galego

Defendamos a Galega

O Parlamento de Galiza nunha sesión. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Unanimidade no Parlamento para reclamar a normalización da presenza do galego nos centros sanitarios

A iniciativa do pedía garantir a atención sanitaria en galego e normalizar o seu uso nos centros de saúde.

 

Paula Chaves, Pauliña, caracterizada como diaño para o seu novo videoclip 'Remordementos'.
Pauliña publica 'Testemuñas'

Paula 'Pauliña' Chaves: "É unha necesidade urxente que a xente cante, fale e cree contido en galego"

Após 'De-Xeneración' e 'A Malfalada', Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña, presenta o seu terceiro traballo 'Testemuñas'. Un disco "sen cancelas musicais e parido tras vivir moita ansiedade, presións e cambios na miña vida que se vén reflectidos neste traballo", salienta a cambadesa. 

Do Manifesto de 1974 até hoje

Gonzalo Caballero, na manifestación de Queremos Galego (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Caballero exixe á Xunta neste 17 de maio políticas de "discriminación positiva" para a lingua

O líder socialista reclama axudas e estímulos para o sector cultural
Ana Pontón, onte na manifestación de Queremos Galego (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón pide "desconfinar" o idioma e acabar coas políticas "lingüicidas"

O BNG chama a abrir "un novo tempo" para a lingua galega.
Alberto Núñez Feixoo no acto de homenaxe a Xela Arias en Vigo (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Feixoo enxalza os últimos 40 anos para o galego

O 40 aniversario do Estatuto de Autonomía centrou o discurso do presidente galego no acto institucional polo 17 de maio. Catro décadas que cualificou dun "novo rexurdimento" catalizado polo idioma, sen mencionar os últimos informes que amosan que a porcentaxe de galegofalantes foise reducindo nese mesmo período.

De portadas e palabras preferidas

QGBernal
LINGUA

Un galego pleno de dereitos, a reivindicación dun desexo e dunha necesidade que retumbou este 17-M

Centos de persoas convocadas por Queremos Galego encheron a Praza do Obradoiro, en Compostela, mantendo as medidas de seguridade e distancia pola Covid, para reclamaren o dereito a ”vivir en galego”.

O secretario  xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, durante a ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres de Compostela. (Foto: EP).
CULTURA

O PSdeG lembra Xela Arias no Panteón de Galegos Ilustres

Caballero preside unha ofrenda floral a Rosalía de Castro nun acto no que ratifica o seu "compromiso" coa lingua e a cultura galegas

Celia Armas, María Muíño e Marcos Maceira na presentación do informe da Liña do Galego. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O galego, excluído do sistema sanitario no ano da Covid

A Liña do Galego tramita 150 expedientes lingüísticos en 2020
As declaracións tiveron lugar no marco dun acto da campaña 'Suma co galego, a lingua que nos une' (Foto: BNG).
SOCIAL

Ana Pontón ve no movemento neofalante a "esperanza" do galego

A portavoz nacional do BNG pon en valor ás persoas que protagonizan o proceso de “reapropiación” do idioma ante "a política lingüística de desgaleguización que practica o PP".
Detalle do proxecto artístico 'Murais da nosa lingua' no concello da Estrada. (Foto: Ocionautas)
star
Vivir en galego, unha cuestión política e de país

Política Lingüística recoñece "un déficit de dereitos" respecto ao galego

A cuestión do idioma aglutina na Galiza unha colección de discursos, mobilizacións sociais e políticas lingüísticas que tratan de explicar, por xunto, a implantación ou a exclusión do galego en todos os ámbitos e idades da vida. 'Nós Diario' analiza a situación actual da lingua galega no marco dunha dependencia secular e dunha subordinación do galego ao español que non axuda a consolidar unha alta conciencia a respecto do propio idioma.   
A deputada nacionalista Mercedes Queixas (Foto: Nós Diario).
LINGUA

O BNG exixe á Xunta que deixe o “búnker negacionista” e non promova “unha escola desgaleguizadora”

A voceira de Lingua do Bloque, Mercedes Queixas, considerou que a política lingüística educativa na Galiza é un “fracaso”. En consecuencia, reclamou ao Goberno galego que non limite a lingua do país “a unha foto no día das letras”.

Villares e o galego

Imaxe de arquivo da escritora Emilia Pardo Bazán, cuxa biblioteca persoal, se reparte entre a que fora a súa casa, agora sede da RAG, e o Pazo de Meirás, que ela mesma mandou construír. (Foto: Nós Diario)
Centenario do falecemento da autora de 'La tribuna'

Emilia Pardo Bazán e a defensa dunha lingua galega limitada ao "folclore"

Hai cen anos falecía en Madrid a escritora Emilia Pardo Bazán. Unha efeméride que comezou a conmemorarse xa a finais de 2020 e que quedou ligada á recuperación do Pazo de Meirás para o Estado español, após décadas de ocupación por parte da familia do ditador Franco. O debate sobre os usos que deben dárselle ao pazo está aberto, mais tamén sobre o papel da autora coruñesa no panorama cultural e literario. 
Francisco Rodríguez na redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Laura Barcala)
CULTURA

Rodríguez enxalza o discurso "perenne" de Carvalho en favor do uso do galego

Compostela acolleu esta segunda feira unha xornada do Galo sobre o intelectual ferrolán. Francisco Rodríguez repasou algunhas das súas opinións no marco dunha sesión na que tamén se proxectou un documento audiovisual do autor.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta o Proxecto Nós de intelixencia artificial para o galego. Edificio CINC - Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), 11/05/2021
LINGUA

Proxecto Nós: intelixencia artificial para interactuar dixitalmente en galego en todo o mundo

O responsábel do Goberno galego afirmou que Nós terá un investimento inicial público de 15,5 millóns de euros, “o maior investimento directo na promoción do galego de toda a nosa historia”.

Primavera para o galego

xela_arias_xuliogil
CULTURA

Pontevedra prepara '365 días en galego' e de homenaxe á poeta Xela Arias

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2021, unha serie de eventos reunidos baixo o lema “365 días en galego” e que inclúe actividades dirixidas principal á xente nova e que se desenvolverán durante todo o ano.