galego

As miñas aulas de galego serán ás 7.45 horas

O Bierzo acaba de recibir un novo golpe antigalego, xa están aprobados os novos horarios que se implantarán en Bacharelato no próximo ano. Eu sei ben como se aprobaron, pois diso encárgase o consello escolar e teño representación no do IES Padre Sarmiento en Vilafranca do Bierzo.

vintecinco2
POLÍTICA

“A nación galega”, lema da manifestación pola unidade do 25 de xullo

Sairá ás 12 da Alameda tras unha faixa de cabeceira na que se poderá ler o lema da manifestación: “A nación galega”. Representantes do grupo promotor do “Manifesto pola unidade” convidaron a organizacións, asociacións e a toda a cidadanía a se sumar á convocatoria. 

Centro Dramático Galego
CULTURA

A Xunta convoca a praza para dirixir o Centro Dramático Galego 

A vindeira persoa que dirixirá o Centro Dramático Galego terá que ser licenciada e ter experiencia en postos directivos. A Xunta publica a convocatoria para ocupar a praza vacante despois da dimisión de Manuel Guede. 

unnamed
Só en papel

Milicias galegas, o Partido Galeguista contra o fascismo

Contra as teses oficiais da historiografía española, as milicias galegas durante a chamada guerra civil (1936-39) non foron criadas polo PCE, senón que foron o produto dunha decisión política do Partido Galeguista de Castelao e Suárez Picallo. A esta conclusión chega Cilia Torna nun traballo de investigación que disponibilizamos no Sermos 154 e do que oferecemos neste dixital un breve avanzo.

mit
CULTURA

A Mostra de Ribadavia premia Escena Galega e bota a andar unha semana de teatro “de risco”

Pouco despois de que Escena Galega estreara nova dirección e duplicara o número de compañías integrantes, nunha unidade do teatro que cualifican de “histórica, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia outórgalles o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño”. 

Acordo polo galego: un paso adiante

O acordo asinado en Compostela por todas as forzas políticas galegas coa Mesa da Normalización Lingüística é indubidabelmente unha boa noticia para a normalización do noso idioma

Vacas pacendo
NAS VÉSPERAS DA MOBILIZACIÓN CONVOCADA PARA ESTA SEXTA FEIRA EN SANTIAGO

Chove sobre mollado no sector lácteo galego

Axentes sociais urxen que a Consellaría de Medio Rural actúe en defensa da produción leiteira nun dos momentos máis complexos do sector nos últimos anos.

Unidade polo galego

O 15 de Xullo de 2015 cúmprese o 130 aniversario da morte de  Rosalía de Castro. Con esta efeméride de fondo e baixo a estatua que se lle ergueu na Alameda compostelá, todas -si, todas!- as forzas políticas que actúan na Galiza  asinan un manifesto que promove a Mesa pola Normalización Lingüística.

unnamed
Só en papel

#sermos154: o sector lácteo en pé de guerra

As milicias galegas na Guerra Civil, a situación en Grecia, entrevistamos Héctor López (@cascarelo) e Davide Salvado, falamos da candidatura galega ás xerais... todo isto e moito máis, neste número. Disponíbel aquí.

cebra
COMO ELA, CENTOS DE PALABRAS GALEGAS CORRERON POLO MUNDO

Zebra: o nome galego que do Cebreiro pasou para a África

As cebras son nativas da África. O seu nome deriva do nome zevro ou zebro, un equídeo selvaxe, actualmente extinto, que viviu na  Galiza até o século XVI  e do que deriva o nome Cebreiro. Cando os portugueses chegaron ao Cabo da Boa Esperanza encontraron uns equídeos riscados parecidos ao zebro e déronlles por nome cebra.

Sheila Sánchez
DEPORTES

Sheila Sánchez ficha polo Vorderland e tórnase na segunda futbolista profesional galega

A equipa austríaca xoga en Segunda División e márcase o ascenso como obxectivo da nova tempada.

cantigas
CULTURA

Cántigas da Terra, un coro galego máis

Con este título o xornal A Nosa Terra, vencellado ás Irmandades da Fala, daba conta da estrea de Cántigas da Terra. O pasado domingo cumpríronse noventa e oito anos desta efeméride. Case un século despois, esta entidade segue a apostar por un folclore na nosa lingua.

SOCIAL

A xustiza galega avanza no recoñecemento das identidades de xénero

Dúas sentenzas xudiciais recoñeceron nos últimos catro meses o cambio de identidade de crianzas transexuais. No conxunto do Estado español ditáronse 14 fallos. 

Vence 17 M, Día das Letras Galegas 2015
POLÍTICA

Vence ve "compatíbel" a resolución de Anova coa proposta do BNG dunha "candidatura nacional"

Xavier Vence reitera a dispoñibilidade a falar "con todas as forzas galegas" para unha lista que "defenda os intereses de Galiza" e advoguen por unha representación "propia e soberana" no Congreso.

[Imaxe: Xabier Lago Mestre] Pintada no Bierzo
Denuncia do BNG no Congreso

Un novo informe alerta da desprotección do galego nas zonas limítrofes con Asturias e León

A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez vén de facerse eco dun novo informe que alerta da mala situación que atravesa a lingua

Gómez Noya e Pablo Dapena retiráronse

Discreta actuación das e dos galegos no Campionato Europeo de Tríatlon

De “discreta”. Así cualificou a Federación Galega de Tríatlon a actuación das e dos deportistas galegos no Campionato de Europa, que se disputou en Xenebra e no que Gómez Noya e Pablo Dapena tiveron que retirarse.

Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei
Letras e Ideas

Galería de imaxes do segundo Convivio da Cultura Galega

anova
ELECCIóNS XERAIS

Beiras aposta por unha candidatura que non sexa apéndice de Podemos ou de IU

O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, avoga por unha candidatura para as eleccións xerais na que Galiza manteña a súa “identidade” e que non sexa “apéndice” dunha “marca política” como Podemos ou Izquierda Unida. Tamén sinalou que “confundir a nación galega co espazo do nacionalismo é un erro”.

CUN TEMPO DE 01:20:12

A galega Susana Rodríguez, cuarta no Campionato de Europa de Paratríatlon

A atleta viguesa Susana Rodríguez non puido defender o título que ostentaba no Campionato de Europa de Paratríatlon disputado na tarde de onte en Xenebra, onde rematou no cuarto lugar.

luisaguilar
CULTURA

O libro galego que censuran en Venecia

O libro Orellas de Bolboreta publicado pola editorial galega Kalandraka é un dos 49 títulos que o alcalde de Venecia eliminou de garderías e escolas de educación infantil por estar na listaxe do programa “Ler sen estereotipos” do anterior goberno municipal. Unha campaña na rede conseguiu 30.000 apoios en tres días e fixo que o ministro de  Educación, Davide Faraone, desautorizara o alcalde.