cultura

CULTURA

Euskal Herria homenaxea á nai de Manuel Murguía no 207 aniversario do seu nacemento

A Casa da Cultura da vila gipuzkoana de Oiartzun acollerá o 22 e 23 de febreiro unha homenaxe a Concha Murguía Egaña, nai de Manuel Murguía, organizado por este Concello e o Fato Galego Daniel Castelao, de Pasaia
Valentin García
LINGUA

O secretario xeral de Política Lingüística di que non é “complicado” chegar a acordos con Queremos Galego

Despois de que a Xunta se persoara no Supremo para presentar un recurso de casación por non topar “diálogo” arredor da lingua, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García ven de afirmar que “non é complicado” chegar a acordo cos colectivos normalizadores.
Libros
CULTURA

O maior Outlet de libros abre en Compostela

Serán 17 días e arredor de 20.000 libros. O Consorcio Editorial bota a andar en Compostela o maior oulet de libros galegos tanto en tempo como en número de exemplares.
Driss
CULTURA

El Fakhour: “Rosalía ten que ser recoñecida como un dos grandes nomes da literatura universal"

Descubriu a Rosalía de novo e agora está a rematar a tradución da súa obra en prosa ao árabe. Driss El Fakhour móstrase fascinado pola súa calidade literaria e forza reivindicativa.
Manuel Portas
CULTURA

Manuel Portas volve á narrativa con "Faneca brava"

Despois de darse a coñecer como narrador con Denso recendo a salgado no 2010 e publicar ao seguinte ano Un dedo manchado de tinta, Manuel Portas volve a narrativa co seu terceiro libro Faneca brava. É unha das novidades que vén de anunciar Xerais.
Asemblea na rúa da Plataforma das Artes Escénicas
CULTURA

Divorcio entre Xunta e Artes Escénicas

A Plataforma das Artes Escénicas mantivo unha asemblea ás portas do Salón Teatro de Compostela para protestar polo "abandono" do sector por parte do goberno galego. Vídeo no interior.
CULTURA

Luís Iglesia volve ás táboas con 'Gaivotas subterráneas'

Aproveitando o exitoso rebufo que deixou a serie Matalobos, o seu protagonista regresa aos cenarios após seis anos mergullado naquel proxecto televisivo. Partilla cartaz con Xabier Deive, coñecido por dar vida a Diego Dourado malia estar tamén curtido no teatro. Até 1.700 persoas asistiron na Coruña á estrea da obra
CULTURA

O barrio coruñés de Monte Alto érguese contra o peche da súa biblioteca

Unha asembleia veciñal xuntou máis de 250 persoas que trazaron a folla de ruta das actuacións a emprender contra o Concello (PP) perante a intención de dar por finiquitado o convenio que permitía manter este servizo en funcionamento
CULTURA

A libraría feminista Lila partillará local con Ciranda, a nova libraría da AGAL

Ambos proxectos ficarán ubicados no nº7 da rúa compostelá da Travesa. Así, para alén dos títulos habituais asinados por mulleres, estarán dispoñíbeis tamén as obras editadas por ATravés e Imperdível
Uxia
CULTURA

Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez, no Celtic Connections de Escocia

Tres nomes de referencia da música galega participarán a semana próxima no Celtic Connections de Glasgow. Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez asistirán ao que está considerado como o máis relevante festival de música celta europeo.

Cidade da Cultura. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

AGE pide a disolución da Fundación Cidade da Cultura e que se destinen os fondos ao tecido cultural galego

Alternativa Galega de Esquerdas lembra que nos orzamentos do 2013 dita Fundación léva máis de 9 millóns de euros, o 15% do orzamento dedicado a Cultura
Micaela Núñez Feijóo co seu irmán.
Galiza

Eulen, a empresa da irmá de Feijóo, consegue máis contratos en cultura

A Empresa Eulén, da que é apoderada a irmá de Feijóo, continúa gañando contratos de xestión cultural, nestes caso un da Deputación da Coruña por 48.400 euros para organizar un laboratorio teatral.

 

Galiza

Cultura négalle o uso da sede do CDG á Plataforma de Artes Escénicas

A Secretaria de Cultura da Xunta vén de rexeitar a petición da Plataforma das Artes Escénicas para do Salón Teatro en Compostela, sede do CDG, para organizar unha asamblea aberta o próximo día 28.
Manuscrito de Uxío Novoneyra
CULTURA

A letra da literatura

Lémoslle os libros, mais descoñeciamos a súa letra. O crítico Ramón Nicolás ofrece no seu blogue “Cadernos da crítica” a posibilidade de coñecer a letra de quen escribe a nosa literatura. Son os “Manuscritos”.
David Pintor
CULTURA

A 50 edición da Feira de Boloña selecciona ao ilustrador David Pintor

O ilustrador David Pintor exporá a súa obra na 50 Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Mostrará as súas ilustracións canda 87 artistas de todo o mundo.
Rosalía de Castro
CULTURA

Poemas e flores para Rosalía

Cun acto nacional no Panteón de Galegos Ilustres no día 24 de febreiro, data do seu nacemento, rematará un fin de semana que a Asociación de Escritores e Escritoras (AELG) dedicará a Rosalía de Castro. Convidan a agasallar un libro e unha flor no seu aniversario.
Espazo Lectura
CULTURA

A asociación que promove “a rebelión lectora”

Desde clubs de lecturas a conta-contos, desde sentadas lectoras a cumprelibros, desde noites na bibliotecas a magostos literarios. Espazo Lectura fai esta semana cinco anos desde que se constituíu coa única idea de animar a ler.

Fina Casalderrey
CULTURA

A literatura infantil e xuvenil entra na Academia con Fina Casalderrey

A escritora Fina Casalderrey é a nova numeraria da Real Academia Galega e con ela entra a literatura infantil e xuvenil na institución que ten como obxectivo a promoción da lingua. Casalderrey será unha das cinco mulleres dun plenario composto por trinta persoas.
cantigas
CULTURA

O Galo busca a Compostela das Cantigas

Coñecer Compostela a través da lírica medieval galego-portuguesa. Eis o convite da Asociación Cultural o Galo para participar no roteiro que o sábado 19 de xaneiro guiarán Isabel Morán e José António Souto.

 

Manuel Bragado
CULTURA

Manuel Bragado estima que a edición galega caeu un 50% en dous anos

480 títulos menos publicados no ano 2012. As cifras de rexistros do ISBN confirman unha forte diminución na produción das editoriais privadas galegas. O presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado estima que nos dous últimos anos caeu á metade.