galego

Exemplo de toponimia deturpada na sinalización viaria (Foto: Nós Diario)
LINGUA

As queixas ante a Valedora por vulneración de dereitos lingüísticos duplicáronse

A institución recibiu unha reclamación ou petición cada catro días por este motivo.
Varios equipos xa apoiaron publicamente a iniciativa en Twitter. (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

A inicitiva #FainoEnGalego demanda que os clubs deportivos do país usen o galego

Reclaman o emprego da lingua propia nas canles oficiais a través dunha campaña nas redes.
Concentración de Queremos Galego na  praza do Obradoiro o 17 de maio de 2021. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Garantindo o futuro do galego

Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego, repasa neste artigo as debilidades e fortalezas dunha lingua que segue a mostrar un exemplar dinamismo malia o desleixo e mesmo a hostilidade de quen ten a obriga legal de defendela e amparala.
a mesa
LINGUA

Demandan un mínimo de contidos en galego na programación audiovisual de plataformas dixitais

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín”

[Imaxe: O Salnés] Porto deportivo de Sanxenxo
LINGUA

A Mesa denuncia “uso exclusivo do castelán” nas redes sociais de Turismo Rías Baixas

Considera especialmente grave que a Deputación de Pontevedra xustifica que a eliminación da lingua propia de Galiza por "dirixirse a un público potencial de fóra da comunidade".
‘Malvada Profe’ tamén participa noutro podcast sobre a lingua galega. (Foto: Nós Diario)
'Malvada Profe' é co creadora de "As Womansplainers"

'Malvada Profe': "En moitos temas estamos orfas de alguén que nos explique como nos afectan"

“As Womansplainers” é un podcast que, desde unha perspectiva feminina e feminista, trata sobre temas que afectan ás mulleres. As súas creadoras, ‘Malvada Profe’, ‘Saboridinha’, ‘Ghanito’ e Sara Martínez, explican que o nome do podcast é unha homenaxe á escritora estadounidense Rebecca Solnit, autora de 'Men explain things to me', no que fala dos 'mansplainers', homes que asumen que as mulleres non saben de certos temas, obviando que poidan ser expertas ou simplemente teren vivido experiencias relacionadas.
Malena Fernández, no centro da imaxe, xunto ás creadoras do 'Guísomo eu'. (Foto: Nós Diario)
Malena Fernández é co creadora de 'Guísomo eu'

Malena Fernández: "Facer calquera tipo de cultura en galego é posíbel"

Guísomo eu é un proxecto das artistas e estudantes universitarias Uxía Miranda, Malena Fernández, Xiana Fole, Catalina Eirea e Sara Castro. No manifesto recollido na súa páxina descríbense como defensoras da liberdade e a responsabilidade afectiva como mellor maneira para existir. O seu obxectivo é crear unha pequena comunidade artística na que proxectos profesionais e principiantes convivan. Tras publicar o seu primeiro fanzine, traballan en desenvolver actividades que dean voz ás novas artistas galegas.
Manuel Barreiro é colaborador de ‘Sermos Galiza’, onde conta cunha columna sobre banda deseñada. (Foto: Nós Diario) #manuelbarreiro #lingua #premio #galego #sermosgaliza
LINGUA

Manuel Barreiro: "A lingua galega é unha vantaxe competitiva fronte ás grandes compañías de comunicación"

Manuel Barreiro vén de recibir o premio María Luz Morales ao ensaio escrito sobre o audiovisual galego polo seu traballo Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos. O certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual e no que colaboran as deputacións, promove a investigación científica e teórica no ámbito audiovisual. Un galardón que o propio Barreiro non agardaba obter, como el recoñece, pero que recibiu con “inmensa ledicia”.  
De esquerda a dereita Hugo GZ, That Bass Dj e Alex Arnoso, SonDarúa. (Foto: Daniel Pérez - MalRaio) #sondarúa #ponteareas #rap #galego #música #lingua
SonDaRúa

Hugo Gz: "Utilizamos o galego para normalizalo na sociedade, sobre todo, na mocidade"

Hugo GZ, That Bass Dj e Alex Arnoso compoñen o grupo de rap SonDaRúa, que vén de sacar un novo sinxelo titulado 'Hardcore puro'. Despois de lanzar o seu disco 'Eterno combate' en pleno confinamento, Hugo GZ fala con Nós Diario da actual situación do grupo e os plans que teñen para este verán.

Mariscal de Gante, o apelido

Coda: lesiva ideologia e incompetência técnica

Encontro entre Ana Pontón e o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e membros da comisión executiva da institución (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

“A lingua é útil para todo, mesmo para o trap”, di Pontón á mocidade

A líder do Bloque defende que o galego ten futuro revertendo as políticas “lingüicidas” do Goberno de Núñez Feixoo e logrando que avance entre a xente moza, a quen fai unha apelación directa: “Quero dicir á mocidade que o galego é útil para todo, para relacionarse, para xogar, para comunicarse, para ligar, para trapear, para o reguetón...”.

As integrantes de Néboa. (Foto: cedida)
CULTURA

Sandra Pérez, Néboa: "O álbum trata situacións relacionadas con conflitos que todos temos"

O grupo Néboa vén de gañar o Premio MIN na categoría de mellor álbum en galego, xunto a Guadi Galego e Xosé Lois Romero & Aliboria. A súa percusionista, Sandra Pérez, revela a 'Nós Diario' a orixe do grupo, que música as inspira e sobre que trata o seu último traballo, baixo o título 'A realidade enganosa'.

Pasamento de Afonso Paz Andrade

O galego tem conotações políticas!

A Mesa logra máis de 33.000 sinaturas para a Iniciativa Xabarín
LINGUA

Así avanza a Iniciativa Xabarín na CRTVG

A CRTVG vén de pórse en contacto coa Mesa pola Normalización Lingüística para lle informar sobre os puntos da Iniciativa Xabarín nos que está a traballar.

Con roupa de domingo

DNI europeo
LINGUA

Demandan que o novo DNI manteña o galego, vasco e catalán

A principios de xuño o Ministerio do Interior presentou o novo DNI electrónico, que entrará en vigor o 2 de agosto. O novo documento será en español e inglés.

Bandas de abertura

A voceira de Unidas Podemos, Aina Vidal. (Foto: J. Hellín / Pool / Europa Press) #unidaspodemos #ainavidal #bilingüismo #lingua #galego #requisito #administración
LINGUA

Instan o Goberno español a exixir as dúas linguas ao funcionariado dos territorios bilingües

As deputadas Aina Vidal e Mar García aluden ao informe do Consello de Europa sobre a Carta comunitaria de Linguas Rexionais e Minoritarias para demandar unha maior implicación do Executivo de Pedro Sánchez. De saír adiante a súa proposta, o coñecemento do galego pasaría a ser obrigatorio nas oposicións ás prazas da función pública ofertadas na Galiza.