Día das Letras Galegas

Rei foi o primeiro en musicar poemas de Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Miguel Grandío)
star
Entrevistas

Anxo Rei: o primeiro divulgador dos poemas de Florencio Delgado

Hai vinte anos, cando o nome de Florencio Delgado Gurriarán soaba aínda pouco, o cantautor Anxo Rei dedicou un disco aos seus poemas, Fronteira de cegoñas, co que percorreu o país. Mais xa antes, entre finais dos 70 e primeiros dos 80, comezara a cantar Galicia Infinda e Pintura de Feira. Rei é un home discreto ao que non lle gusta presumir, pero pódese considerar o primeiro divulgador do homenaxeado este ano polo Día das Letras. Falamos con el. 
Ricardo Gurriarán (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ricardo Gurriarán: a memoria recuperada de Florencio

A Ricardo Gurriarán, parente e o principal biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, debémoslle a recuperación da memoria de autor. Grazas aos seus estudos, descubrimos o poeta, o tradutor, o incansábel activista cultural e político que non flaqueou no seu compromiso con Galiza nin nos peores momentos. Falamos con el para coñecer a súa impresión do que significa este Día das Letras para o recoñecemento da súa figura.
Alumnado do colexio Divina Pastora do Barco nun roteiro por Córgomo co gallo do Día das Letras. (Foto: As Letras de Florencio)
star
Reportaxes

Pólvora da boa para as Letras

Cristina de la Torre, xornalista e unha das persoas que pertencen á asociación Valdeorras Infinda, escribe neste artigo sobre a importancia do Día das Letras para unha cultura de base que contribúa a crear comunidade, identidade e autoestima. Sobre como un Día das Letras Galegas pode ser o detonante para que unha comarca se atope consigo mesma e erga un facho orgulloso que a reconcilie consigo mesma. 
Mural dedicado ás Letras Galegas en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, obra de Anxo Baranga.
star
Reportaxes

Cos ollos de Florencio

Débora Álvarez Moldes é directora do proxecto As Letras de Florencio, unha iniciativa que dende 2016 mobilizou a sociedade valdeorresa para acadar un Día das Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán. Neste artigo séguelle a pista ás pegadas que deixou na poesía do autor a paisaxe da súa Valdeorras natal.
Florencio Delgado Gurriarán a bordo do Ipanema con Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá e Elixio Rodríguez entre outros.
star
Reportaxes

A fonda pegada de Florencio Delgado Gurriarán nas revistas 'Saudade' e 'Vieiros'

O escritor e investigador Miro Villar debulla neste artigo as achegas de Florencio Delgado Gurriarán ao asociacionismo galego en México, nomeadamente a través do seu labor nas revistas Saudade e Vieiros, como unha forma de manter a continuidade ideolóxica do Partido Galeguista no exterior e de manter aceso o facho antifranquista entre os exiliados en contraste coa pasividade da comunidade internacional da altura.
Delgado Gurriarán (á esquerda) seu irmán Edmundo.
star
Reportaxes

Arredor dos "Poemas mexicanos" (e de "Rumba") de F. Delgado Gurriarán

O crítico e historiador da literatura galega Xosé Ramón Pena matiza neste artigo -á luz doutras investigacións- as afirmacións de Carvalho Calero sobre a suposta vontade de Delgado Gurriarán de crear un "crioulo galego mexicano", enmarca a atención á paisaxe americana no contraste que crea coa da Galiza natal e dá noticia do itinerario do célebre poema "Rumba". 
Detalles da capa do 'Sermos Galiza' deste sábado sobre Delgado Gurriarán.
CULTURA

'Sermos Galiza', á venda este sábado cun especial sobre Florencio Delgado Gurriarán

Con motivo do Día das Letras Galegas, 'Sermos Galiza' edita un número especial sobre Florencio Delgado Gurriarán, o poeta e activista homenaxeado este ano. O monográfico 'O poeta da resistencia no exilio', de 40 páxinas, nunha coidada edición, publícase este sábado día 14, canda o Nós Diario por só tres euros.

O debuxante e ilustrador Kiko da Silva no seu estudo. (Foto: Ana Isabel Rey Lamas).
CULTURA

Kiko da Silva: "Gurriarán, ademais de moi bo poeta, era unha persoa totalmente comprometida co país"

O ilustrador Kiko da Silva é o coordinador de 'Florencio', banda deseñada guionizada por Fernando Llor e con ilustracións do alumnado do seu obradoiro 'O Garaxe Hermético', que pretende que a mocidade "descubra e se apaixone" coa biografía de Florencio Delgado Gurriarán. A obra, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, foi presentada onte no pazo provincial, baixo a organización da área de Lingua e Memoria Histórica. Aproveitando o acto, conversamos con Kiko da Silva acerca desta nova obra.
 
Detalles da capa do 'Sermos Galiza' deste sábado sobre Delgado Gurriarán.
'Sermos Galiza'

O poeta da resistencia no exilio

Con motivo do Día das Letras Galegas, Sermos Galiza edita un número especial sobre Florencio Delgado Gurriarán, o poeta e activista homenaxeado este ano. O monográfico 'O poeta da resistencia no exilio', de 40 páxinas, nunha coidada edición, publícase este sábado, día 14 de maio, canda Nós Diario
Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Xa dispoñíbel o novo episodio da serie documental da Academia sobre Delgado Gurriarán

Esta entrega de 'O soño da Galiza infinda', "descobre unha traxectoria poliédrica", que abarca desde "unha sensualidade unida á paisaxe do viño da súa terra, Valdeorras, até a poesía satírica antifranquista e, xa desde o exilio, un feixe de poemas singulares".
Presentación da convocatoria que Queremos Galego fai de cara ao 17 de maio. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Queremos Galego insta a mobilizarse o Día das Letras en Compostela "polo futuro da lingua"

Desde a plataforma, que esta quinta feira presentou o acto, salientan que a situación do idioma aínda é "reversíbel", se ben "preocupan" datos actuais como que 24% da rapazada menor de 15 anos afirma non ser capaz de falar galego.
Fotograma do segundo episodio da serie web sobre Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: RAG)
LINGUA

A Academia estrea novo capítulo da serie web sobre Florencio Delgado Gurriarán

A RAG estreará cada quinta feira, até a semana previa ao Día das Letras Galegas, un novo capítulo.
Miro Villar.
star
Libros: 'Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano', de Miro Villar

Básicos para maio

Un libro que non se detén no balance biográfico do autor valdeorrés, senón que incide, xa dende o título, na súa característica de exiliado e como esa vivencia inflúe na súa obr
Imaxe da serie web documental (Foto: RAG).
CULTURA

A Academia estrea unha serie sobre Gurriarán

A Real Academia Galega (RAG) presentou unha serie web de cinco capítulos sobre a vida e a obra do poeta valdeorrés.
O equipo de rodaxe do filme sobre Xela Arias. (Foto: Os espazos en branco)
CULTURA

'Os espazos en branco', un filme que se achega a Xela Arias cunha perspectiva "íntima e familiar"

É a ópera prima de Bruno Arias, o seu sobriño, que recoñece a grande "influencia" de Xela na súa vida, e unha herdanza, o "impulso creativo".
Presentación do programa das Letras Galegas 2022. (Foto: RAG)
LINGUA

A RAG presenta a programación das Letras Galegas de Florencio Delgado Gurriarán

Nun acto que tivo lugar na sede da Real Academia Galega presentáronse o conxunto de actividades que terán lugar ao longo do ano para honrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle dedican as Letras Galegas de 2022.
Detalle da mostra sobre o editor nacionalista Ánxel Casal (Nós Diario).
CULTURA

A mostra sobre Ánxel Casal chega a Compostela

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acollerá a exposición 'Ánxel Casal, 125 con Nós' desde o próximo día 12 de xaneiro e até o 11 de febreiro,

Das letras galegas?

Representantes da RAG coas delegacións dos colexios premiados. (Foto: RAG)
CULTURA

O audiovisual imponse como garante da "primavera das letras" de Xela Arias

A Real Academia Galega premia tres colexios (CEIP Carballal, CEIP Manuel Mallo Mallo e CEIP Souto-Donas) polas súas propostas sobre a poeta.
Darío Xohán Cabana no verán de 2019. (Foto: Jose Aragunde / FTT)
CULTURA

Piden á RAG un Día das Letras a Darío Xohán Cabana antes dos dez anos do seu falecemento

‘Lugo Sempre’ formalizará en breve a petición e que se faga unha “excepción” ao tempo que ten que pasar, 10 anos, para homenaxear un autor o 17-M.