galego

A presidenta do Govern de Baleares, Francina Armengol, e o da Generalitat de Catalunya, Pere Aragonès, o 24 de novembro. (Foto: Isaac Buj / Europa Press)
'La Vanguardia' e 'El Periódico' reciben subvencións pola súa edición na lingua propia

O catalán: A chave que dá paso ás axudas públicas á prensa nos Países Cataláns

Con esta información, 'Nós Diario' achégase aos criterios empregados por Gobernos con lingua propia para subvencionar os medios de comunicación. Nesta ocasión, abórdase o caso dos Países Cataláns, cunha aposta dos Executivos na prensa que comunica na lingua propia e na que ten edicións en catalán.

Renacer galego

De alí para logo

A poeta Louise Glück foi gañadora dun premio Nobel. (Foto: Chan de Pólvora)
CULTURA

A poesía da Nobel americana Louise Glück poderá lerse en galego

A editora Chan de Pólvora publica 'Receitas de inverno desde a comunidade', a nova proposta de poesía da escritora. O libro foi traducido ao galego polo tamén escritor Samuel Solleiro. Esta saída ao mercado forma parte dunha forte aposta na gañadora do Nobel de Literatura de 2020.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na xornada deste sábado do Culturgal 2021. (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

A industria galega do videoxogo saca peito en Culturgal

Empresas como Aruma Studios, Gato Studio,Wood Games o Víctor Xusto deron conta dos proxectos nos que están a traballar.
Cadernos de OzocoGz (Imaxe: Nós Diario)
LINGUA

Queres agasallar en galego? Eis un catálogo imprescindíbel

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais... mesmo roupa, complementos, plantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos..., e como non podía ser doutro modo Nós Diario, forman parte do catálogo con centos de propostas que lanza A Mesa pola Normalización Lingüística con motivo do Nadal.

carlos
CULTURA

Carlos Cernadas: "As letras son máis interesantes e teñen máis sentido se as escribo en galego"

Natural de Rianxo, Carlos Cernadas é responsábel do proxecto artístico Sons of Exodus. Hai pouco máis dun mes que se estreou o seu segundo traballo, Castrexos, e agora xa está a traballar para levar a súa música aos escenarios galegos.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, gabou o decreto de plurilingüísmo (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Educación gaba "os resultados" do decreto de plurilingüismo

O BNG cualifica de "negacionista" a postura do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre o retroceso e perda de falantes do galego na mocidade.
 
Representantes do Concello de Santiago nun acto da campaña da Mesa "Queremos galego no audiovisual" (Foto: Nós Diario).
LINGUA

As linguas oficiais terán un 6% de presenza nas plataformas audiovisuais

Mentres o Goberno do Estado español asegura que as plataformas terán que incorporar a lingua propia da Galiza, así como as de Euskadi e Catalunya -se ben non aclaran como será o reparto-, o Tribunal Supremo tombou a inmersión lingüística nas escolas catalás.

Ingratitude

O Parlamento galego fai 40 anos

Cartel crítico coa política de Correos. (Foto: CIG) #lingua #galego #correos #cig
LINGUA

Acusan Correos de silenciar o galego

A CIG vén de rexistrar un escrito para protestar pola política lingüística estabelecida no grupo empresarial, pois opina que hai unha “exclusión total” do idioma da Galiza na comunicación interna. Lamentan que se presuma da diversidade en “campañas” promocionais mentres “nin entenden nin respectan” a lingua da terra.

Imaxe promocional de Tanxugueiras, tirada no decorrer do videoclip de 'Figa'. (Foto: Rocío Cibes)
CULTURA

Tanxugueiras loitará por representar o Estado español en Eurovisión cun tema en galego

O grupo atende así a aposta das e dos eurofanáticos, que nunha das plataformas máis importantes sobre o festival, elixíronas como as gañadoras grazas á canción 'Figa'. O grupo confirmou a súa candidatura ao Festival de Benidorm -recuperado para elixir a representación estatal a este concurso- a través das redes sociais.
Correlingua 2018 pola normalización lingüística da mocidade e a infancia na cidade de Vigo.
LINGUA

Vinte anos coa lingua de fóra

Correlingua está de aniversario: 20 anos movendo miles e miles de nenos e nenas, mozos e mozas a prol do galego.

Davyth Hicks atende 'Nós Diario' en Compostela (Foto: Y. C.).
Davyth Hicks, secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas

Davyth Hicks: "Os nenos son o futuro e deben poder usar a lingua en todos os ámbitos"

Davyth Hicks (Cornualles, 1961) é o secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN). Na súa visita a Compostela pola celebración da Asemblea Xeral da organización, Hicks debulla para 'Nós Diario' os obxectivos de ELEN, a situación das linguas minorizadas en Europa e o caso concreto da Galiza.
Un instante da obra que se representou durante a reunión decorrida en Braga. (Foto Rede da GaliLusofonía)
CULTURA

A Rede da Galilusofonía acorda crear un ciclo de teatro afeccionado

Anuncia un programa de actos para o Mes da Lingua, que será en maio para coincidir co Día da Lingua Portuguesa e o Día das Letras Galegas.
Rolda de prensa de ELEN (Nós Diartio).
Asemblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas

Reclaman a derrogación do Decreto do Plurilingüismo e igualdade na nova Lei do Audiovisual

A Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN) fala de "fracaso xeral da Unión Europea" no tema da defensa das lingua minorizadas e pide que se leven a cabo as reclamacións do Consello de Europa.
Imaxe promocional da conta Twitter en Galego. (Foto: Twitter)
LINGUA

Un "chío" polo galego

A conta reivindicativa Twitter en galego, que xa suma máis dunha década de traxectoria, anima á cidadanía a comezar a usar a aplicación no idioma propio da Galiza.
A alcaldesa Digna Rivas e o edil Alberto Álvarez presentan os novos nomes dos parques. (Foto: Nós Diario) #parque #galego #normalizaciónlingüísticas
LINGUA

Parques infantís para facer crianzas reivindicativas coa lingua e a cultura

O Concello de Redondela vén de estrear novos nomes para estes espazos de lecer do municipio. A Concellaría de Normalización Lingüística, que xestiona a propia alcaldesa Digna Rivas, lembra desta maneira a persoas importantes para a cultura galega como María Miramontes -ligada á editorial Nós- e o pintor Luís Seoane.

Xosé Mª Lema é membro da AELG e correspondente da RAG.
LINGUA

Xosé María Lema: "Estes gobernantes feriron de morte a lingua que tiñan a obriga de defender"

Xosé Mª Lema Suárez (Bamiro-Vimianzo, 1950) vén de autoeditar 'Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019)'. O libro, ilustrado e prologado por Héitor Picallo, reúne unha trintena de artigos publicados en varios medios desde a chegada de Núñez Feixoo á Xunta e a aprobación do decreto do plurilingüismo.