EUA

Josep Borrell, alto representante para Política Exterior da UE, recibiu a quinta feira a Albin Kurti, primeiro ministro de Kosovo. (Foto: Unión Europea)
star
INTERNACIONAL

A UE intenta desescalar a situación no norte do territorio kosovar

Após un mes de tensións e tras sancionar Kosovo por negarse a aplicar as medidas reclamadas para rebaixar a voltaxe das protestas da comunidade serbia, Bruxelas convocou os líderes de Pristina e Belgrado para abordar a cuestión.

'Vila de Pitanxo', 'Andrianna', 'Titán'

O paradoxo estadounidense

Tribulación en Washington

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, a finais da pasada semana. (Foto: Stan Godlewski / Zuma Press Wire)
star
INTERNACIONAL

Biden racha a reactivación dos lazos coa China 24 horas despois do acordo

Horas despois de facerse pública a declaración de culpabilidade de Hunter Biden por delitos fiscais e de posesión ilegal de armas, o seu pai, Joe Biden, presidente dos Estados Unidos, inicia unha nova crise diplomática coa China, apenas un día máis tarde do acordo Washington-Beijing para estabilizar as relacións bilaterais.
O presidente chinés Xi Jinping (centro) na reunión onte co titular de Exteriores dos EUA, Antony Blinken (segundo pola esquerda). (Foto: Ministerio de Relacións Exteriores da China)
star
INTERNACIONAL

A China e os Estados Unidos acordan estabilizar a súa relación bilateral

A recepción do mandatario chinés ao titular de Exteriores dos Estados Unidos (EUA) reflicte o primeiro paso dun intento de estabilizar a comunicación entre as dúas potencias tras o incremento da tensión nos últimos meses e das críticas da China ás sancións dos EUA.
Billetes de dólar (Foto: Hernan Schmidt / Adobe Stock).
INTERNACIONAL

A débeda dos Estados Unidos supera o récord de 32 billóns de dólares

O número de 32 billóns de dólares foi alcanzado dúas semanas despois de que o presidente Joe Biden asinase a lei sobre o teito da débeda.
A aritsta Vanesa Álvarez no mural de máis de 2 quilómetros que pintou en Union Square de Nova York. (Foto: Jane Kratochvil)
Contracultura

Vanesa Álvarez: "O mural 'Unión co Universo' invita a reflexionar e por el pasan 350.000 persoas ao día"

Vanesa Álvarez, deseñadora gráfica, foi a encargada de pintar o mural situado no chan das áreas peonís de Union Square (Nova York), que mide 2.200 metros de longo. Unión co Universo, como se chama o mural, pretende lanzar unha mensaxe ecoloxista a todas as persoas que pasarán por enriba del durante o próximo ano.
A secretaria do Departamento do Tesouro de EUA, Janet Yellen (Foto:Al Drago - Pool Via CNP / Zuma Press).
star
ECONOMÍA

Os Estados Unidos admiten a perda de relevancia do dólar como moeda de referencia global

A secretaria do Tesouro dos Estados Unidos (EUA), Janet Yellen, afirma que sería "desastroso" para os EUA tentar forzar unha desvinculación coa China. Ademais, un informe do prestixioso Centro de Investigación en Economía e Política referenda a perda de hexemonía do dólar. Os EUA recoñecen que a imposición de sancións está provocando que terceiros Estados prioricen divisas alternativas.
Recep Tayyip Erdogan. (Foto: Europa Press / Contacto / Turkish Presidency)
INTERNACIONAL

Turquía descarta aceptar a entrada de Suecia na OTAN antes da cimeira de xullo en Lituania

A alianza militar liderada polos Estados Unidos e o propio Goberno de Washington premen para que Estocolmo ingrese.
Sede de Google (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Google é acusada de abusar da súa posición no mercado da publicidade

Bruxelas aposta por restrinxir a Intelixencia Artificial.
O memorial da paz en Hiroshima, o Xapón, construído nunha estrutura que resistiu o ataque nuclear dos Estados Unidos en 1945. (Foto: Eve Edelheit / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

Os Estados Unidos concentran máis da metade do gasto mundial en armas nucleares

O aumento das tensións xeopolíticas veu da man dun incremento do gasto en armamento atómico que encabeza Washington, que acumula un maior gasto neste eido que o resto dos países xuntos.
O ex presidente estadounidense Donald Trump. (Foto: Niyi Fote / TheNEWS2 via ZUMA Pres / DPA)
INTERNACIONAL

Donald Trump, de novo no albo: imputado no caso dos documentos clasificados

O ex presidente está acusado de cometer até sete delitos federais vencellados á Lei de espionaxe, após achar o FBI documentación clasificada na súa mansión de Palm Beach, en Florida. De forma paralela, Joe Biden está a ser investigado pola mesma cuestión, neste caso a raíz dun rexistro na súa vivenda de Delaware.

Crises entrelazadas no horizonte

Cordón policial en San Antonio, Texas, nos EUA. (Foto: Europa Press / Contacto / Nick Wagner)
Agora

Un tiroteo na graduación dun instituto de Virxinia (EUA) deixa no mínimo dous mortos

No mínimo dúas persoas morreron —dous homes de 18 e 36 anos de idade— e outras cinco resultaron feridas de diversa gravidade nun novo tiroteo nos Estados Unidos. Aconteceu esta terza feira durante a cerimonia de graduación dun instituto de Richmond, no estado de Virxinia. A Policía detivo un mozo de 19 anos que posuía catro pistolas como presunto autor do crime, e sospeita que coñecía cando menos unha das vítimas.
O potencial acordo comercial entre a UE e Mercosur xa fora tratado nun cumio dos Estados comunitarios o pasado 23 de marzo (Foto: Dario Pignatelli / Belga / DPA).
star
ECONOMÍA

A UE busca en Mercosur un socio para reducir a súa dependencia dos EUA e da China

A excesiva e crecente dependencia da UE con respecto aos Estados Unidos (EUA) e á China está a obrigar Bruxelas a buscar maior influencia noutros mercados. Neste sentido, a Comisión Europea quere acelerar a sinatura dun acordo comercial co bloque de Mercosur e estabelece como estratexia o acceso prioritario ás materias primas e outros recursos de América Latina.
Imaxe de arquivo dunha reunión do G20 na China (Foto: G20).
INTERNACIONAL

Transcende unha reunión secreta de líderes dunhas 20 axencias de intelixencia mundiais

Segundo as fontes, os encontros leváronse a cabo no marco da conferencia anual de seguridade intergobernamental de Asia-Pacífico, coñecida como 'Diálogo de Shangri-La'.
O presidente dos EUA, Joe Biden, e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, o pasado 14 de novembro. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O subsecretario de Estado dos EUA Daniel Kritenbrink anuncia unha visita inminente á China

Trátase dunha excepcional visita a Pequín dun responsábel diplomático estadounidense no medio da repunta das tensións entre ambos os países.
Blinken, secretario de Estado dos EUA, e o seu homólogo finés, P. Haavisto, a sexta feira. (Foto: Emmi Korhonen / Lehtikuva / DPA)
star
INTERNACIONAL

A China e os Estados Unidos cruzan promesas de paz en Ucraína

Despois de negarse nun primeiro momento a apoiar un alto o fogo en Ucraína e supeditalo máis tarde ao resultado da anunciada contraofensiva militar ucraína, Washington traslada agora o seu apoio ás iniciativas de paz tratando de preservar as condicións marcadas por Kíiv, que exixe a retirada rusa do seu territorio.
Caída de Joe Biden nun acto das Forzas Armadas. (Foto: @bennyjohnson / Twitter)
INTERNACIONAL

VÍDEO | Joe Biden sofre unha aparatosa caída nun acto das Forzas Armadas

O propio presidente chanceara sobre a súa idade no evento: "Cando me graduei no instituto, hai 300 anos, solicitei o ingreso na Academia Naval".