ensino

vedra ensino
Advírteo CIG-Ensino

O profesorado incrementa a súa oposición ao protocolo da Xunta

A dous días de que dea comezo o curso lectivo, o persoal de centros educativos de infantil e primaria reclama máis contratacións e menos alumnado por clase para poder cumprir os protocolos de separación.

Dalsy e... a xogar

O alumnado de Infantil e Primaria regresan ás aulas entre a quinta e a sexta feira (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Dúbidas e mobilizacións no inicio de curso

As familias urxen información na volta ás aulas. 
Colexio da Barouta, en Ames.
SOCIAL

Un falso positivo nun colexio de Ames pon en corentena durante 24 horas un grupo de docentes

O falso positivo en Covid-19 dun profesor do colexio de Barouta, en Ames, puxo en corentena a el e a un grupo de compañeiros do centro durante case 24 horas, segundo confirma o director do centro, Alonso Caxade.

Suso Bermello, secretario nacional de CIF.Ensino (Foto: Arxina)
SOCIAL

Suso Bermello: "As mobilizacións procuran a máxima seguridade na defensa da educación presencial"

As condicións en que se producirá, nunha semana, o inicio do curso mobilizou a comunidade escolar contra a planificación da Consellaría de Educación para adaptar os centros á actual situación sanitaria. Falamos co secretario nacional de CIG-Ensino dos últimos cambios introducidos pola Xunta e das súas consecuencias. 
Un comedor escolar nunha imaxe de arquivo (Europa Press).
Denuncian o "abandono" da Xunta ás familias

As ANPA de Vigo manteñen o fechamento dos comedores

A Federación Olívica de Anpas denunciou esta cuarta feira o “abandono” da Xunta da Galiza ás familias e ratificouse en manter o pechamento da xestión dos servizos complementarios, como os comedores escolares, a aula de madrugadores e as actividades extraescolares que viña realizando nos últimos cursos.

Alberto Núñez Feixoo e Pedro Sánchez, nunha xuntanza decorrida en 2020 (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Galiza recibirá o 4,6% dos 2.000 millóns que reparte o Estado para ensino

Galiza recibirá un total de 92,9 millóns de euros dos 2.000 millóns aprobados polo Goberno estatal para repartir entre o ensino público dos diferentes territorios. Representa o 4,6% do total da axuda.
Facultade de Matemáticas da USC. (Foto: Nós Diario)
Convivirán a docencia presencial e a semipresencial

A USC decreta unha "presencialidade segura" nas aulas a partir do día 21

O curso académico 2020/2021 comezará o próximo día 21 de setembro na Universidade de Santiago de Compostela (USC) nun réxime de “presencialidade segura” coas “máximas garantías sanitarias”, recolle a resolución reitoral asinada hoxe
Estudantes nunha aula da Mariña (Foto: EP).
SOCIAL

O distanciamento na aula dependerá da etapa educativa

Con dúas convocatorias de folga do profesorado enriba e as emendas que supuxo o acordo interterritorial no que se fixaron, hai case unha semana, as actuacións sanitarias de mínimos a aplicar nos centros de ensino a nivel estatal na volta ás aulas, a Xunta volve mudar o seu protocolo de inicio do curso sen escoitar antes a comunidade escolar galega.

Accións e responsabilidades

2020083120314486490
SOCIAL

Os sindicatos levarán as protestas contra o plan de inicio do curso á investidura de Feixoo

As mobilizacións do profesorado contra a planificación do Goberno galego para o inicio do curso chegarán esta semana ás portas do Parlamento, coincidindo co segunda xornada da sesión de investidura de Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta, segundo avanzaron esta segunda feira CIG, CCOO, STEG e CSIF
STEG, CIG, CCOO e CSIF chaman o persoal educativo a "asumir o protagonismo" contra o protocolo da Xunta de volta ás aulas (Imaxe: Arxina)
SOCIAL

Chaman o profesorado a realizar concentracións diarias nos centros

Chaman o profesorado a realizar concentracións diarias nos centros 
Estudiantes de Bacharelato durante os exames de selectividade no IES Vilar Ponte de Viveiro (Imaxe: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Así son as novas medidas da Xunta para o inicio do curso: volta gradual e dúas máscaras

A Xunta anuncia unha volta progresiva ás aulas por niveis educativos, horas despois de que os sindicatos convocasen mobilizacións e folga no ensino para o 10 e 16 de setembro reivindicando un regreso seguro aos centros. 

24 August 2020, Mexico, Mexico City: School student Ana studys in front of the TV in the living room as Mexican schoolchildren began a new academic year over radio and television, amid the coronavirus pandemic which prevented them from returning to classrooms. Photo: Jacky Muniello/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

24 August 2020, Mexico, Mexico City: School student Ana studys in front of the TV in the living room as Mexican schoolchildren began a new academic year over radio and television, amid the coronavirus pandemic which prevented them from returning to classrooms. Photo: Jacky Muniello/dpa

24/8/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
INTERNACIONAL

O saber viaxa polas ondas hertzianas

México, un dos países con maior número de contaxios do mundo, iniciou un curso escolar fondamente condicionado pola pandemia. A situación levou as autoridades a adiar a volta aos centros e, dado que internet está lonxe de chegar a todas as casas, as aulas serán emitidas por televisión. Non é o único exemplo.
Os representantes de STEG, CIG, CCOO e CSIF, na mañá da segunda feira, en rolda de prensa. (Imaxe: Arxina)
SOCIAL

As folgas do 10 e do 16 de setembro irán acompañadas de concentracións baixo o lema 'escolacontracovid'

As xornadas de arranque da actividade lectiva nos centros galegos estarán marcadas por unha folga de profesorado nos niveis que progresivamente iniciarán o curso. O 10 de setembro están convocados os docentes de infantil e primaria, mentres que o 16 estarao o resto de etapas educativas coincidindo co primeiro día de clase en secundaria, bacharelato e formación profesional.

diversidade educativa
SOCIAL

A atención á diversidade, á espera de recursos suficientes e estruturais

Á preocupación polas condicións en que se desenvolverá o curso por mor da Covid-19, moitas familias suman un desacougo extra derivado da falta de profesionais suficientes que atendan as necesidades específicas de apoio educativo do alumnado. A partir do 10 de setembro contan volver ás aulas e aspiran a facelo en condicións de igualdade.

Escolas: palabras e feitos

2020082820061312336
SOCIAL

O profesorado anuncia folga o 10 e 16 de setembro contra o plan de inicio de curso

O calendario escolar galego comezará con dúas xornadas de folga do profesorado, coincidindo coa reincorporación ás aulas do alumnado de Infantil e Primaria, o 10 de setembro, e de ESO, Bacharalato e FP, o 16.

Agosto (4)

A CIG advirte de que a Xunta quererá incumprir a distancia recomendada entre estudantes.
SOCIAL

O acordo do Ministerio para o inicio do curso non convence o profesorado

Con escepticismo recibiron os sindicatos o acordo do Ministerio de Educación coas comunidades autónomas para a adaptación do inicio do curso á situación sanitaria. As centrais exixen a contratación de máis profesorado así como reducir a ratio de alumnado por aula, entre outras medidas.