Estará aberto do 1 ao 17 de febreiro nas instalacións do centro comercial Área Central en Compostela. Durante todas esas xornadas poñeranse á venda arredor de 20.000 exemplares do fondo da distribuidora, en especial, das edicións da desaparecida A Nosa Terra aínda que tamén das outras editoriais que integran o Consorcio.
A venda realizarase por lotes de maneira que se venderán dous libros a cinco euros e cinco a dez, á marxe de que algúns títulos de edicións especiais teñan un prezo por solto, moi por baixo do que foron vendidos en librarías.
A idea do Consorcio é liquidar definitivamente os fondos que quedaban no armacén das distintas coleccións de A Nosa Terra.