CUN TEMPO DE 01:20:12

A galega Susana Rodríguez, cuarta no Campionato de Europa de Paratríatlon

A atleta viguesa Susana Rodríguez non puido defender o título que ostentaba no Campionato de Europa de Paratríatlon disputado na tarde de onte en Xenebra, onde rematou no cuarto lugar.

[Imaxe: Federación Galega de Tríatlon]
photo_camera [Imaxe: Federación Galega de Tríatlon]

Cun tempo de 01:12:20, a atleta viguesa Susana Rodríguez finalizou o Campionato de Europa de Paratríatlon, celebrado en Xenebra, na cuarta posesión. “Susana non tivo un bo día e ademais a súa guía Mayalen Noriega estaba indisposta”, informa a Federación Galega de Triatlón, que lamenta que a galega non puidese defender o título que ostentaba até a tarde de onte.

Susana Rodríguez e a súa guía acabaron de cuartas a proba de natación e na bicicleta, proba na que habitualmente remontan, non estiveron cómodas e non puideron recuperar o tempo perdido. Ademais, no último tramo, a guía atopouse mal e non foi quen de aguantar o ritmo. Deste xeito, a galega quedaba na cuarta posición e gañaba o título a británica Alison Patrick, cun tempo de 01:06:08.
 

Comentarios