Exipto

Grafitti nas rúas de Exipto [Imaxe: Ed Giles]
INTERNACIONAL

Estado de emerxencia nun Exipto militarizado

Máis de 500 mort@s durante unha operación policial que pretendía desaloxar @s seguidor@s de Morsi acampad@s en dúas importantes prazas do país. O goberno golpista instaura o Estado de emerxencia e o toque de queda entrementres, asegura que as autoridades actuaron "coa máxima contención"

Exipto, revolta e vía electoral

A intervención dos militares na política de Exipto, dando o último empurrón para a queda de Morsi, tal como esixía unha inmensa maioría da poboación, causa confusión e unha oposición instintiva nunha parte da esquerda mundial, tamén na galega. Se cadra sexa así porque non entenderon que o exército nunca marchou, e que non deixou de tutelar o proceso, para alén dos confrontos verbais coa Irmandade Musulmá (IM) para se disputar protagonismo e poder. En realidade ambas forzas sempre buscaron a cohabitación, como o farán agora os militares cunha parte importante da oposición liberal, aquela que pacte a entrada no goberno transitorio. 

INTERNACIONAL

Exipto: os golpistas ordenan a detención do líder supremo das Irmandades Musulmás despois de asasinar a 55 partidarios de Morsi

Continúa a represión no Exipto. Após o asasinato de 55 partidarios de Morsi que se concentraban perante o cuartel da Gardia Republicana, en que se acha detido o presidente lexítimo do país, os golpistas ordenaron onte a detención do guía supremo dos Irmáns Musulmáns.

Samir Amin
INTERNACIONAL

Samir Amin cualifica de “vitoria do pobo” o derrocamento de Morsi en Exipto

O economista franco-exipcio amósase moi crítico co goberno da Irmandade Musulmá a quen acusa de ter pretendido impor unha “teocracia ao modelo iraniano”. En dúas entrevistas recentes, unha delas concedida ao diario francés L’Humanité, pon en valor o grande movemento de oposición popular Tamarod contra as políticas continuístas co réxime de Mubarak.

Grafitti nas rúas de Exipto [Imaxe: Ed Giles]
INTERNACIONAL

O presidente golpista de Exipto emite o programa de transición e convoca eleccións en 2014

A norma rexerá o país até a reforma da Constitución. Outorga facultades lexislativas reservadas ao presidente e instaura o 'estado de emerxencia' por 3 meses. Imaxe capa: Grafitti nas rúas de Exipto [Ed Giles]

O de Exipto de que vai?

Polo escoitado e lido estes días a sesudos analistas e mandatarios de diversos gobernos occidentais estou por concluir que para calificar os acontecementos que conlevaron a saída forzada do goberno do presidente elexido nas urnas Mohamed Morsi o máis acaído será recurrir á grande sabiduría daquel político da dereita con diversas responsabilidades en gobernos do PP; Juan Miguel Diz Guedes en 1995, sendo delegado do goberno español na Galiza, referíndose a unha brutal carga policial contra persoas indefensas, moitas delas de avanzada idade, declarou que a policía só procedera a un “desprazamento da masa manifestante”.

Exipto
INTERNACIONAL

Varios mortos en Exipto ao abrir fogo o exército contra @s manifestantes

Ducias de milleiros marcharon en varias cidades en rexeitamento do golpe de Estado. A Unión Africana suspende a Exipto. Nas últimas horas morreron máis de 30 persoas a resultas do golpe militar

Mundo

Morsi, detido despois do golpe que non condenan nen os EUA nen a UE nen a ONU

O exército de Exipto confirma que o presidente lexítimo Mohamed Morsi está detido como consecuencia de un golpe militar que non foi condenado nin polos Estados Unidos, nin pola Unión Europea nin pola ONU. Desde occidente evítase o emprego da palabra “golpe”. 

Exipto
INTERNACIONAL

Golpe de Estado en Exipto: os militares suspenden a Constitución aprobada polo pobo

O Exército depón o goberno islamista de Morsi e declara suspensa a Constitución, aprobada polo pobo. O dirixente do Partido da Liberdade e da Xustiza non aceita o seu derrocamento e pide ao pobo que tampouco o faga.

INTERNACIONAL

'ABC' ilustra o "fascismo puro e ma-duro" de Venezuela cunha imaxe da represión en Exipto

O xornal conservador español atribúe ao chavismo "un ronsel lamentábel de morte e destrución" que ilustra coa imaxe máis coñecida da violencia do exército exipcio: varios militares arrastran polo chan unha muller seminúa. A denuncia pública da manipulación obrigou a retirar a noticia

Mundo

Os Irmáns Musulmáns, espidos de poder polos militares, gañan as presidenciais en Exipto

Os axustes introducidos pola Xunta Militar na Declaración Constitucional pola que se rexe o país de maneira transitoria permiten que os militares redacten a Constitución, controlen a carteira de Defensa e xulguen civís en tribunais castrenses
Eleccións deste domingo 17 de xuño en Exipto
MENTRES, A XUNTA MILITAR ESTABELECE CONSTITUCIÓN

A Irmandade Musulmá proclámase vencedora en Exipto

Mohamed Mursi, candidato do Partido Liberdade e Xustiza (PLX), da Irmandade Musulmá, ás eleccións presidenciais de Exipto, anunciou que exercerá de presidente de "tod@s" @s exipci@s. Ahmed Shafiq, dende a oposición, revírase contra estas declaracións. Os resultados coñeceranse o xoves.

Mundo

Golpe de estado ao lexislativo a dous días das eleccións en Exipto

O Tribunal Constitucional vén de declarar ilegal o Parlamento, recentemente escollido e de maioría islamista; mantivo a candidatura á presidencia do último primeiro ministro de Mubarak e os militares resucitaron o estado de excepción