España

Flota baixura pesca
POLÍTICA

Exixen explicacións a Madrid polas multas a embarcacións que non portan bandeira española

As sacións oscilan entre os 800 e os 1.500 euros. O BNG denuncia no Congreso d@s Deputad@s que a medida é "puramente ideolóxica" e exixe a Madrid que dea explicacións

Porto de Vigo
MARÍTIMA

O Goberno español abre a posibilidade de privatizar os Portos

O Executivo recoñece que traballa e mantivo reunións con empresas para “alcanzar maiores niveis de colaboración público-privada”.

manifestación presos
Euskal Herria

Un xulgado suspende de forma cautelar á ‘chupinera’ vetada polo Goberno español

Pide ao concello de Bilbao que xustifique o nomeamento de Jone Artola, após o recurso presentado pola Avogacía Xeral que recorre a súa elección.

manifestación independentista
POLÍTICA

O Goberno español veta a unha 'chupinera' en Bilbao por motivos ideolóxicos

A Delegación gobernativa de Madrid na Comunidade Autónoma Vasca quere evitar que Jone Artola protagonice o inicio das festas de Bilbao, tal e como lle corresponde pola quenda de comparsas, porque pertence a Etxerat e foi candidata da esquerda abertzale.

A Marca España mata

As incompetencias do Estado español foron a causa principal do sinistro de Angrois. O acidente ferroviario producido en Angrois o 24 de xullo de 2013, coa morte de 79 persoas, puxo en evidencia a incompetencia dos responsábeis dunha rede ferroviaria que, como de demostrou, carecía no seu aceso á capital de Galiza de medidas de seguranza que garantisen a integridade física das usuarias e usuarios. Ademáis, mostrou as consecuencias homicidas da política de recortes do Partido Popular, o engano masivo que supuxo a inauguración en decembro de 2011 polo ministro español José Blanco e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó dun AVE de segunda e, por último, a precariedade á que nos condena o feito de que o deseño e xestión do sistema ferroviario galego sexa competencia exclusiva de España sen que galegas e galegos podamos decidir sobre esta cuestión.

Sevillanas
CULTURA

Misa, sevillanas e touros inauguran as Festas de María Pita máis españolas

Primeiro fin de semana das Festas de María Pita e o goberno de Carlos Negreira mostra a súa clara aposta pola españolización das populares celebracións. A discriminación do galego na información e na promoción, súmase un programa que onte domingo, vén podería ter lugar en Triana. 

Carlos Negreira
CULTURA

O alcalde da Coruña inaugura a Feira do Libro en español e pecha o acto a banda co himno de España

Cun intenso programa no que se ofrece a máis relevante oferta da cultura galega no verán coruñés, a Feira do Libro inaugurouse nesta quinta feira cun acto institucional no que o alcalde da cidade fixo a súa intervención en español. A Banda Municipal da Coruña pechou o acto co himno español. 

POLÍTICA

Bloque e AGE requiren que Samuel Juárez aclare no Parlamento ''por que alentou a tese do atentado''

Mantivo esta hipótese como causa horas despois de que o ministerio de Interior a dera xa por desbotada. Piden tamén a comparecencia de Feijóo para que dea conta dos protocolos que se puxeron en marcha e que informe da seguridade na rede ferroviaria galega

LINGUA

As Festas do Monte da Guarda queren ser 'enxebres' en español

A organización dos festexos, que inclúen unha romaría popular no monte de Santa Trega, editou a programación unicamente en español "para que a entendan os de fóra". Declarada en 2009 'de interese turístico galego', neste 2013 fai 100 anos
 

Beiras e Yolanda Díaz
POLÍTICA

Beiras, aos gobernos galego e español: "Os mortos son seus"

O voceiro nacional de AGE criticou a falta de medidas de seguridade e "as mentiras" de responsábeis políticos que rodean o sinistro ferroviario de Angrois

BNG, Amaiur, ERC
POLÍTICA

BNG, Amaiur e ERC reclaman “máis democracia” perante a crise do Estado español

Representantes de Amaiur, ERC e BNG compareceron no Congreso para denunciar a crise institucional, económica e política do Estado español, e para instar a Madrid a que respecte o dereito a decidir das nacións 

Espanha pretende tirar partido da catástrofe de Angrois

O grave acidente de comboio que comocionou a nossa pátria na noite de 24 de julho está a ser obscenamente empregado polo governo do PP para desviar a atençom da multicrise que abala o regime, e a corrupçom generalizada que implica diretamente Mariano Rajói e as principais figuras desse partido nos excrementos do capitalismo.

POLÍTICA

En 5 anos, no Estado español, os descarrilamentos pasaron de 1 a 14, só 4 deles por fallo humano

A Comisión de Fomento de accidentes ferroviarios investigou 2 sucesos deste tipo en 2008 fronte os 14 de 2011. Actualmente está a investigar sete descarrilamentos acontecidos entre 2012 e 2013. En 5 anos (2006-2011), o número deste tipo de accidentes pasou de 1 a 14. Só 4 deles tivo coma orixe un fallo humano. No resto as causas tiveron a ver con deficiencias no estado das infraestruturas e con fallos mecánicos.

Concello navarro de Atxarri-Aranatz
Euskal Herria

Goberno español require a 42 concellos navarros para que penduren a bandeira de España

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa vén de obrigar, mediante sentenza firme, a dous concellos, Altsasu e Olazagutia, a "colocar a bandeira española no exterior da fachada das súas casas do concello e ocupando lugar preferente no interior do edificio”. A delegación do goberno en Nafarroa requeriu a 42 municipios a que puxesen a bandeira española

Galiza

Feijóo fala de “intereses económicos” de empresas en desacreditar a alta velocidade española

O presidente da Xunta afirma que o Estado español en materia de seguridade ferroviaria “é dos mellores do mundo” aínda que a algúns países, engade, “non lles interese este feito”. Adif-Renfe están a puxar nestes días por un tramo da alta velocidade brasileira, unha licitación de 13.500 millóns de euros.

Reforma laboral, máis desemprego
ECONOMÍA

O paro aumenta na Galiza mentres descende no Estado español

A EPA sitúa a Galiza como un dos tres territorios do Estado onde aumentou o número de desempregad@s no segundo trimestre. A taxa de paro é do 22,4% no noso país

POLÍTICA

O Goberno español adía a fragmentación de Renfe até setembro

Ana Pastor comunicou ás centrais sindicais que a fragmentación fica adiada, porén non atribuíu nas súas explicacións a decisión ao sinistro de Compostela

SOCIAL

A noite do 24X, a policía española vetou a entrada na zona vella de Compostela a persoas que se dirixían en galego a ela

Aconteceu o 24 de Xullo pola tarde e pola noite, cando os axentes rexistraron mochilas de quen portaba bandeiras da Galiza ou simboloxía nacionalista, para alén de impedir a circulación polo casco antigo a quen se dirixía a eles en galego. Dereitos Civís reclama ao valedor do pobo unha investigación

Galiza

O Goberno español descarta o atentado como causa do sinistro en Compostela

Declaracións do subdelegado na Galiza, Samuel Juárez, e do titular de Interior, Jorge Fernández Díaz, aseguran que o sinistro rexistrado no lugar de Angrois foi un accidente "e non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento"

POLÍTICA

AGE pide a autodeterminación da Galiza "sen fuxir" de "intervir" tamén no Estado español e en Europa

Argumenta a coligación de Anova e EU que as institución españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas"