Catro días para presentar o novo libro de Sechu Sende en Compostela

En catro xornadas, e con catro obxectivos e en catro espazos distintos. Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, terá catro presentacións con distintas feituras en Compostela. Do 6 ao 9 de febreiro.
Sechu Sende
photo_camera Sechu Sende

Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas é o título do novo libro do escritor Sechu Sende, un relato persoal con palabras e debuxos no que, á maneira dun caderno de viaxes, conta s súa viaxe para presentar Made in Galiza na súa tradución ao curdo. Autobiográfico, autoeditado e autodistribuido, o escritor estase a implicar persoalmente na difusión do libro nunha campaña que é, ao tempo, de visualización da loita do pobo curdo.

En Compostela serán catro as xornadas distintas nas que o autor se achegará ao público lector en diferentes espazos e con distintas fasquías. O mércores día 6 será a libraría Ciranda-Lila de Lilith a que acollerá o primeiro acto no que estará presente Miguel Penas, presidente da AGAL, Vítor Freixanes, director de Galaxia e o propio autor. A autoedición será un dos temas deste primeiro encontro.

O día seguinte, xoves día 7, no local “As Dúas”, “Mulleres no Curdistán” será o título da charla na que participarán Rocío Cardales, Pepa Vaamonde mais Sechu Sende. O venres Olga Patiño mais o autor terán a palabra para, na Libraría Pedreira, abordar un tema que o libro recolle de maneira especial, o conflicto lingüístico que irmana o pobo galego e curdo.

Para rematar, o sábado na Praza de Cervantes, diante da Libraría Couceiro, terá lugar ás 13 horas unha singular presentación, cun carácter máis lúdico e coas crianzas como destinatarias."Curdistám para crianças" é o título deste cuarto encontro co autor en Compostela. 

(Entrevista con Sechu Sende arredor do seu novo libro no número 33 de Sermos Galiza, xa nos quiosques)

Comentarios