cultura

eurozone
CULTURA

Chévere estrea o seu “panfleto teatral” sobre a Eurozona

Eurozone é a nova proposta coa que Chévere se achega á crise da unión monetaria europea. Unha das estreas máis agardadas do ano que terá lugar o día 22 en Teo.

 
naval Ferrol
Galiza

Xornada de protesta do naval e da cultura

Naval e cultura levarán ás portas do Parlamento de Galiza as súas protestas. Dous sectores diferentes, mais ambos os dous de importancia para o país e que atravesan crises ás que o desleixo da Xunta non é, en absoluto, alleo
Cartel "Frecha de chocolate"
CULTURA

Chocolate, poesía e amor

Cultura e doces. A casa reposteira de Ourense Fina Rei xúntase coa poeta Yolanda Castaño para promover a iniciativa máis doce para o día de San Valentín. Frechas de chocolate con poemas.

 
Ferrín reúnese en San Caetano con Feijóo
CULTURA

Ferrín elude esclarecer a contratación de familiares na RAG

“Non hai comentarios diso, non insista”. Así zanxou Xosé Luís Méndez Ferrín nunha entrevista na RG as preguntas de Kiko Novoa a respecto da contratación pola RAG de súa filla e de seu xenro. A tensión subiu de ton cando o xornalista lle preguntou polo uso de coche oficial.
Uxia
CULTURA

Uxía inaugura o ciclo “Cantigas de Mulleres”

Con repertorio do seu “Meu Canto” e con Sés como convidada, Uxía bota a andar o Ciclo “Cantigas de Mulleres” no Teatro Principal de Compostela.
Sés
CULTURA

Sés e Aid con Rosalía de Castro en Pontevedra

O rap de Aid e o blues de Sés porán a música na homenaxe a Rosalía que a Concellaría de Cultura de Pontevedra organiza o próximo día 22.
Libraría
CULTURA

As feiras do libro modernízanse

A Federación de Libreiros de Galiza levará este ano a xestión das feiras do libro que o ano pasado organizaba unha empresa privada. Mudarán as actividades, as casetas e aproveitarán as redes sociais.
Dani, GZMúsica
CULTURA

A rede soa en GZMúsica

Desde hai case un ano, GZMúsica ofrece na rede unha plataforma para nos achegar á actualidade da nosa música. Axenda, informacións e descargas para estar ao día no que soa.

 
Homenaxe Manolo Soto
CULTURA

Salvaterra homenaxea a Manolo Soto

En Salvaterra do Miño, ás 12 do medio día terá lugar a homenaxe da SCD ao activista cultural e independentista Manolo Soto Martíns, finado o pasado 5 de febreiro.
@Virxilio Vieitez
CULTURA

A obra de Virxilio Viéitez leva a súa imaxe de Galiza a Madrid

En coprodución co Marco de Vigo, o Espacio Fundación Telefónica abre en Madrid até o 19 de maio unha grande retrospectiva do fotógrafo Virxilio Vieitez de máis de 300 imaxes. Conferencias, un ciclo de cine e obradoiros de fotografía acompañarán a mostra.
Manolo Soto
CULTURA

Adeus ao independentista e activista cultural Manolo Soto

Activista cultural e militante independentista, Manolo Soto morreu con sesenta anos hoxe e será homenaxeado no próximo sábado. Foi fundador do Festival de Poesía do Condado.
Galiza

O PP rexeita a proposta de AGE e manterá a Fundación do Gaiás, cun custo de 9 millóns

A Fundación Cidade da Cultura continuará. A proposta de AGE de que desaparecera "para osixenar o mundo da cultura cos 9 millóns que leva" caeu polos votos do PP.
Carlos Mella
Galiza

Carlos Mella: “Só a figura de Castelao me podía facer volver a un posto público”

Coa fonda pegada de Avelino Pousa Antelo no horizonte, o político e escritor Carlos Mella vén de asumir a presidencia da Fundación Castelao, desde a que se compromete a promover o ideario do autor de Sempre en Galiza.
Presentación RVB13
CULTURA

Preséntase en sociedade RVB 2013

A Asociación Roberto Vidal Bolaño comeza a súa andaina oficial coa presentación no Teatro Principal das primeiras actividades e a apertura á sociedade para que colabore e forme parte dela.
Marica Campo
CULTURA

Marica Campo recibirá homenaxe da AELG no seu Incio natal

“Nacín no Val do Mao, no concello do Incio, ao Sur de Lugo, e alí pasei os meus primeiros anos”. Así comeza un texto autobiográfico da escritora Marica Campo que será homenaxeada na súa terra do Incio pola AELG, ao lle conceder a súa letra E.

Toño Casais
CULTURA

Toño Casais, “O mundo do teatro está a esgotar os prazos e a paciencia”

Preside a Asociación de Actores e Actrices de Galiza e forma parte da compañía Talía que este sábado representaba O método Grönholm xusto antes de que no mesmo Salón Teatro case un cento de profesionais se pecharan para reclamar o fin da parálise da Consellaría de Cultura. Esixen que se active a Rede de Teatros e Auditorios e a AGADIC.

 
Sechu Sende
CULTURA

Catro días para presentar o novo libro de Sechu Sende en Compostela

En catro xornadas, e con catro obxectivos e en catro espazos distintos. Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, terá catro presentacións con distintas feituras en Compostela. Do 6 ao 9 de febreiro.
Nova directiva da Fundaçom Castelao
CULTURA

A Fundación Castelao elixe presidente a Carlos Mella

O economista e escritor estradense ocupa o cargo que quedara vacante co pasamento de Avelino Pousa Antelo
Merdeiro
CULTURA

O Vigo 'merdeiro' sae á rúa co Entroido

Após décadas desaparecido, o 'merdeiro', unha figura tradicional do entroido de Vigo, leva desde 2006 de volta nas rúas viguesas grazas ao traballo e implicación de diferentes colectivos de base. Esta fin de semana, volveu demostrar que na Galiza tamén hai tradición de entroido urbano
asemblea actores
CULTURA

Perto dun cento de profesionais da escena ocupan a sede do CDG

Uns setenta profesionais da escena ocuparon esta noite a sede do CDG trala representación dunha montaxe de Talía para visibilizar as dificultades do sector e protestar pola actitude da Consellería de Cultura e Educación que, aos seus ollos, está a afogar o sector. Celebraron unha xuntanza que durou case tres horas, chea de debate e propostas de acción