desemprego

ECONOMÍA

Galiza é o segundo territorio onde máis medrou o paro rexistrado en novembro

Dous de cada dez novos desempregados no total do estado nese mes son galegos, 4.614 de 24.841.

ECONOMÍA

Servizos e industria nutren o aumento do paro rexistrado en Galiza no mes de setembro

O número de persoas anotadas nas oficinas de desemprego aumentou en 1.291 en setembro. A afiliación á Seguridade Social caeu en 6.218.

Mocidade
ECONOMÍA

O paro de longa duración asáñase na mocidade

Uns 34.500 mozos galegos levan máis de doce meses inscritos como buscadores de emprego. Son máis que todos os habitantes do décimo concello galego máis poboado, Oleiros. Sete de cada dez deses mozos non teñen ningún tipo de cobertura por desemprego.

Oficina de emprego
ECONOMÍA

Un de cada tres parados de longa duración en Galiza ten menos de 35 anos

Máis de 118.200 persoas levan máis dun ano á procura de traballo, o 53% das persoas no desemprego. Case o triplo que no comezo da crise.

TRABALLO

O verán impulsa unha baixa do paro rexistrado a base de temporalidade

Redúcese o desemprego en 11.863 persoas en xullo. O 94% dos contratos laborais asinados ese mes son temporais.

paro desemprego traballo
ECONOMÍA

A taxa de cobertura por desemprego en Galiza cae a mínimos históricos

É do 50,2% mentres que no Estado español, do 53%. A prestación media bruta en Galiza é 280 euros anuais máis baixa que no Estado español.

TRABALLO

O paro rexistrado en abril baixa en Galiza a un ritmo menor que no Estado

En abril o número de persoas rexistradas nas oficinas de emprego descendeu en 3.644, o 1,57%, porcentaxe inferior ao descenso medio estatal, que foi do 2,04%. O 52,4% das persoas no paro en Galiza non perceben prestación.

paro desemprego traballo
ENQUISA POBOACIóN ACTIVA

EPA: Galiza lidera aumento do paro e destrución de emprego no Estado no primeiro trimestre

O número de persoas no paro aumentou entre xaneiro e marzo en 5.200 no noso país; no Estado en 11.900. En Galiza destruíronse, neses tres meses, 11.400 empregos.

paro desemprego traballo
ECONOMÍA

As persoas no paro e sen cobertura xa son a terceira cidade de Galiza

En marzo 118.097 persoas que estaban rexistradas no desemprego non cobraban. Máis que todos os habitantes da cidade de Ourense, ou de Lugo, ou de Compostela.

ECONOMÍA

O desemprego xuvenil en Galiza duplica a media europea

O noso país está entre os 40 territorios – dos máis de 400 da UE- con maior taxa de paro entre a mocidade. 

TRABALLO

Medra o desemprego na Galiza mentres cae no Estado español

Segundo as cifras do Ministerio de Traballo o noso país sitúase como o territorio no que máis aumenta o paro rexistrado en decembro.

TRABALLO

O emprego estacional fai caer o paro rexistrado

O número de persoas paradas na Galiza situouse en xullo de 2015 en 216.371, o 5,54% menos que no mes anterior.

George Mavrikos e Arménio Carlos
TRABALLO

FSM chama á unidade do sindicalismo de clase para combater o desemprego con traballo digno

A Federación Sindical Mundial realizou unha Conferencia Sindical Internacional na vila de Palmela, coa participación de decenas de organizacións sindicais, entre elas a CIG como convidada.

TRABALLO

O desemprego aumenta após o verán

En Galiza rexistráronse 1.264 nov@s demandantes de emprego no mes de setembro. O paro sitúase no noso país en 238.203 persoas. No conxunto do estado o desemprego aumenta en 19.720 persoas.

TRABALLO

O desemprego descende en Galiza, no mes de agosto, polos contratos temporais

Os dados do paro rexistrado reflicten un descenso de 3.340 persoas no mes de agosto. A maior parte das contratacións foron de carácter temporal. No conxunto do Estado español o número de persoas sen emprego aumentou en 8.070.

TRABALLO

O espellismo estival do descenso do paro

Desde 2007 os meses de xullo sempre rexistraron menos desemprego que xuño. O 70% dos novos empregos creáronse no sector servizos. O 93% dos contratos asinados o mes pasado foron temporais.

TRABALLO

O PP utiliza o paro rexistrado para restar importancia ao récord negativo da EPA

O número de persoas desempregadas no mes de abril sitúase en 270.144 en Galiza. As vacacións de Pascua elevan as altas á Seguridade Social e fai reducir o paro rexistrado.

Reducirase o desemprego como afirman Rajoy e Feijóo?

O Partido Popular, ademais de nos esmagar coas súas políticas centralistas, negadoras dos dereitos reprodutivos da muller, e regresivas no aspecto fiscal, laboral e das prestacións sociais, seica está a punto de realizar nestes próximos dous anos unha milagre no relativo ao desemprego.

ECONOMÍA

O desemprego aumenta na Galiza perto dun 5% a respeito de 2012

O número de desempregad@s segundo a EPA sitúase en 277.100 persoas no segundo sementre de 2013 --5,9 millóns no Estado. A súa redución a respeito do trimestre anterior débese ao incremento dos contratos temporais mais supón unha suba do 4,95% en relación co mesmo período en 2012.

Rosell, presidente CEOE
ECONOMÍA

O presidente da patronal española pide limitar as prestacións por desemprego "á supervivencia"

Joan Rosell insta nunha entrevista concedida a Onda Cero a restar "privilexios" aos contratos indefinidos, camiñar cara un mercado laboral "onde non haxa diferenzas entre indefinidos e temporais" e suprimir os distintos modelos de contrato