidado arredor da zanfona. 

.
CULTURA

Crítica de Cinema: "Nebraska", calidade sen Óscar

Woody Grant (Bruce Dern), un vello con principios de demencia senil, recibe un suposto premio por correo. Pensando que se volveu rico insta ao seu fillo David (Will Forte) a emprender un viaxe para poder cobralo. Tras o receo inicial, a viaxe irá tendendo fortes lazos paterno filiais.

Carvalho Calero
CULTURA

Homenaxes no aniversario do seu pasamento reclaman o Día das Letras para Carvalho Calero

Diante da que foi súa casa natal, case derrubada, na rúa San Francisco, unha homenaxe reivindicará hoxe, terza feira, cando se fan 24 anos do seu pasamento, o Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero. O próximo domingo 30 ás 17 horas, será a Fundaçom Artábria quen lembre a dimensión do escritor. 

comocbodigo
LINGUA

D@s creadores/as de “gústame o galego” chega... Como cho digo ;-)

“Como cho digo ;-)”, pouco máis se sabe da nova campaña que bota a andar a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), despois do grande suceso de “Gústame o galego”. 

Xaneco Tubío
CULTURA

Xaneco Tubío: “A música tradicional ten que estar en todas as festas e romarías”

A Asociación de Gaiteiros Galegos cumpre 25 anos de historia con máis de 800 socios e socias e un amplo abano de actividades e reivindicacións arredor da música tradicional galega. O seu secretario, Xaneco Tubío, relátanos os principais fitos desde a súa constitución formal en 1989 até a actualidade na que máis de vinte mil persoas -en especial mocidade- asiste a aulas dalgunha das disciplinas da música tradicional. Reclama unha maior visibilidade e apoio institucional e a presenza en canta festa e romaría se celebra no país, xa que isto é o seu verdadeiro sentido. 

.
CULTURA

A Asociación Cidade Vella suspende actividades á espera da sinatura do convenio co Concello de Santiago

A Asociación Cultural Cidade Vella decidiu suspender cautelarmente todas as actividades culturais dos seus locais dese o 20 de marzo pola demora do Concello de Santiago de asinar o convenio que dá marco legal as súas actuacións. 

Dom-João-I
CULTURA

O libro de João I de Portugal achado en Lugo e a ética nas 'descubertas' de inéditos

'O livro da montaría', unha das obras portuguesas máis notábeis do S. XV, foi atopado recentemente no Arquivo Histórico Provincial. Mais a responsabilidade do achado ten nomes e apelidos diferentes aos das arquiveiras citadas polos comunicados oficiais. E ten a orixe nunha apaixonada investigación sobre os órganos históricos de Galiza.

venezurla 2
CULTURA

Éxito no concerto nacional en homenaxe a Hugo Chávez

Música, solidariedade e compromiso protagonizaron a velada organizada pola Asociación Galega de Amizade coa Revolución Bolivariana (Agarb) e polo consulado de Venezuela en Vigo.

Ana no dique
CULTURA

“Ana no dique”, a chegada de Miguelanxo Prado a Christie´s

A banda deseñada chega á casa Christie´s que ofertará na primeira poxa do xénero en abril unha peza de Miguelanxo Prado. “Ana no dique” é unha nova creación saída dunha das súas obras máis premiadas, Trazo de xiz. 

Dallas-Buyers-Club-Feature
CULTURA

Crítica de Cinema: 'Dallas Buyers Club'

A Ron Woodroof (Matthew McConaghey), un vaqueiro drogadicto e mullereiro diagnostícanlle o virus VIH. Estamos a mediados dos 80 cando a información e tratamentos contra SIDA eran moi escasos.

Sonia Méndez 1 (1)
CULTURA

Carballo Interplay: ''Recibimos xa case noventa webseries. A selección vai ser potente''

Do 24 ao 27 de abril Carballo acolle o 'Carballo Interplay', o primeiro festival de webseries do Estado.  Falamos con Sonia Méndez, a súa directora, para procurar novas claves dun festival que tamén lle dará entrada ao lúdico e á reflexión. "Queremos crear un caldo de cultivo festivaleiro".

Ataque Escampe
CULTURA

Discos da Máquina prepara un EP cos seus “monstros”

Monstros da Máquina. Vol. I é o título do primeiro EP temático colectivo do selo cooperativo Discos da Máquina. Conterá cancións inéditas de todas as bandas do proxecto dedicadas a distintos personaxes e sairá para fins da primavera. 

Eli Ríos
CULTURA

Eli Ríos: "Interésame que a poesía provoque o pensamento"

Con Anamnese a poeta Eli Ríos vén de gañar a segunda edición do Premio Lueiro Rey de poesía convocado polo concello de Fornelos de Montes e a Asociación de veciños O Cruceiro da Laxe. Despois de títulos como nós escoitando o badalo de Marienplatz (Espiral Maior, 2010) ou o recente Maria (O Figurante, 2013), Eli Ríos achéganos unha poesía que quere provocar preguntas e facer pensar. 

CULTURA

Onde está a tribo? No parque, falando galego

“Onde está a tribo?” esa é a mensaxe que se envía a través de móbil e a resposta pode ser nun parque, dando un paseo, na biblioteca... Un grupo de pais e nais promoven o encontro das crianzas para compartir lecer en galego. A iniciativa naceu en Compostela e agora bota a andar tamén en Eusakal Herria. 

Alain Resnais
CULTURA

Morre o cineasta francés Alain Resnais

Representante da Nouvelle Vague francesa, o realizador Alain Resnais morreu con noventa e un anos poñendo fin a unha traxectoria duns cincuenta filmes, entre eles, “Hiroshima mon amour”. 

Berta Dávila (Foto: Distrito Xermar)
CULTURA

Berta Dávila: "Cando escribimos ficción contamos moitas verdades"

O libro de poesía "Raíz de fenda", a novela "O último libro de Emma Olsen" e o álbum infantil "A fuxida" converteron en poucos meses a Berta Dávila nunha escritora aplaudida polo público lector e a crítica e a fan candidata a mellor autora do ano nos premios da AGE. 

american
CULTURA

Crítica de Cinema: "A grande estafa americana", a opción máis seria para os Óscars

Este domingo hai una cita ineludible para os cinéfilos e a maior festa do cine: os Óscars 2014. Así que imos tratar sobre a película que máis nominacións ten de todas. 

Pulp
CULTURA

Fantoches Baj estrean unha montaxe coa poesía de Lois Pereiro

A compañía Fantoches Baj estrea PULP (Poesía Última de Lois Pereiro) en Extramuros, Espazo de colisións artísticas, na Coruña. 

CULTURA

Viveiro volve ser capital mundial do duplo bombo

A novena edición dun dos mellores festivais do mundo de Harcore-punk e metal encherá A Mariña do 31 de xullo a 2 de agosto coa forza de máis de 30 grupos. Entre eles, verdadeiras lendas. 

CULTURA

A AELG, AGE e GALIX únense contra o “desmantelamento” da nosa cultura

Co manifesto conxunto “A cultura galega, a nosa angueira”, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX)  denuncian o proceso de “destrución da cultura galega”.