O barrio coruñés de Monte Alto érguese contra o peche da súa biblioteca

Unha asembleia veciñal xuntou máis de 250 persoas que trazaron a folla de ruta das actuacións a emprender contra o Concello (PP) perante a intención de dar por finiquitado o convenio que permitía manter este servizo en funcionamento
photo_camera Momento da asemblea [D.P.]


Presidida por unha faixa cun claro e rotundo Monte Alto non se pecha, sorteando a friaxe e a humidade con olor á salitre propia deste barrio, dábanse cita no pavillón do Colexio Público Curros Enríquez máis de 250 persoas en Asemblea para decidiren qué actuacións levar a cabo ante a intención municipal de dar por finiquitado o convenio en virtude do cal a A VV de Monte Alto contaba cun servizo de Biblioteca aberto á veciñanza.

Unha asamblea presidida pola indignación, mais tamén polo optimismo, pola gañas de defender algo que é xusto e que resultou moi rica e participativa en intervencións e ideas.

Alí puidose escoitar xente de todas as idades, desde mozas e mozos ata xubiladas e xubilados, desde antigos presidentes da asociación vecinal que explicaron a orixe da Biblioteca ata o emotivo caso dunha rapaza que era veciña do barrio desde había poucos días e que alí non só amosou a súa soilidariedade senón que anunciou a súa intención da facerse socia da entidade vecinal.

Foi, quizais, un dos momentos máis emotivos, e tamén o que deixou un dos titulares da asamblea, ao dicir que con todos os casos de corrupción e de sobres de diñeiro que se coñeceron estes días, en clara referencia ao caso Bárcenas, poderíanse manter catrocentas bibliotecas como estas.

Amplo apoio do tecido asociativo

O caso da Biblioteca de Monte Alto espertou unha vaga de solidariedade por toda a cidade inédita ata agora, pois alí puidose ver unha nutrida representación de movementos sociais da cidade, de entidades veciñais como a das Roseiras e a da A Vv de Oza-Os Castros-A Gaiteira, ou do Colectivo Palavea Bravú, coincidentes todos eles, ao tomar a palabra, en que este ataque á Biblioteca é un ataque a todo o tecido asociativo. Non estaba, iso sí, a recentemente creada AA VV de Comerciantes de Monte Alto, que, segundo se denuncio una propia asemblea, leva recibido desde a súa creación, apenas hai un ano, case 8.000 euros de axudas municipais.

Reunión co Concello no horizonte

Desde a Xunta Directiva da Asociación deuse conta da xuntanza á que foron chamados polo Concello, fixada para o día 30 de xaneiro, e na que se desvelará o futuro inmediato da Biblioteca. Non obstante, o calendario de mobilizacións segue en marcha, estando fuxada unha concentración ante a mesma Biblioteca para o martes 29 ás 19:30 horas.

Máis en CULTURA
Comentarios