discapacidade

Gallardón
SOCIAL

A reforma da lei do aborto exixirá ás mulleres "acreditar" prexuízos físicos ou psicolóxicos

O ministro de Xutiza español avanzou parte do contido da norma que repenalizará o aborto nun foro organizado polo xornal ultracatólico ABC. Será suprimido o suposto por discapacidade ou malformación. 

Fademga
SOCIAL

Mobilización contra uns recortes que condenan “á exclusión ás persoas con discapacidade intelectual"

Centos de persoas secundaron a concentración convocada na Coruña pola Federación de Asociacións en Favor das persoas con Discapacidade Intelectual de Galiza. Unha mobilización para protestar contra os recortes nas políticas sociais e os servizos públicos aplicados polo PP, que levan á “desaparición das persoas con discapacidade intelectual da sociedade, condenándoas á exclusión e acabando con gran parte dos dereitos acadados nos últimos anos”.
Mobilización centros discapacidade
SOCIAL

A Xunta recorta en centros de atención á discapacidade, xa en mans privadas

Delegad@s da CIG concéntranse diante da consellaría de Benestar e exixen entrevistarse con Beatriz Mato e urxir unha xuntanza entre patronal e sindicatos en que se negocie un convenio galego que regule as condicións de traballo dun cadro de persoal que nalgúns casos se viu abocado a aceptar baixadas do 60% nos seus salarios para manter o centro aberto