literatura

A escritora Xulia María Barros en Redondela, a súa vila natal, protagonista da súa última obra (Nós Diario).
CULTURA

Xulia María Barros: "Unha maneira fundamental de aprender das crianzas é a través das historias dos maiores"

Xulia María Barros é escritora e terapeuta. Publicou, entre outras, a obra infantil Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques  Pequeñoles. Como intérprete musical, outra das súas paixóns, publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites da Galiza, que levou por diversos escenarios do país e tamén viaxou até Arxentina. Agora presenta A árbore dos vagalumes, unha emotiva historia interxeracional moi relacionada coa súa experiencia vital e co municipio onde naceu: Redondela.
A escritora Moncha Prieto na súa casa de Gundivós, Sober (Nós Diario).
CULTURA

Moncha Prieto: "Algunhas amizades literarias catalás preferían que lles falase galego e copiaban palabras"

Moncha Prieto entra no mundo editorial galego coa súa primeira obra en solitario, o libro 'Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra'. En realidade sempre estivo presente a través dos seus programas de radio en galego en Catalunya ou en numerosas publicacións colectivas realizadas na emigración. As duras experiencias da súa contorna, a maioría en tempos de guerra e posguerra, xorden da memoria e pasan polo seu torno para chegar a ser literatura. 
'Os fillos do sol', de Cándido Pazó, será publicada proximamente na nova colección de teatro de Galaxia. (Foto: Cristina Becerra) #teatro #cándidopazó #osfillosdosol #galaxia
Galaxia anuncia unha nova colección dedicada ao teatro

A literatura dramática deixa as táboas para asomar aos andeis das librarías

Nos últimos anos, son varias as editoriais galegas que abren espazos para ocuparse dos textos escritos para o teatro. Tradicionalmente esquecida, a literatura dramática comeza a abrirse un discreto oco nos catálogos das editoras galegas, aínda que a súa aceptación por parte do público lector segue estando 
en cuestión.
A escritora Concha Blanco. (Foto: María Canosa) #conchablanco #escritora #literaturainfantilexuvenil #sermosgaliza #mestra #aelg #cee #letrae #literatura #cultura
CULTURA

A homenaxe á escritora Concha Blanco terá lugar o sábado en Cee

Faranlle a entrega da "Letra E" da AELG
A escritora Concha Reixa. (Foto: María Canosa)
star
Entrevistas

Concha Blanco: A forza do empeño

A literatura infantil en galego non sería o que hoxe é sen o traballo dos mestres e mestras que abriron camiño escribindo para o seu alumnado cando non había nada. Cando o galego acababa de chegar á escola despois de tanto tempo proscrito. Concha Blanco (Lires, Cee, 1950) é unha destas docentes que comezaron por pura necesidade e por amor polo alumnado, pola lingua e polo país. Corenta anos despois ten publicados máis de 50 libros. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dedícalle este ano a homenaxe A Escritora na súa Terra -Letra E. 
O escritor Raúl Dans. (Foto: Carlota Dans / AELG)
star
Libros

Só un bo home

Borges en Compostela

Manuel Darriba (Foto: Toño de López)
star
Entrevistas

Manuel Darriba: A voz heterodoxa

Un escritor fracasado, Ganzúa, camiña por un mundo ao que só lle quedan uns días. Porque é a guerra -de clases-. E a catástrofe ambiental. Os Peiteados, seres clónicos ao servizo do Capital protexidos polas Hordas, están dispostos a seguir esmagando a Cotra. Mais o seu destino, como o dos demais, é ser varridos pola Historia. Polo Real que, malia todo, muda. Así é 'A Realidade' (Xerais), a nova novela de Manuel Darriba. Un autor que volve revelarse nesta obra como unha das voces máis orixinais da narrativa galega. 
CULTURA

Un maio de obras escritas galegas imprescindíbeis

O mes de maio remata cunha "boa acollida" ao coleccionábel 'Aí ven o maio!', unha selección de 16 obras galegas imprescindíbeis de ler. 
O mar maniféstase na literatura de múltiplas formas. / Nós Diario
star
Poesía e mar

A poesía que sabe a salitre

A natureza, que se presenta ante nós como incontrolábel, inspirou desde sempre as poetas que comezaron a crear versos que nacían da admiración polo que vían os seus ollos. O mar e as súas ondas infinitas son o xerme de moitos proxectos poéticos que desde as cantigas de amigo chegan até os nosos días. Da man dalgúns libros que teñen o mar como leitmotiv, analizamos dúas ideas: o mar como beleza e o mar como ausencia e reivindicación.
Celso Emilio Ferreiro, nos anos 70 do século XX. (Foto: Cedida) #longanoitedepedra #celsoemilioferreiro #celanova #literatura #literaturagalega #aívénomaio #xoáncarlosdomínguezalberte
star
CULTURA

Longa noite de pedra

'Longa noite de pedra' (1962), de Celso Emilio Ferreiro, é un feito singular na poesía galega. A súa repercusión, contundente e duradoira, contribuirá a visibilizar os paredóns de atraso e represión da ditadura franquista. Esgotada logo a importante tirada da primeira edición, pronto circularán copias dos poemas, convertidos en cancións de protesta, entre o estudantado universitario compostelán. A edición bilingüe de 1967 divulgou os seus versos no ámbito peninsular. A gran popularidade acadada determinou que este título se convertese en símbolo da falla de liberdades de todo aquel período. A proxección do poeta, dunha ampla obra e múltiples rexistros, ficou moi identificada coa denuncia social.
Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
star
CULTURA

Memorias dun neno labrego

Após sesenta anos da primeira edición, cada páxina das 'Memorias dun neno labrego' segue a ser unha tatuaxe colectiva da identidade galega. O marco da aldea vital retratado polo ollar, pensar e sentir de Balbino, un neno da aldea, un ninguén invisíbel a ollos da outra parte do mundo inalcanzábel, o Manolito, o neno do señor. Dous mundos contrapostos no sabor da boroa fronte ao pan de trigo, do caldo fronte ao leite; na lingua propia da casa e na outra allea da escola; no traballo arreo cuxas regras veñen determinadas pola loita de clases. Mais non cabe no horizonte de Balbino o conformismo e a resignación. O refuxio é o pensamento, a observación e a reflexión, para entender e aprender, porque a xente non pode andar “polo mundo como andan as vacas e os burros: percurando somentes pesebre”. Por iso son tan precisas sempre as renovadas lecturas destas Memorias de Nós.

É o mercado, amigo

Retrato de Eduardo Blanco Amor. (Foto: Cedida)
star
CULTURA

A Esmorga

'A Esmorga' ten unha elevada significación simbólica, en todas as ordes, na literatura galega da segunda metade do século XX. Foi orixinada polo asunción consciente dunha realidade nacional negada da que, con desacougo, Blanco Amor fuxira, de mozo, cara á emigración bonaerense. Após unha catarse desexou o regreso á patria, abandonada na procura de salvación nun mundo cosmopolita, e a contribuír ao acervo da nosa narrativa. Na súa xestación xogou un papel moi importante a distancia física e a ollada retrospectiva, dotando de memoria un pasado capaz de revelar os mecanismos de opresión, violencia e destrución nunha sociedade colonial, especialmente contra as clases populares, desde dentro da súa mentalidade. A intensidade compacta esta crónica de 24 horas nunha cidade galega, entre o XIX e o XX, con tres personaxes, no gume da navalla, e o desenlace das súas vidas. 
Uxío Novoneyra no Courel. (Foto: García Cabezón)
star
CULTURA

Os Eidos

Son os poemas d’'Os eidos' (1955) de Uxío Novoneyra os ecos poderosos da nosa montaña interior e dos seres que a habitan na paz de todo o vivo. A beleza irrepetible dunha voz que é revelación e música. A chave dos campos para abrir cada cancelo e comprender a inmensidade da existencia, a  profundidade do amor, a extrema condición do canto e os substratos infinitos dunha fala ancestral e futura: nela entendemos o canto do paxariño pousado no bicarelo do bico do brelo e con ela somos quen de lles tocar as mans aos antepasados. Unha tuba grandiosa que proxecta o estremecemento sutil do mínimo, cos pés postos en Parada do Courel, desde onde se contempla e comprende o universo. 
Retrato de Cunqueiro feito por Laxeiro. Cunqueiro quería que fose na primeira edición do 'Merlín e familia', tal como lle manifestou ao seu editor Fernández del Riego, pero que, finalmente, non figurou no libro. (Foto: Cedida)
star
CULTURA

O Merlín de Cunqueiro e outras historias

A aparición do 'Merlín e familia' de Álvaro Cunqueiro na Galicia de mediados do século XX viviuse como un acontecemento literario de primeira magnitude. A obra marcou un antes e un despois na historia das nosas letras e moi ben pode dicirse que con ela comezou o Rexurdimento pleno da Narrativa Galega de Posguerra, que tivo como precursor 'Á lus do candil', o título do seu fraterno compañeiro de tantas angueiras Ánxel Fole. Máis de medio século despois, o inimitable universo do Merlín e familia segue a fidelizar moreas de lectorado novo, o libro é reeditado unha e outra vez e vese traducido ás máis variadas linguas, por non falar das versións fílmicas e adaptacións teatrais ás que foi dando lugar e a inxente cantidade de estudos, exposicións e outras actividades que fixo agromar.
Manuel María nunha conferencia en 1950. (Foto: Arquivo Casa Museo Manuel María)
star
CULTURA

Terra Chá

'Terra Chá' é o libro máis representativo de Manuel María (1929-2004). Traballou nel ao longo de medio século pasando, en sucesivas achegas, dos 55 poemas da primeira edición aos 144 da definitiva. Manuel María abandona a poética intimista, existencial e irracionalista dos libros anteriores ('Muiñeiro de Brétemas', 'Morrendo a cada intre' e 'Advento') e ábrese a unha poesía étnica, antropolóxica e social, ollando a realidade circundante e expresándoa dun xeito directo e intelixíbel. 
Ana Domínguez Abruñedo cos dous primeiros números da revista 'Abano' (Abano Revista).
CULTURA

Ana Domínguez: "Á maioría das entidades non lles interesa a revista se nela non se atopan artistas de renome"

Cando non existen canles de difusión hai que crealas. Foi o que pensou Ana Domínguez Abruñedo cando se decidiu a facer unha publicación en formato revista para dar a coñecer a obra de artistas que non tiñan oportunidade de mostrar o seu traballo. Xunto á súa compañeira Andrea Botella deu forma á iniciativa que leva por nome 'Abano'. Con dous números xa na rúa, o primeiro esgotado, son a proba de que acertaron.
Daniel Castelao nun retrato de Joaquín Pintos (ca. 1931). (Foto: Museo de Pontevedra)
star
CULTURA

Sempre en Galiza

'Sempre en Galiza' é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza.
Ramón Otero Pedrayo nos anos da segunda república. (Foto: Fundación Otero Pedrayo)
star
CULTURA

Arredor de si

'Arredor de si', unha das novelas máis relevantes da literatura galega do século XX, narra o difícil camiño de procura da propia identidade do seu protagonista, Adrián Solovio (en certo modo, unha imaxe de Ramón Otero Pedrayo e os seus compañeiros galeguistas), polo que foi interpretada tradicionalmente como a crónica da formación e experiencia intelectual do grupo Nós. Para alén disto, a novela ofrece outras posibilidades de lectura que fan que continúe a ser unha obra suxestiva pois, a partir do relato desa viaxe espacial e intelectual de Solovio, o relato lévanos da man a través dun proceso de reflexión e análise que nos obriga a reflectir sobre que é o que define unha identidade nacional.