Israel

Crianza palestina ferida nun ataque israelí esta terza feira a un edificio da Faixa de Gaza. (Foto: Mohammed Abu Elsebah / DPA)
INTERNACIONAL

A ONU defende que a operación de Hamás "non aconteceu no baleiro" e chegou tras "56 anos de ocupación asfixiante" de Palestina

Israel responde acusando o secretario xeral da ONU, que tamén denunciou "violacións claras" do dereito internacional en Gaza, de "comprensión co terrorismo" por denunciar a ocupación e a represión do réxime de apartheid israelí contra o pobo palestino.
O biólogo estadounidense Michael Eisen. (Foto: eLife)
redes sociais

Despedido por rechouchiar unha publicación irónica que defendía a poboación palestina

Michael Eisen, biólogo computacional estadounidense e de relixión xudea, foi despedido como redactor xefe da prestixiosa revista científica 'eLife' após compartir nas redes sociais unha publicación da satírica 'The Onion'.
Manifestación en Compostela en solidariedade con Palestina (Foto: Arxina).
SOCIAL

Convocada unha manifestación nacional este sábado en Compostela en apoio ao pobo palestino

Baixo o lema ‘Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina’ será a compostelá Alameda o escenario de inicio da mobilización o 28 de outubro ás 18 horas. Unha mobilización que busca condenar os “crimes de guerra” que Israel está a cometer contra o pobo palestino na Faixa de Gaza.  
Destrución en Gaza após ataques israelís esta terza feira (Foto: Europa Press / Contacto / Liu Weijian ).
INTERNACIONAL

120 mortes máis na Faixa de Gaza após ataques nocturnos de Israel

O Ministerio de Saúde palestino en Gaza informa que o sistema sanitario da Faixa "chegou á peor etapa da súa historia", unha situación derivada do bloqueo imposto por Israel, que está a esgotar os recursos dos hospitais.

Maquiavelo en Palestina

Khaled Abu-Qare nunha protesta propalestina en París. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Khaled Abu-Qare, líder estudantil palestino en París: "Os feitos non comezaron en outubro, isto ten causas profundas"

Khaled Abu-Qare é o presidente de Estudantes pola Xustiza en Palestina na universidade francesa de Science Po. Nado na Xerusalén ocupada, estuda nestes momentos Seguridade Internacional.
Ghaleb Jaber Martínez, esta segunda feira, na inauguración do festival, en Compostela. (Foto: Arxina)
star
Cinema

"Ninguén está a salvo": a guerra en Palestina, no foco do Festival de Cine Euroárabe Amal

A Semana de Cine Euroárabe Amal volve mostrar a diversidade do cinema feito no mundo árabe loitando contra clixés e contra a manipulación que rodea a información sobre os conflitos que castigan esa parte do mundo.
Palestina ferida no hospital Shifa  de Gaza, hoxe, logo dun bombardeo israelí. (Foto: Mohammad Abu Elsebah / DPA)
crónica

Palestina acusa os países occidentais de dar a Israel "licenza para matar"

Mentres Washington frea a invasión israelí de Gaza para protexer os seus propios intereses e bases militares na zona, o asedio contra o territorio palestino continúa. No medio do castigo colectivo, Palestina critica os países occidentais, con Estados Unidos á cabeza, por ofrecer "cobertura política" aos masacres israelís.

Nakba en Palestina

Servizos de emerxencia buscan sobreviventes baixo os cascallos en Rafah, na rexión palestina de Gaza. (Foto: Abed Rahim Khatib / DPA)
POLÍTICA

PP, BNG e PSOE aproban en Pontevedra unha condena á "violencia" de Hamás e os "actos de terror" de Israel en Gaza

A moción foi impulsada polos populares mais recolleu as emendas de nacionalistas e socialistas.
Un pai sostén a súa crianza no hospital de Shifa, en Gaza. (Foto: Mohammad Abu Elsebah / DPA)
INTERNACIONAL

Máis de 5.000 mortos en só 17 días en Gaza, os mesmos que entre os anos 2009 e 2022

En Cisxordania recrúa tamén a situación, con 90 mortos e máis de 800 detidos. Nesta rexión a xente vive nun permanente estado de calma tensa, porque, sinala unha residente a 'Nós Diario', "Palestina ten esa capacidade de borrar o mal, de engulir as cousas malas que pasan coma se non sucedera nada horas atrás".
Heba Abu Nada, a poeta palestina asasinada por Isarel (Foto: @DaniMayakovski).
Agora

A AELG mostra o seu "profundo pesar" pola morte da poeta palestina Heba Abu Nada tras un ataque israelí

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de mostrar o seu profundo pesar polo recente asasinato en Gaza da poeta e novelista palestina Heba Abu Nada, referente na loita polos dereitos das mulleres. Heba Abu Nada faleceu a consecuencia dun dos ataques realizados por Israel contra a poboación palestina. Na véspera, escribira: “Se morremos, saiban que estamos satisfeitos e firmes, e díganlle ao mundo, no noso nome, que somos persoas xustas do lado da verdade”. Tiña 32 anos, era bioquímica e nutricionista, ademais de poeta e autora de novelas como O osíxeno non é para os mortos.
Rescates de poboación palestina após un bombardeo israelí (Foto: Mohammed Talatene / dpa).
INTERNACIONAL

Os constantes bombardeos israelís deixan 400 mortes palestinas en apenas 24 horas

O Exército israelí bombardeou os arredores do complexo médico da Al Shifa, no centro da cidade de Gaza, así como o do hospital da Al Quds, no oeste.

Coñecermos a historia para xulgarmos o presente

Hamás e Israel

Miriam Louzao, Ghaleb Jaber e Anxo M. Lourenzo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Semana do Cinema Euroárabe comeza cunha palestra sobre Israel e Palestina

AMAL 2023 proxectará un filme por xornada entre a terza feira e o sábado.
Pedro Sánchez (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
INTERNACIONAL

Sánchez chama Netanyahu e pídelle "un cesamento do fogo humanitario"

O presidente dos EUA, Joe Biden, afirma que "non se pode dar por perdida" a solución de dous Estados.
Soldado nun carro de combate de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / DPA).
INTERNACIONAL

Israel ataca "accidentalmente" un posto militar exipcio

Prosegue a escalada do conflito entre Israel e Hezbollah na fronteira do Líbano.
Manifestación en solidariedade co pobo palestino, este domingo en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Milleiros de persoas mobilízanse na Galiza en solidariedade con Palestina

Multitude de persoas saíron ás rúas contra os bombardeos e o asedio de Israel sobre a poboación palestina.
Unha multitude de persoas entre os cascallos dunha escola da ONU bombardeada por Israel este sábado (Foto: Mohammed Talatene / DPA).
INTERNACIONAL

Os bombardeos israelitas sobre Palestina esténdense tamén a Cisxordania

Miles de palestinos atópanse arrestados e retidos sen dereito a xuízo en bases militares e prisións israelitas, denuncian desde Cisxordania.