literatura

Darío Xohán Cabana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana

Esta noite, aos 69 anos de idade.
'Unha rapaza de provincias' é a última novela da escritora Cecilia F. Santomé para Xerais. (Foto: Cedida) #xerais #ceciliafsantomé
CULTURA

Cecilia F. Santomé: "Quixen explorar a posición das mulleres dentro do movemento migratorio"

"1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán". Tamén unha Barcelona abafante. Unha cidade "de paso". Eis a presentación d'Unha rapaza de provincias (Xerais, 2021), a última novela da escritora Cecilia F. Santomé. Un tributo a esa emigración galega "interior, en feminino".

A escritora e activista Adela Figueroa Panisse. (Foto: Arquivo Nós Diario).
CULTURA

Adela Figueroa: "O minifundio é ecolóxico, é sustentábel e pode dar alimento a moita poboación"

As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (Laiovento, 2021) é unha novela da escritora e activista Adela Figueroa Panisse. Unha historia sobre a resistencia ao franquismo na Galiza, sobre a revalorización do rural, do minifundio... Unha historia sobre a vida e as mulleres que a fan posíbel.

Anxo Mena (Imaxe: Nós Diario)
CULTURA

Anxo Mena, premio Pérez Pallaré de poesía

A XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pallaré recaeu esta sexta feira en Anxo Mena, nado en Carral en 1982.

O cabaleiro Jacques
de Lalaing.
star
MEMORIA E HISTORIA

Ponthus, rei literario da Galiza, no ‘Pas de la Fontaine des Pleurs’

Ningunha persoa versada en literatura francesa medieval pode dubidar da importancia que outrora acadou Le roman de Ponthus et Sidoine, obra anónima que recentemente hai quen a atribúe a Geoffroi de La Tour Landry, cabaleiro francés e escritor do Livre du Chevalier de La Tour Landry pour l’enseignement de ses filles. Porén, a autoría daqueloutra obra non está asegurada e disque se redactada entre 1390 e 1425. A partir de entón, como achega Henrique Harguindey, elabóranse copias que esparexen a fantástica historia de Ponthus, fillo do rei da Galiza, e Sidoine, filla do rei da Bretaña.
A escritora Ana Cabaleiro (Foto: Alba Sotelo)
star
Libros: 'Deixádenos remar', de Ana Cabaleiro

Escritos nas paredes

O punto de partida é a chegada dos novos inquilinos á urbanización de chalés que acaba de inaugurarse nunha zona periférica de Compostela. A forma na que son recibidos, con pequenas e grandes falcatruadas por parte do resto do barrio, evidencia unha cuestión coñecida pero pouco tratada literariamente: a difícil conexión entre a poboación tradicional dos arrabaldes coa nova "xentrificación"
A filóloga Iria Pedreira Sanjurjo é a tradutora de 'Ión' e 'Ciclope', de Eurípides, ao galego. (Foto: Eva Mirás).
CULTURA

Iria Pedreira: "Na sociedade existe un desprezo xeneralizado cara ao valor do saber"

A colección Vétera de Rinoceronte continúa a medrar da man dos clásicos. Desta volta foi a filóloga Iria Pedreira Sanjurjo a encargada de traer para o galego, e por vez primeira, Eurípides. Fíxoo con Ión e Ciclope, dúas obras dramáticas moi curiosas que presentará esta sexta feira, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Xanceda (Mesía).

Carlos Meixide e Berta Dávila.jpg
CULTURA

Berta Dávila e Carlos Meixide lanzan o selo editorial independente "Rodolfo e Priscila"

A editora inaugura o seu catálogo co libro 'A poesía como arte insurxente' de Lawrence Ferlinghetti, traída ao galego por vez primeira grazas á tradución do poeta e xornalista Daniel Salgado
Lucía Gómez Álvarez é mestra e especialista en Audición e Linguaxe. (Foto: Cedida).
CULTURA

Lucía Gómez, mestra: "A falta de empatía e comprensión son as maiores dificultades de accesibilidade"

A Editorial Galaxia acolle, na súa colección "Lectura fácil", o libro Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo, de Lucía Gómez Álvarez. Trátase dunha obra que conta con pictogramas para achegar a todas e todos os lectores o labor cultural deste persoeiro, quen será homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Conversamos coa súa autora, mestra e especialista en Audición e Linguaxe, sobre literatura accesíbel.  

A escritora Inma López Silva vén de gañar o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía (Foto: Judith Cendón).
CULTURA

Inma López Silva: "Son unha das primeiras sorprendidas de ter escrito un libro de poemas"

A escritora Inma López Silva é a gañadora da actual edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dobro. O xurado destacou da súa obra, Clepsidras, “a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxía feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir”. Conversamos coa autora sobre o seu inesperado salto á poesía. 
 
A escritora Emma Pedreira vén de publicar 'Os libros que hai en min' en Cuarto de Inverno. (Foto: Cedida).
CULTURA

Emma Pedreira: "Os libros son como unha vitamina que pode axudar a que te reconcilies co mundo"

Desde a xenerosidade de quen partilla unha especie de tesouro, un ben prezado. Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno, 2021), de Emma Pedreira, é un convite a outros mundos. É a listaxe dunha bibliófila declarada. As historias (anécdotas, reflexións, confesións) dunha lectora voraz. Dunha escritora voraz. É tamén un "ensaio que percorre a vida dunha bibliópata", ou quizais un "kit anticatástrofe". 

Maria Alonso autora de Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres. Foto: Aieg).
CULTURA

María Alonso, escritora: "A nova vaga migratoria é un fenómeno masivo"

Desarraigamento, fogar, tránsito, retorno... Son palabras que marcaron, e marcan, unha xeración e unha época. A editorial Galaxia acolle na súa colección Hoxeéhoxe Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres, de María Alonso Alonso. "Un libro de conversas" que pon o foco na nova diáspora galega desde o punto de vista das súas protagonistas. Aténdenos a autora pouco antes da presentación da obra, que realizou na tarde desta sexta feira de forma telemática. 

Laura Rei. (Foto: Distrito Xermar / Aelg).
CULTURA

Laura Rei Pasandín, escritora: "Os coidados deberían estar no centro de toda política"

A escritora Laura Rei Pasandín vén de tirar do prelo Madeira e metal (Baía, 2021), un álbum ilustrado especialmente indicado para as primeiras e primeiros lectores. Coa morriña como protagonista, conta a historia de Aixa, unha nena de aldea, dinámica e inqueda, que marcha coa súa familia vivir á cidade. Alí atopará a alegría a través da música, dos sons da terra, do ar... Unha aventura coloreada coas ilustracións de Laura Romero, coautora de Ferreñas e Rock and Roll (Baía, 2019). Conversamos coa súa creadora, Rei Pasandín.

Ledicia Costas vén de presentar a nova aventura da saga dos Minimortos (Foto: Plumeria).
CULTURA

Ledicia Costas, escritora: "A morte galega gaña terreo polo mundo!"

Cada primeiro de novembro, os vivos dunha parte do mundo celebran a festa dos mortos mentres que os minimortos festexan... a dos vivos? Mais a que lle teñen medo os minimortos? Conversamos coa súa creadora, Ledicia Costas, neste Día de Defuntos, para saber máis sobre O Día dos Vivos (Xerais, 2021, con ilustracións de Mar Villar), a última entrega da saga dos minimortos. 
O gañador do Premio Xosé Neira Vilas de novela curta, Virxilio Rodríguez. (Foto: EP).
CULTURA

Virxilio Rodríguez gaña o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O xurado destacou da súa obra, titulada 'Off the record', a "pulcritude estilística" e o seu "sorprendente final". 
Ambos os docentes imparten as súas materias na Facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo. (Foto: DUVI)
Burghard Baltrusch é filólogo

Burghard Baltrusch: "É fundamental que alumnado e público poidan entrar en contacto con investigadoras"

Os docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Burghard Baltrusch e Antía Monteagudo son os encargados de organizar o ciclo Vozes Mulheres nas literaturas en língua galega e portuguesa, aberto ao público e que constará de recitais e faladoiros do 3 de novembro ao 1 de decembro. Neste ciclo divulgativo e de estudo participarán especialistas portuguesas afincadas en Francia, Reino Unido e Portugal, así como a galega Chus Nogueira, da USC. Centraranse no estudo de autoras lusófonas e galegas como Chus Pato ou Isabela Figueiredo.  
Mónica Cores, de Libros e outros contos
star
Reportaxes

Instagram eclosiona en galego

Instagram eríxese como unha das redes sociais máis exitosas e con grandes potencialidades para transmitir contidos de diversos ámbitos. Cun crecemento expoñencial nos últimos anos, moitas persoas aproveitan para dar a coñecer as súas paixóns e ofrecer coñecemento. Na Galiza consolídanse proxectos que teñen en común a querenza pola lingua e a necesidade de falar con proximidade e paixón de libros, arte, historia, cinema… Existe un gran talento e hoxe damos a coñecer as contas de @surfeandolibros, @littera_lupa, @libroscontos, @oarquivodastrasnas, @mulleresgalegas, @pingando.gal e @aspaxinasdesara.
Antonio Reigosa, Maite Ferreiro e Lois Pérez na presentación. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O medo, gran protagonista e gran descoñecido da tradición oral

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) realizará a súa XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral no pazo de San Marcos, en Lugo, o próximo 30 de outubro. O tema escollido como eixo vertebrador da xornada é o medo, que vai ser analizado desde múltiples perspectivas.
premios xerais
CULTURA

Un total de 84 obras compiten polos Premios Xerais

Os gañadores nas tres categorías coñeceranse o 11 de decembro.

 

Posto da AGE nun evento literario, nunha imaxe de arquivo. (Foto: AGE) #editoras #age #literatura #diversidade
CULTURA

A Asociación de Editoras pon o foco na diversidade dentro do ámbito literario

Promove un simposio que decorrerá esta quinta feira en Compostela