galego

Mosteiro da Armenteira, Meis, por onde se estende o apelido Galiñáns. (Foto: Héitor Picallo) #armenteira #meis #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #apelidos
star
A onomástica nacida da terra

Gaioso, Galega, Galego, Galegos, Galiñáns, Gasamáns, Godoi, Goiáns e Goiás

Alén dunha manchea de apelidos que serán abordados nestas liñas, trataremos aquí os “máis” galegos de todos: Galega, Galego e Galegos. A forma feminina está na actualidade desaparecida, aínda que fican varias referencias nos documentos antigos. Por outra banda, ademais de facer mención do gaiteiro Raúl Galego queremos lembrar aqueles trobadores do noso país que estiveron ao servizo do duque de Arjona (1388-1430). Segundo Íñigo López de Mendoza, o marqués de Santillana, son os seus nomes: Afonso de Moraña e Xoán de Gaioso. 

Falsos e nocivos emblemas de galeguidade (2/2)

Sesión de traballo da Mesa con representates dos tres grupos parlamentarios, acordes coa protección do galego na Lei do audiovisual.
star
LINGUA

A protección do galego, a debate no audiovisual: Hai que obrigar as grandes plataformas a incluílo?

A presenza de galego, éuscaro e catalán nas grandes plataformas de televisión por internet é case nula nun momento en que servizos como o de Netflix, HBO ou Disney+ están entre as escollas principais das consumidoras de audiovisual. O proxecto de lei que prevé regular o sector nos próximos anos non reserva cotas específicas para os idiomas oficiais, alén do castelán, no Estado español malia a demanda expresa de axentes pola lingua e Gobernos territoriais, e o deber de preservar a "diversidade cultural" e a "pluralidade lingüística". Un paso necesario para asegurar o futuro do idioma ligado ao da propia industria.
Pilar alegría ministra educación
SOCIAL

A ministra de Educación, a favor de dar máis presenza ao castelán no ensino

"No marco das competencias deste Goberno, estamos a traballar no borrador da distribución horaria das diferentes materias, e nel daremos máis importancia á lingua castelá", declarou Pilar Alegría.

Cuñados: orgullo de galegofalantes

Netflix non entende a Moraima

O autor Xosé Manuel Sánchez Rei. (Foto: Silvia Seixas)
star
Entrevistas

Sánchez Rei: O portugués como espello

Os fenómenos lingüísticos comúns á lingua falada ao norte e o sur do río Minho foron entre o século XVI e XIX criticados polos gramáticos e ortografistas portugueses, que os consideraban vicios de pronunciación norteños. A construción nacional portuguesa, coma a española, relegou o galego á posición de fala corrupta. Xosé Manuel Sánchez Rei reivindica este portugués esquecido, coa súa continuidade até a actualidade, no seu último ensaio, publicado por Laiovento. E defende que a normativa do galego se achegue máis a esa tradición galego-portuguesa. 

Desgaleguizaçom

Rebeca Domínguez é a creadora da marca “Son un toxo”. (Foto: Nós Diario)
Rebeca Domínguez é ilustradora

Rebeca Domínguez: “Usamos roupa con frases en inglés que non entendemos mentres o galego vai relegándose”

Rebeca Domínguez é unha ilustradora coñecida pola súa marca “Son un toxo e máis”. Os seus deseños, que xuntan ilustracións e trazos minimalistas con pequenos lemas en galego, pódense ver polas rúas, estampados en diferentes pezas de roupa como suadoiros ou camisetas. Rebeca leva desde pequena vencellada ao mundo da ilustración, aínda que nunca recibiu formación académica neste eido. Para ela, o seu obxectivo é duplo: desfrutar da súa paixón ao tempo que pon en valor o galego.

Digo Moraima

a mesa
LINGUA

Galego, éuscaro e catalán, excluídos da Lei xeral de comunicación audiovisual

O texto non reserva cotas específicas para as linguas cooficiais do Estado.
Detalle da campaña en redes sociais da plataforma SOS ficción en galego.
SOCIAL

Profesionais do audiovisual lanzan un SOS: "Non deixes morrer a ficción en galego"

Traballadores e traballadoras do sector audiovisual da Galiza instan a TVG a mudar as súas políticas e a protexer a ficción en galego.
Unha persoa visualiza Netflix no seu teléfono móbil. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Galego, euskera e catalán quedan fóra da nova Lei Audiovisual estatal

As linguas cooficiais do Estado español foron excluídas da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para ver garantida a súa protección nas plataformas de contidos á carta. O proxecto non recolle ningunha das demandas a favor do  galego, euskara, catalán, segundo adianta 'El Periódico'.

O caso de Moraima tivo un importante impacto nas redes sociais.
star
LINGUA

Moraima, Siri e un sentir común sobre o futuro da lingua

Moraima e Siri fixéronse virais nos últimos días a conta dunha conversa entre a nena, de tres anos, e o asistente virtual de Apple. Unha cháchara distraída e natural entre unha crianza que usa o galego e reivindica a súa fala e un dispositivo intelixente que, malia a todo, resulta menos brillante que a cativa. Siri non entende. Sabe moitas cousas pero galego aínda non. A brincadeira converteuse nun fenómeno singular que dá conta da carga emocional da lingua mais tamén das eivas que desatenden o uso do galego, e non só no ámbito da intelixencia artificial.
Partal, Obelleiro e Otamendi durante a sesión na que participaron. (Foto: Nós Diario) #nósdiario #dbalears #diaridebalears #conferencia #mediosdecomunicación #maríaobelleiro #vicentpartal #martxelootamendi
SOCIAL

'Nós Diario' participa nos actos polo 25 aniversario do xornal 'dBalears'

A directora de 'Nós Diario', a xornalista María Obelleiro, tivo oportunidade de debater sobre as linguas nos medios de comunicación con seus homólogos en 'Berria' e 'VilaWeb', Martxelo Otamendi e Vicent Partal, respectivamente.

Desvirtualizámonos!

"Magnetismo en liña" é o lema desta quinta edición (Imaxe: Nós Diario).
LINGUA

Os Premios Youtubeiras abren a inscrición da quinta edición

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, abren o prazo de inscrición para a súa quinta edición
EuropaPress_3290604_monitorizacion_continua_calidad_aire_aulas_educacion_infantil
LINGUA

En 6º de Educación Infantil: 8 libros en castelán, 1 en inglés e 0 en galego

A lingua galega desempeña un papel residual na Educación Infantil, onde semella ser un idioma estranxeiro en vez do propio. Para mostra, o material didáctico que se emprega, de maneira maioritaria, en 6º de Infantil.

Um ano com o galego internacional

Broullón participa nun podcast xunto a Cristina Terceiro e Fran da Lobeira. (Foto: Nós Diario) #podcast #galego #lingua #podgalego
LINGUA

Uxío Broullón: "No último ano metemos 80 podcasts novos no directorio, os mesmos que en catro anos"

Uxío Broullón é un ilustrador e deseñador gráfico que xunto con Isaac González dirixe e xestiona o proxecto “Podgalego”, un directorio no que as interesadas no mundo do podcasting poden atopar todos os podcasts en lingua galega dos que os seus xestores teñen constancia. No directorio, ademais dunha ficha técnica con datos de cada programa, tamén se poden atopar diversos recursos tanto para as persoas ouvintes como para as creadoras de contido. Para Broullón, non é un traballo, senón unha actividade relaxada.