LGBTIQ+

A presidenta da asociación Arelas, Cristina Palacios (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Cristina Palacios: "O colectivo trans quedou no medio da loita política"

A Asociación de familias de menores trans Arelas, convocou para o vindeiro sábado unha manifestación en Santiago ante unha nova ampliación, por parte do Congreso, do prazo de presentación de emendas da Lei Trans. Nós Diario conversa coa presidenta de Arelas, Cristina Palacios, para coñecer as demandas do colectivo trans.
A bandeira trans diante da sede do PSOE en Madrid (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

O PSOE rexistra emendas á Lei Trans que buscan limitar a 'autodeterminación de xénero' en menores de 16 anos

Os socialistas rexistraron as súas emendas dous días antes de que se feche o prazo de emendas á devandita lei, a vindeira cuarta feira 2 de novembro, se non houber máis prórrogas.
Activistas defensoras da Lei Trans celebran o avance do texto no Congreso, esta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

O Congreso amplía, máis unha vez, o prazo de presentación de emendas á Lei Trans

A Mesa da Cámara Baixa tomou esta decisión a pedimento do PSOE e do PP. Trátase dunha nova ampliación do prazo para esta norma, que se tramita pola vía de urxencia.
A ex militante socialista e antiga parlamentaria na Asemblea de Madrid Carla Antonelli. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
POLÍTICA

Carla Antonelli abandona o PSOE polos atrasos da Lei trans e denuncia "transfobia e humillacións internas"

Antonelli, primeira muller transexual en ocupar un cargo parlamentario no Estado español, acusa a ex vicepresidenta Carmen Calvo de difundir un "panfleto transfóbico" entre a militancia e a conselleira de Estado Amelia Valcárcel de chamala "señor sesenteiro". Tamén sinala a militante Alicia Miyares por dicir nun congreso: "Eu chámoos tíos, porque son tíos".
As Irmandades do Dado nace da man de Jorge Diz (na imaxe), Lamia Escura, Mariola Juncal e Viriato Valdés. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Jorge Diz: "Cando xogamos unha partida e precisamos un material que non está en galego, traducímolo"

Jorge Diz é integrante e membro fundador das Irmandades do Dado, unha comunidade en liña de rol en galego que desenvolve as súas actividades na plataforma Discord. Diz fala do proceso de creación deste servidor que na súa conta de Twitter (@IrmandadesDado) definen así: “para neofalantes e paleofalantes, para novatas e veteranas do rol, pro LGBTQ+”.

Catorce anos de traballo

Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Os delitos de odio contra a comunidade LGTBI medraron 71% en 2021

A maioría das agresións rexistradas nun estudo do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia producíronse na vía pública.
Alejandra Ironici, nun acto. (Foto: Instagram)
INTERNACIONAL

Asasinan Alejandra Ironici, activista pioneira na loita polos dereitos das persoas trans en Arxentina

Ironici era recoñecida por ser a primeira muller trans en obter o recoñecemento legal en Arxentina.
O panel indicador, vandalizado. (Foto: Compostela Aberta/Twitter)
SOCIAL

Unha bandeira LGTBI en Santiago, cuberta coa de España nun novo acto vandálico

Segundo acto vandálico destas características ocorrido en Santiago de Compostela nun mes.

Teologias queer

Queer (2)

Proba documental

Non é preciso entender para respectar

Queer

Indicador en Compostela (Imaxe: Alas A Coruña)
SOCIAL

De bandeira LGTBI a bandeira de España: vandalizado un indicador en Compostela

Na entrada de Santiago de Compostela por San Lázaro lucía un indicador coa palabra “Santiago” coas cores da bandeira LGTBI, con motivo do Día do Orgullo. Aos poucos días, foi mudada por unha bandeira española.

O videoclip de 'Eduardita', gravado no Liceo de Ourense, reivindica Blanco Amor: "Envexosos vós!". (Foto: Cizalla Producións).
SOCIAL

A memoria queer da Galiza recupera Blanco Amor a través da música

A banda Piratas sen parche vén de estrear 'Eduardita', unha canción dedicada a a Blanco Amor que busca recuperar a figura do escritor para o colectivo LGBTIQA+ e fornecer a memoria diversa da Galiza a través da música. Música feita desde as marxes para as marxes, "pero tamén para o centro. A necesidade de referentes é vital".

De justiça

'A condición homosexual'

Orgullo, armarios

Algúns dos libros máis recentes que se publicaron nos diversos xéneros arredor de temáticas LGBTIQ+.
star
Literatura con orgullo

Libros diversos

O 28 de xuño conmemórase en todo o mundo o Día do Orgullo LGBTIQ+, unha data que reivindica o dereito de todas as persoas á súa propia identidade e a amar libremente. Lonxe do que poidamos pensar, e aínda que se lograron certos avances, persiste a discriminación e a exclusión por orientación sexual e identidade de xénero. Analizamos nesta reportaxe algúns libros galegos que reflexionan sobre estes temas, desde os diversos xéneros literarios. Porque a literatura é unha arma ateigada de futuro.