goberno

Vigo xente
ECONOMÍA

O ‘ano da recuperación’ anunciado polo Goberno comeza con subas en luz, peaxes, combustíbeis e IVE

Goberno central, Xunta e PP insisten en que o 2014 é o ano da recuperación económica. Mais xaneiro comeza con alzas en prezos e taxas e con conxelación salarial.

O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta catalá

É dabondo significativo que, sobre o asunto soberanista catalán, o que máis semella preocuparlle ao goberno, máis que o resultado do plebiscito é que este chegue a celebrarse. O ministro Gallardón repíteo en canto lle preguntan pola cousa

ECONOMÍA

Do Goberno á empresa: a 'porta xiratoria' das eléctricas

A piques de se fixar o custe da luz a partir do mes de xaneiro, revisamos o número de ex-ministr@s e mesmo presidentes do goberno español que integran os consellos de administración ou actúan como asesor@s das compañías eléctricas.

Fátima Báñez
ECONOMÍA

O Goberno español reforza o emprego temporal e legaliza as horas complementarias

O executivo español aproba un decreto-lei co que regula as "horas complementarias" que permitirán ao empresariado demandar horas extras @s traballador@s a tempo parcial mesmo sen preaviso. Aliás, autorizará o despido libre tamén nos contratos en formación a tempo parcial e incrementa o espazo de actuación das ETT. 

Galiza

O BNG reclama ao goberno español explicacións sobre o posíbel “trato de favor” aos clubs de fútbol

A deputada do BNG, Rosana Pérez, reclamou no congreso a comparecencia do secretario de Estado de Deportes polos expedientes abertos pola UE a clubs de fútbol. Pregunta polas débedas con Facenda e Seguridade Social e se “recibiron trato de favor”. 

barajas aeroporto
OPINIÓN

O goberno español ditamina que o aeroporto d@s galeg@s é Barajas

O Ministerio de Fomento négase no Congreso a transferir a xestión das terminais de Alvedro, Lavacolla e Peinador a Galiza e defende unha estrutura en beneficio do ''consolidado'' aeroporto madrileño.

Queremos galego
LINGUA

A Mesa denunciará ao Consello de Europa a marxinación do galego polo Estado español

A Mesa prepara a denuncia diante do Consello de Europa pola “vulneración” do Goberno español da Carta Europea das Linguas. O presidente da Mesa entrevistarase co Valedor do Pobo o próximo día 9 de decembro para lle solicitar que interveña no caso das discriminacións contra o galego. 

Alonso Montero
CULTURA

A RAG acusa o Goberno español de discriminar a lingua galega

A Real Academia Galega fixo público un comunicado no que acusa o Goberno de España de discriminar a lingua galega e reclámalle que outorgue validez aos documentos expedidos na nosa lingua. 

LINGUA

Negan a bolsa a unha estudante por entregar o certificado de estudos en galego

O Ministerio de Economía respóndelle á estudante da USC que a súa documentación ten un “defecto”: está en galego, e que o goberno só acepta escritos ''en español o en inglés''. En estados como México ou Arxentina eses certificados en galego estanse a aceptar sen problemas.

Policía ás portas do Parlamento
POLÍTICA

Ofensiva legal contra os dereitos civís

O Consello de Ministr@s aprobará a Lei de Seguridade cidadá a vindeira esta sexta feira e prepara xa a reforma da Lei de folga para endurecer os servizos mínimos nas greves.

Manifestación do naval
ECONOMÍA

Goberno español e Xunta ensaríllanse nos floteis de Pemex mentres o naval volve á rúa

José Manuel Soria recoñeceu nos corredores do Congreso español que o convenio entre Pemex e a Xunta sinala que nos estaleiros galegos "farase parte dun flotel" e non os 2 prometidos por Feijóo. O propio ministerio recuou pouco despois para dicir que todo foi un "erro lingüístico".

policia
SOCIAL

O PP exixe ''amparo legal'' para ''todas'' as actuacións da policía

Aliás, reclama ao Goberno español que incremente as penas contempladas no Código Penal actual para "agresións e resistencia á autoridade". Segundo defenden, gravar os castigos é a maneira acaía para "evitar os enfrontamentos". 

Díez Solís na súa intervención
LINGUA

O goberno de Extremadura considera o portugués “prioridade absoluta”

O secretario xeral de educación de Extremadura, César Díez Solís afirmou que para o seu goberno o portugués é unha “prioridade absoluta” na política educativa, non só pola proximidade senón tamén pola dimensión internacional da lingua portuguesa. Nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófona debullou todas as liñas de traballo do seu goberno para promover o ensino do portugués. 

Dioivo en Santiago
Galiza

Veciñanza de Compostela critica que o goberno municipal non se molle nin co dioivo

Unha enorme tromba de agua sorprendeu onte á veciñanza de Compostela que viu como edificios e locais anegados por segunda vez no que vai de ano. Veciños da zona máis afectada lamentaron a pasividade do goberno municipal mesmo co diluvio que padeceron. 

DEPORTES

O goberno español baralla impor unha licencia deportiva única para todo o Estado español

Un informe da Comisión pola Reforma das administracións públicas (CORA) prepararía un “ataque” ás actuais competencias deportivas e á autonomía das federacións dos diferentes territorios do Estado, denuncian desde Catalunya.

SOCIAL

A Plataforma Sanidade da Mariña denuncia “persecución política” pola Subdelegación do Goberno

A Subdelegación mantén multas de 750 euros a participantes nunha concentración en Burela a prol da sanidade pública. A Plataforma anuncia a presentación de recursos de alzada.

concentracion_dentro
SOCIAL

Unha cazolada pola demisión do goberno local de Santiago, prólogo do último pleno do mes

Ducias de persoas secundaron a concentración convocada diante do Pazo de Raxoi para exixir a convocatoria de novas eleccións. Dez d@s 13 integrantes da equipa de goberno están imputad@s, incluído o alcalde, Ángel Currás.

Capa
Galiza

No nº71 analizamos a présa do Goberno español por vender Novagalicia Banco

Empresas privadas que meten man nos ciclos de FP, a Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade, o conflito en Albada e os porqués da folga de fame de Velaluz centran un semanario, disponíbel na loxa, en que conversamos con Francisco Jorquera, Abe Rábade e Manuel Gago.

compostela
SOCIAL

14 organizacións xuntan folgos pola demisión do goberno de Santiago

Agir, Anova, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, Esquerda Unida, Fruga, Gentalha do Pichel, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP son os colectivos sociais, culturais, estudantís, sindicais e políticos que se moverán pola disolución da corporación e novas eleccións. Uniranse Comités e Galiza Nova.

Tonucci
Galiza

Francesco Tonucci: “Pontevedra é un exemplo de cidade para a infancia"

O pedagogo italiano Francesco Tonucci, “ideólogo” de proxectos de cidades deseñadas contando coa infancia, estivo en Pontevedra para participar nas xornadas “Infancia e Cidade” e recoñeceu a transformación desenvolvida polos gobernos de Fernández Lores como un “referente” para a súa proposta de modelo urbano