gandaría

En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados

A recente autorización "en masa" de 75 novos proxectos eólicos, o pasado 26 de abril, por parte do Goberno galego provoca "incerteza" entre o sector agrogandeiro. Esta terza feira o Sindicato Labrego Galego exixe "transparencia e información" a respecto das citadas instalacións enerxéticas, aprobadas perante unha "tramitación exprés que verte moitas dúbidas sobre as garantías técnicas". Piden que a Xunta aclare "con que cantidade e tipo de medios humanos e tecnolóxicos foron levados a cabo os estudos" das 77 declaracións de impacto ambiental aprobadas previamente, en xaneiro.
Tractorada o pasado 18 de abril en Lugo en protesta polos altos prezos (Foto: Nós Diario)
Agora

Gandeiros convocan unha nova tractorada en Lugo para esta quinta feira

Gandeiros de carne convocaron unha tractorada esta quinta feira ás 12.30 horas en Lugo, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e para dicir 'non' aos baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe. Esta convocatoria, que parte do colectivo Gandeiros Galegos da Suprema, tamén busca dicir non aos "excesivos prezos" nos custos de produción.

A Galiza ten un marcado carácter agrogandeiro. (Foto: Ángel Utrera)
Eleccións municipais

A Terra Chá, do agro aos eólicos

A comarca máis grande da Galiza medra polo rural.
As explotacións apícolas poderán acceder a bonificación no IRPF de 50% (Imaxe: Rosa Veiga E.P.)
ECONOMÍA

Profesionais da agricultura e da gandaría terán unha bonificación de 25% no IRPF

Facenda compensa o sector primario polos efectos da inflación e da seca.
Protestas en Lugo o ano pasado polos prezos baixos e os altos custos na produción de Tenreira Suprema (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Unha tractorada denuncia en Lugo perdas de até 25% nas vendas de Tenreira Suprema

Representantes do sector produtor de Tenreira Suprema percorreron esta terza feira as rúas de Lugo nunha manifestación á que asistiron máis de dous milleiros de persoas e máis de 400 tractores. Denuncian perdas de 25% por cada quilo de carne. Os profesionais aseguran que tan só perciben 5,60 euros por quilo de carne ao tempo que afrontan un custo de produción de sete euros.
Protesta do sector primario esta terza feira en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

400 tractores e 20 vacas toman as rúas de Lugo en protesta polos 'prezos baixos'

Os gandeiros e as gandeiras aseguran que están a cobrar ao redor de 5,60 euros por quilo, cando din que producir cústalles uns 7 euros.

Vacas pacendo nunha leira (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Para que serve a política económica? Lamento pola situación do agro galego

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
star
SOCIAL

Os eólicos baixan do monte: os proxectos presionan agora terras agrarias e gandeiras

Os parques eólicos reducen o aproveitamento agrícola. Así o denuncian as organizacións agrarias e até órganos como o Consello Económico e Social constatan como hai un cambio nas localizacións dos novos proxectos, que xa non miran para cumes e serras senón para zonas agrícolas e gandeiras.
O Rexo é umha iniciativa do Concelho de Alhariz e da Fundación Ramón González Ferreiro. (Fotos: Rosa Román)
star
Análise

O Rexo: queijo e muito mais

Bernardo Valdés Paços é professor do Departamento de Economía Aplicada da USC.
O consumo dos fogares galegos caeu 0,5% no segundo trimestre de 2023 con respecto ao mesmo período do ano anterior (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
Análise

Os prezos dos alimentos amosan a desprotección das persoas

Isabel Vilalba é gandeira e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.
O director xeral de Gandaría da Xunta, José Balseiros. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

"O BNG non fai máis que escribir bobadas", di o director xeral de Gandaría sobre a PAC

"Reafírmome nas miñas manifestacións. Esta iniciativa non hai por onde collela", reiterou José Balseiros, ao tempo que acusou a formación nacionalista de dicir "o que lle peta".
O potencial acordo comercial entre a UE e Mercosur xa fora tratado nun cumio dos Estados comunitarios o pasado 23 de marzo (Foto: Dario Pignatelli / Belga / DPA).
ECONOMÍA

Cales son os potenciais riscos dun tratado de libre comercio con Mercosur que preocupan ao sector primario?

A UE debate asinar acordos de libre comercio con Mercosur e Canadá. Os tratados afectarían a competitividade do sector primario galego.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unións Agrarias denuncia "un novo cartel do leite" por parte da industria

A organización pide que se cumpra coa normativa.
A provincia de Barcelona produce máis porcos que toda Galiza (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Producir para Galiza

A doutora en Economía María do Carme García-Negro analiza para 'Nós Diario' a produción na Galiza.
O Goberno estatal fecha a porta a incluír carne e peixe na prórroga da rebaixa do IVE (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Por que encarecen os alimentos? Quen queda cos beneficios? Así medran os prezos do campo á mesa

O Índice de Prezos en Orixe e Destino dos alimentos (IPOD), que actualiza cada mes a organización agraria COAG, recolle en febreiro deste ano prezos até nove veces máis caros para as persoas consumidoras que os que perciben gandeiros e agricultores.
A Fruga solicita un estudo sobre os custos de produción no sector leiteiro (Foto: Riccardo).
ECONOMÍA

A Fruga acusa a industria de incumprir a norma nos contratos co sector lácteo

Algunhas industrias, sinala a Federación Rural Galega (Fruga), "xa baixaron os seus prezos, como é o caso de Inleit, con baixas de dous céntimos de euro no mes de xaneiro e de catro céntimos no mes de marzo".
Explotacións en ecolóxico temen ficar sen axudas da PAC (Foto: Chris DoAl).
ECONOMÍA

Produtores en ecolóxico piden que se cubran 100% das solicitudes de axuda

Proecogal critica as políticas da Consellaría do Medio Rural.
A viticultura da Ribeira Sacra ten limitacións naturais pola pendente (Foto: Emilio Romanos).
ECONOMÍA

O SLG denuncia o recorte de fondos en partidas agrarias

O sindicato agrario advirte da diminución de axudas na proposta da Xunta de modificación do Plan estratéxico da Política Agrícola Común (Pepac) 2023-2027.
A invasión de Ucraína tivo un forte impacto no prezo dos alimentos, aínda que a suba actual non é só derivada da guerra. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press)
star
Análise

Perspectivas dunha economía verde

A bióloga e gandeira Ana María Corredoira analiza para 'Nós Diario' as prespectivas da economía verde.
Granxa ecolóxica en Xanceda. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
POLÍTICA

A oposición reprende Medio Rural polo "mal reparto" das axudas

O grupo socialista reclama dimisións no Goberno.