galego

Roberto_Vilamea_Ponte recortado
COMUNIDADE SERMOS

"Con este A Fondo un decátase do amor á nación galega que a UPG inculca"

Neste mes que entra faranse os 50 anos daquel 25 de xullo de 1964 no que foi fundada a Unión do Povo Galego. 

Abanca
Galiza

A Mesa reclama que Abanca se comprometa co galego

Que poña fin á deriva lingüística desgaleguizadora que Novagalicia Banco desenvolveu baixo control estatal é o que a Mesa reclama a Abanca. Pídelle un cambio de rumbo pilotado por un maior compromiso no emprego da nosa lingua.

Evaristo de Sela
CULTURA

Evaristo de Sela ou Homero en galego, vinte anos após a súa morte

Cúmprense este 28 de xuño vinte anos da morte do poeta, profesor e tradutor Evaristo González, máis coñecido por Evaristo de Sela. Figura fundamental no mundo da tradución, a obra de Homero chega á nosa lingua da súa man. 

murguia
COMUNIDADE SERMOS

24 de xuño de 1891: a primeira declaración de oficialidade do galego

Foi outro 24 de Xuño. De 1891. A primeira declaración de oficialidade do galego. Con este texto inauguramos unha subsección da Comunidade Sermos en que dialogamos coa historia deste país.

LINGUA

Alonso Montero insta a Feijóo a que forme un comité de sabios sobre o galego

No canto de criticar singularmente a actual Xunta, o presidente da institución encarregada de fixar a norma ortográfica da lingua galega dirixe os seus dardos a todos os gobernos habidos até agora.

DSC_0436
COMUNIDADE SERMOS

“O titular que gostaría ver en Sermos? Que os 5 libros máis vendidos en 2014 foran escritos en galego"

Ermitas Valencia naceu á beira do mar de Muxía, alí onde Rosalía situou a acción da súa primeira novela, La hija del mar. Nesta entrevista fálanos de Rosalía e do proxecto Sermos Galiza.

Coruña
SOCIAL

Vilas e cidades do país mobilízanse polo dereito a decidir e pola República galega

Nalgunhas como Lugo ou Compostela desenvolvéronse representacións da coroación do rei porco ou Cuco I, rei dos burros.

Real Academia Galega
LINGUA

A Academia reacciona ao informe da Mesa e urxe á Xunta a atender a situación do galego no ensino

Dous días despois de que a Mesa presentara os alarmantes datos de uso do galego en educación infantil, a Academia urxe á Xunta a avaliar a situación do galego no ensino. 

Mancaron á Eólica Galega

A patronal sectorial Asociación Eólica de Galicia (AEGA) ven de denunciar que o sector no noso País vai perder 270 M€ co efecto do novo Regulamento estatal de enerxías renovábeis.

inmigración
SOCIAL

O foro galego alerta do "grave perigo" que corren os dereitos d@s migrantes

O colectivo encetou unha campaña para alertar das "agresións" que padecen as persoas migrantes na Galiza e no estado. Ducias de organizacións e persoas a título individual xa se sumaron á campaña. 

Marcos Maceira e Susana Méndez
LINGUA

Só 7 de 289 centros de Educación Infantil declaran usar o galego máis que o español

Só sete centros declaran impartir maioritariamente en galego segundo a enquisa que vén de presentar a Mesa pola Normalización Lingüística, un 2,42 % fronte ao 3,19 % do pasado ano. 94,43 % usan maioritariamente o español. 

CULTURA

Laura Rodríguez substituirá Manuel Bragado á fronte da Asociación Galega de Editores

 Laura Rodríguez Herrera (Hércules Edicións) substituirá a Manuel Bragado á fronte da Asociación Galega de Editores (AGE). Bragado asumiu recentemente a presidencia de Culturgal. 

CIG Ensino
Galiza

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixe a paralización da LOMCE

“Menos relixión e máis educación!”, “A Xunta de Galiza recorta e privatiza” ou “O ensino é un dereito e non un privilexio” foron algúns dos berros que se sentiron na concentración contra a LOMCE da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. 

Os desafíos do nacionalismo galego

Acerta a expresión maioritaria do nacionalismo galego, o BNG, ao abrir un período de reflexión

Xosé Lois
COMUNIDADE SERMOS

Xa está aquí o número 100 de Sermos Galiza, mais unha aposta no xornalismo galego e libre

O semanario Sermos Galiza chega esta semana ao seu número cen e traspasa esta barreira coa vontade de reforzar e alargar o espazo galego de comunicación, sen o cal a nosa nación non ten futuro digno posíbel. Xa está disponíbel aquí, na nosa loxa.

Presentación de Cousas de Raíces
Galiza

Cousas de Raíces, unha iniciativa colectiva a prol do bosque galego

Corenta colectivos e entidades botan a andar “Cousas de Raíces”, unha iniciativa en defensa do bosque galego e o seu aproveitamento sostíbel. 

GZ Videos
SOCIAL

Vilas e cidades galegas reclamarán soberanía fronte á sucesión monárquica

Na véspera do debate parlamentar sobre a lei de sucesión, as prazas de vilas e cidades do país están chamadas a se encher "pola soberanía" e a "República de Galiza".

mar pesca flota barco peixe
ECONOMÍA

Case 13.000 galeg@s elixirán o 28 deste mes as 63 ‘alcaldías do mar’

As 63 confrarías galegas renovarán os seus órganos de goberno tras anos sen se convocar eleccions. 

anxa2(1)
COMUNIDADE SERMOS

"Traballar con prensa en galego nas aulas é imprescindíbel"

María dos Anxos González Refoxo naceu na Porta dos Mariños no lugar de Pazos, no concello de Padrón. Catedrática de Lingua e Literatura, guionista de audiovisual, é accionista de Sermos Galiza e lectora habitual

 

POLÍTICA

O soberanismo chama a rodear este sábado o Parlamento galego

Constatada a imposibilidade de unir forzas coa esquerda estatal -vista a dependencia de EU a respeito de Madrid-, o soberanismo comeza a despregar a súa propia axenda, coa República Galega como horizonte.