LGBTIQ+

EuropaPress_3344363_marcha_igualdad_comunidad_lgtbi_celebrada_finales_agosto_cracovia_capital
INTERNACIONAL

Bruxelas abre expediente a Hungría e Polonia polas súas leis antiLGTBI

A Comisión Europea considera que as leis de Polonia e Hungría violan dereitos fundamentais das persoas LGTB+.
A valedora Dolores Fernández e a vicevaledora María Xosé Porteiro (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A valedora do Pobo chama a atención sobre a afectación da pandemia ás persoas LGTBI

BNG e PSdeG alertan do elevado número de queixas en sanidade e política social e o PPdeG destaca a colaboración da Xunta coa Valedoría
Un momento da manifestación desta tarde. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Centos de persoas piden "xustiza para Samuel" polas rúas da Coruña

A cidadanía xúntase para reivindicar que "non morreu, foi asasinado". Aliás, demanda pór fin ao discurso do "odio e a indiferenza".
Lugar no que foi asasinado Samuel, na rúa Buenos Aires. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #buenosaires #rúa #homenaxe #asasinato #acoruña #lgtb+ #lgtbqi+
SOCIAL

Perto de 47.000 persoas piden que a rúa Buenos Aires da Coruña pase a chamarse Samuel Luiz

Ademais da campaña iniciada para facerlle esa homenaxe ao mozo asasinado na madrugada do pasado sábado na Coruña, este domingo á tarde está prevista unha manifestación no seu recordo e para protestar "contra o odio e a indiferenza".
Amizades de Samuel Luiz no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press).
SOCIAL

O xulgado decreta o internamento nun centro dos menores presuntamente implicados no asasinato de Samuel

A maxistrada que tomou declaración aos catro adultos detidos pola súa posíbel relación co crime optou por enviar a prisión, comunicada e sen fianza, aos tres varóns mentres que a muller, de 19 anos, quedou en liberdade coa obriga de presentarse ás comparecencias no xulgado. Mentres continúa a investigación, organizacións LGTBQI+ manteñen a súa convocatoria de manifestación en protesta polo asasinato para este domingo ás 19.30 horas.
Un dos arrestados é levado a declarar por un axente. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #crime #samuel #samuelluiz #acoruña #asasinato #lgtb #lgtbqi #lgtbqi+
SOCIAL

Decretan prisión para os tres varóns acusados do asasinato de Samuel mentres a muller fica libre

A xuíza considera que os catro sospeitosos maiores de idade -na sexta feira quedaron arrestados dous rapaces menores- puideron cometer un delito de homicidio ou asasinato, aínda por aclarar. Un dos menores xa pasou a disposición do fiscal e está previsto que nas próximas horas suceda o mesmo co outro mozo. De feito, transcendeu que a Fiscalía pedirá ao xulgado de garda o internamento dos dous nun centro de menores.
Alberto Núñez Feixoo, no Consello da Xunta (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Feixoo rexeita cualificar o crime de homófobo sen que se saiba o móbil

Preguntado por se considera o asasinato de Samuel Luiz como crime LGTBIfóbico, Feixoo insiste en que a Xunta non ten "ningunha notificación" aínda sobre "o móbil ou a causa directa ou indirecta" da malleira mortal a Samuel, antes de engadir que os pronunciamentos chegarán cando isto ocorra.

Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Colectivos LGBT+ convoca manifestación nacional na Coruña “contra o odio e a indiferencia”

Este domingo, día 11, ás 19:30 horas, con saída da Praza da Palloza.

 

Un momento da concentración da segunda feira na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Os asasinos de Samuel Luiz non o coñecían antes da malleira mortal

Mentres continúa a investigación, a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS Coruña) pediu loito oficial pola vítima do brutal crime. Continúan abertas todas as liñas sobre a motivación, mais a que ten máis forza entre a cidadanía é a do móbil LGTBifóbico polos insultos que proferían contra Samuel durante a agresión.
Mensaxes de lembranza no lugar no que Samuel foi asasinado. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Detidos tres coruñeses como presuntos autores do asasinato de Samuel

A Policía Nacional procedeu ao arresto de tres veciños da cidade de entre 20 e 25 anos como autores materiais do crime, de posíbel motivación homófoba.

"Maricón"

compostela arxina 2
SOCIAL

Galería de imaxes: 'Xustiza para Samuel'

Un grupo de persoas reivindicando os dereitos da comunidade LGTBI. (Foto: Europa Press)
star
Caderno de verán 'Máis'

As persoas LGBT+ no ámbito científico

O 5 de xullo reivindícase a presenza do colectivo na ciencia. O Día das Persoas LGBT+ na ciencia conmemorouse onte, 5 de xullo, nunha xornada que reivindica o papel dos científicos e científicas do colectivo para erradicar a discriminación que sofren. Ademais, a celebración tamén busca servir de apoio ao alumnado LGBT+ que realiza estudos das ramas científicas proporcionándolles referentes profesionais LGBT+.
Amizades de Samuel Luiz no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press).
Concentracións en sinal de repulsa en máis de 70 vilas

A Policía estuda "todas as vías" para esclarecer o crime de Samuel Luiz

Malia que aínda non se produciron detencións, a Policía xa tomou declaración a sete persoas como presuntas autoras da malleira que acabou coa vida de Samuel. Dúas amigas que presenciaron a escena aseguran ter escoitado como lle berraban "maricón de merda" mentres o golpeaban, sen posibilidade de se defender da agresión.
Imaxe da concentración que decorreu na Coruña, cidade onde Samuel foi asasinado. (Foto: Lucía Pita)
SOCIAL

Miles de persoas enchen as prazas da Galiza para exixir xustiza para Samuel

A resposta da cidadanía á convocatoria de manifestacións e protestas na honra do mozo de 24 anos asasinado na Coruña a pasada fin de semana foi masiva. A coruñesa praza de María Pita estivo ateigada de xente, mais tamén outras localidades concentraron centos de persoas en repulsa polo crime, pois en plena axenda do Orgullo non se descarta a motivación homófoba.
Esta fin de semana vandalizáronse diferentes elementos do Campo de Caracacho, en Monterroso, onde cada mes de agosto decorre o festival internacional Agrocuir (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O discurso do odio espállase pola Galiza: medran as agresións contra o colectivo LGBT+

En apenas unha semana e media, coincidindo precisamente coas celebracións polo Día do Orgullo, inzaron por todo o país senllos actos vandálicos co obxectivo de insultar e ameazar as persoas homosexuais. As mensaxes de odio e as agresións, físicas e verbais, medran alentadas pola extrema dereita.
Bandeira LGTBi
SOCIAL

Rachan e queiman a bandeira LGTBI do comité antisida da Coruña

Unha veciña deu a voz de alarma.

LGTBi
SOCIAL

Convocan concentracións en repulsa polo asasinato de Samuel Luiz

Xustiza para Samuel, exixen nas redes colectivos sociais e amizades de Samuel Luiz, mozo de 24 anos asasinado na madrugada do sábado na Coruña. Faleceu a consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas. O colectivo Avante LGTB+ anuncia concetracións para a segunda feira e exixe que se esclareza se se tratou dun asasinato LGTBfóbico.

A xornalista e escritora, Eva Mejuto. (Foto: Cedida) #evamejuto #deputacióndacoruña #diversidade #lgtbiqa #lgtbi #lgtbqi+ #orgullo #investigación #libro
Eva Mejuto traballa no libro 'A memoria diversa'.

Eva Mejuto: "As entrevistadas resaltan que, malia os avances, a igualdade do colectivo LGTBIQA non é real"

Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) é doutorada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicadas diversas obras como 22 segundos, onde trata a historia dun mozo trans, ou Memoria do silencio, unha novela que se desenvolve na Galiza durante a Segunda Guerra Mundial. Agora mesmo está a traballar na obra A memoria diversa, un libro que forma parte do proxecto homónimo da Deputación da Coruña. 
Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

O Estado dá luz verde a unha 'Lei Trans' inzada de críticas

Após varios meses de leas internas, o Goberno estatal vén de dar o primeiro paso cara á aprobación definitiva da 'Lei Trans', un texto que os colectivos LGBT+ consideran "insuficiente". Desde un sector do feminismo, por outra banda, alertan da "fraude como consecuencia da arbitrariedade".