España

Audiencia Nacional
SOCIAL

A Audiencia Nacional considera probada a existencia de Resistencia Galega

A sala 3 da Audiencia Nacional española condena a penas de entre 10 e 18 anos de cadea @s catro independentistas xulgad@s o pasado mes de xuño. O tribunal considera probada a existencia dunha organización terrorista na Galiza. Os avogados coñeceron a sentenza polos medios de comunicación.

Països Catalans

A Vía Catalá reafirma o seu adeus a España

A primeira Festa Nacional de Catalunya que descentraliza os actos por todo o seu territorio presentou unha modélica organización e unha extraordinaria participación cidadá.

ECONOMÍA

Para a CIG, as novas decisións do Goberno español sobre o naval só fan dificultar a recuperación

A central nacionalista rexeita os créditos brandos á exportación a través do ICO e reitera a necesidade de contar co fondo patrimonial de Pymar

Vía Catalá
Països Catalans

A Vía Catalá, unha cadea humana na procura do “divorcio civilizado con España"

Horas antes da celebración do 11 de setembro en Catalunya, a súa “festa nacional”, as poboacións polas que pasará a Vía Catalá teñen todo preparado para que a reivindicación sexa un éxito. Vilafranca del Penedès é unha delas.

Exército nos montes galegos
LINGUA

O exército español prohibe o uso do galego na súa actuación nos lumes

Segundo o convenio que asinou coa Xunta de Galiza pola súa presenza nos montes, polo que cobra máis dun millón de euros, coa Forzas Armadas “utilizarase sempre o castelán en todas as comunicacións verbais ou escritas”.

POLÍTICA

Gómez Besteiro: "España ten un piar básico na descentralización"

Putin Obama
INTERNACIONAL

O Estado español compromete o seu apoio ao ataque imperialista dos EUA a Siria

Obama conseguiu ao termo da cimeira do G20 o apoio de 10 Estados á súa causa bélica contra Siria. Entre eles, o Estado español. Alemaña non está entre os Estados que asinan unha declaración en favor de que se dea unha "resposta internacional forte" a Siria, a quen se atribúe a responsabilidade do ataque químico do 21 de Agosto.

Iván Salgado
DEPORTES

O ourensán Iván Salgado, novo campión do Estado español de xadrez

Nas categorías inferiores, gañouno todo. En 2009 até foi subcampión do mundo sub-18. Agora acaba de se tornar no campión do Estado español de xadrez na categoría absoluta, no campionato realizado en Linares.

POLÍTICA

Gómez Besteiro: "España ten un piar básico na descentralización"

Exército nos montes galegos
Galiza

O exército español cobra da Xunta máis dun millón de euros por axudar a apagar os lumes

A pesar da campaña mediática que enxalza a axuda do ministerio de Defensa na loita contra os incendios forestais, a realidade é que malia o seu carácter público o exército español cobra polos servizos nos montes galegos. Adoita ingresar da Xunta máis dun millón de euros, cifras que volverá repetir este exercicio

Desemprego
ECONOMÍA

O paro baixou en 31 persoas en agosto en todo o Estado español

31 persoas. Ese é o descenso no número de desempregos no Estado español, unha baixada que esta mesma segunda feira, a ministra de Traballo, Fátima Báñez, auguraba como histórica e que ía ser o mellor agosto da última década. Na Galiza, o descenso foi de 3.578 persoas respecto a xullo. Mais na comparación interanual, hai 257 desempregad@s máis

Banco de España (Madrid)
ECONOMÍA

A axuda pública á banca española supera os 61.000 millóns de euros

A axuda financeira pública que o Estado español destinou ás entidades financeiras para a reestruturación e “saneamento” do sector financeiro suma 61.336 millóns de euros, segundo informa o Banco de España. Unha factura na que non se inclúen os avais do Estado

Foto: La Directa
POLÍTICA

A UE poderá sancionar a España se segue a banalizar o fascismo

A eurocomisaria de Xustiza, Viviane Reding, afirma que debe ser “sancionábel penalmente” a exculpación ou trivialización dos crimes realizados por réximes totalitarios. Dio en resposta parlamentar a deputados europeos de varias formacións, BNG entre elas, que denunciaran a permisividade do Estado español 

ESTADO

A Garda Civil española impón un tratamento racista a detid@s de raza negra

Na localidade balear de Calviá, unha circular interna do instituto armado obriga a manter un réxime diferenciado e máis duro segundo a cor da pel da persoa contra a que actúen.

Celta-Depor
POLÍTICA

O goberno español xustifica a confiscación de bandeiras nacionalistas porque poden "provocar unha reacción violenta"

En resposta á pregunta formulada pola deputada do BNG, Rosana Pérez, o executivo español afirma que as FSE actuaron para "evitar calquera alteración da orde pública". A parlamentar exixiu explicacións pola retención de seareir@s nun partido do Depor en Valladolid onde lles foron requisadas bandeiras galegas

INTERNACIONAL

A Raíña de España propón aproveitar os excedentes de alimentos dos transatlánticos para alimentar necesitad@s

Sofía de Grecia fixo a proposta nunha xuntanza en Palma de Mallorca con responsábeis do Banco de Alimentos

Cayo Lara
POLÍTICA

Cayo Lara (IU): "Catalunya dentro de España" nunhas condicións que "hai que falar e negociar"

O líder de Izquierda Unida reitera o posicionamento da súa formación a respeito do dereito de autodeterminación catalán. Se conseguen o referendo, di, IU votará en contra da independencia e defenderá "o Estado federal". Unha Catalunya independente, sinalou, "sería mao para o resto de España"

POLÍTICA

A policía española retén e identifica catro militantes do BNG na 'Vuelta' por pintaren 'Galiza Nación'

Os axentes requisaron o material que portaban os militantes do Bloque e exixíronlles a súa identificación. Desde a organización frontista denuncian a actuación policial

POLÍTICA

"O Estado español é un lastre por ser economicamente inviábel e corrupto"

Desde o BNG baten con dureza contra a situación actual que atravesa a Galiza e que califican de "insoportábel". A manifestación convocada para o 15 de setembro visa ser, din, "unha resposta en positivo" coa que reclamar "un Estado propio" como "mellor garante" para recuperar a democracia e dar solución aos conflitos

Rosell, presidente CEOE
ECONOMÍA

O presidente da patronal española pide limitar as prestacións por desemprego "á supervivencia"

Joan Rosell insta nunha entrevista concedida a Onda Cero a restar "privilexios" aos contratos indefinidos, camiñar cara un mercado laboral "onde non haxa diferenzas entre indefinidos e temporais" e suprimir os distintos modelos de contrato