escola

material escolar
POLÍTICA

O BNG pide a Goberno español que rebaixe o IVE cultural e para material escolar

A deputada Rosana Pérez considera que a suba do imposto non atinxiu o obxectivo de aumentar a recadación e, por contra, “encareceu de xeito desmesurado os prezos e está a destruir empresas e postos de traballo”

Bretón
INTERNACIONAL

Francia recoñece o ensino bilingüe nas linguas 'rexionais' na escola

A Asemblea nacional francesa aproba por vez primeira unha lei que fala específica de ensino bilingüe. No estado galo, malén do francés, hai idiomas como o alsaciano, o bretón, o corso, o occitano, o euskera e o catalá

CULTURA

A Xunta négase a conmemorar o Día de Rosalía no calendario escolar

A CIG-Ensino acusa de “galegofobia” e “autoodio” a este departamento da Xunta  

Galiza

O TSXG anula a exclusión da CIG dos Consellos escolares dos CIFP

O tribunal falla en favor da central sindical nacionalista que fora excluída destes órganos colexiados pola Xunta, CCOO e UGT

Correlingua
LINGUA

Milleiros de escolares percorren A Coruña no Correlingua defendendo o galego como chave para estar no mundo

O adestrador deportivista Fernando Vázquez leu o manifesto a prol do idioma. A Autoridade Portuaria argumentou “razóns de seguridade” para non deixar que @s escolares entrasen na súa demarcación

Henrique Monteagudo
CULTURA

Henrique Monteagudo, “O Cancioneiro de Afonso Paez testemuña que o cultivo poético do galego permaneceu despois da escola lírica galego-portuguesa”

Poesía galega postrobadoresca, datada entre 1380 e 1430, asignada a Afonso Paez. “En cadea sen prijon” é o título do volume editado polo profesor Henrique Monteagudo despois da singular aparición dun novo cancioneiro para a lírica galega. O achádego, ao seu ver, é histórico en tanto que descobre que a poesía galega continuou mesmo “despois do apagamento da escola lírica galego-portuguesa”. Ao seu ver, algunha das súas composicións merecen tomar parte nas antoloxías da nosa poesía. 

Cartaz Color Sonoro
CULTURA

O Conservatorio Superior e a Escola de Imaxe e Son da Coruña conflúen para narrar tres historias de 'loucura e morte'

COLORSONORO é unha iniciativa interdisciplinar, con base na electrónica, que integrará música ao vivo, videoarte e performance

Educación
Galiza

Concentración perante o Consello Escolar

SOCIAL

O Consello Escolar de Galiza dálle as costas ao decreto do PP de comedores escolares

Namentres o plenario rexeitaba a proposta da Consellería de Educación, desenvolvíase unha concentración ás portas do Consello convocad@s pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

SOCIAL

Exixen que as escolas do rural se abran ao mundo labrego e rachen coa "mentalidade urbanita" dos currículos oficiais

A Mesa galega de ensino no rural vaticinou en 2010 a desaparición dos comedores escolares "por levar a extremos as medidas economizadoras". Agora exixen á Xunta un plan global que free a perda de poboación nestas zonas do País apostando polo ensino público 

POLÍTICA

O PSdeG advirte que recorrerá "no Tribunal Constitucional" o repagamento nos comedores escolares

POLÍTICA

A Deputación de Lugo pronúnciase contra o repagamento dos comedores escolares

Aproba cos votos de BNG e PSOE unha moción que censura o decreto da Xunta e coloca riba da mesa a privatización do servizo e o futuro repagamento do transporte escolar

Caneiro
Galiza

Caneiro chama "dilixente e laborioso" ao conselleiro do decreto antigalego e os recortes nos comedores

"Gobernante dilixente e laborioso", "reequilibra o copagamento (nos comedores escolares) para protexer os desfavorecidos", "bon conselleiro por xestión e por talante". Estas son algunas das frases que o escritor Xosé Carlos Caneiro deita nunha opinión centrada en gabar a Xesús Vázquez
Pescanova
ECONOMÍA

A Xunta promete a Pescanova o apoio económico que nega aos comedores escolares

A Xunta vén de reiterar que se Pescanova llo pide, "terá todo tipo de axuda" tanto "económica como institucional". Compromiso expresado unhas horas após que o propio Feijóo xustificase o copagamento en comedores escolares porque "os parados non teñen por qué financiar o menú dos fillos dos que traballan". Mais semella que si que poden financiar o rescate de multinacionais
Pescanova
ECONOMÍA

A Xunta promete a Pescanova o apoio económico que nega aos comedores escolares

A Xunta vén de reiterar que se Pescanova llo pide, "terá todo tipo de axuda" tanto "económica como institucional". Compromiso expresado unhas horas após que o propio Feijóo xustificase o copagamento en comedores escolares porque "os parados non teñen por qué financiar o menú dos fillos dos que traballan". Mais semella que si que poden financiar o rescate de multinacionais
Comedor escolar
POLÍTICA

Feijóo finxe ignorar que os comedores escolares se poden financiar gravando máis as rendas altas

O presidente da Xunta defende a ampliación do copagamento nos comedores escolares a 20.000 escolares máis o vindeiro curso e e defende que con esa medida evitarase que os parados financien a comida de nenos cuxos pais traballan. Finxe ignorar que o lóxico é que os servizos públicos sexan universais e se financien vías impostos, gravando máis a aqueles que máis teñen.
SOCIAL

O repagamento nos comedores escolares, "máis un ataque ao dereito á educación"

Educación enmascara como "redistributiva" e "progresiva" a decisión de ampliar o repagamento nos comedores escolares a milleiros de familias. Desde CIG lémbrase que o alumnado que ten dereito a comedor gratuíto é o que utiliza o transporte público e vive lonxe do centro escolar, "un xeito de garantir o seu dereito á educación"

Rosalía, trending topic

Hai uns días un xornalista preguntábame, na miña condición de docente, se a obra de Rosalía de Castro era comprendida pola mocidade de hoxe.A miña resposta foi unha afirmación rotunda e convencida, claro que, insisto máis unha vez aquí e agora, sempre desde a miña persoal experiencia como docente.
Presentación Revista Galega de Educación
Galiza

A Revista Galega de Educación aposta por construir afectos desde a escola

Revisar estereotipos de xénero, analizar a trasmisión de afectos a través do cine, das cancións de amor, a literatura infantil ou a publicidade ou ofrecer novas experiencias son algúns dos contidos do número 54 da Revista Galega de Ensino que publica Nova Escola Galega e se ven de presentar en Vigo
galego
LINGUA

O manifesto pola derrogación do 'decretazo' contra o galego supera xa as 4.500 adhesións

A plataforma Queremos Galego valora a manifestación do pasado domingo como un éxito contundente" e lamenta o recurso da Xunta ante o Supremo en defensa do 'decretazo': "É a primeira vez na democracia que un goberno recorre contra a súa propia lingua"