literatura

Que si que si

A escritora e colaboradora de 'Nós Diario' Marilar Aleixandre. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Marilar Aleixandre: "A sociedade tende a botar no pozo da desmemoria todas as situacións que resultan un fracaso social"

Marilar Aleixandre é autora da novela As malas mulleres (Editorial Galaxia) premio Blanco Amor. A obra conta a historia das presas silenciadas no cárcere da Coruña no século XIX. Impregnada dun forte carácter feminista, a novela aborda temáticas aínda polémicas hoxe en día, como o aborto ou a homosexualidade, a través de personaxes ficticios e reais, entre os que se encontran Concepción Arenal e Juana de Vega. Este 2022 conmemóranse os 150 anos da morte de Juana de Vega, polo que resulta pertinente recuperar a súa historia a través de narracións como a de Aleixandre.
A Residencia Literaria 1863 é un dos grandes espazos de creación da Galiza. 
(Foto: Residencia Literaria 1863).
star
Reportaxes

As residencias literarias: un oasis para a creación

As residencias literarias eríxense case como templos que fomentan a creación, que permiten frear a voráxine do ruído e centrarse na unión das palabras que eclosionan en historias. Analizamos estes centros de promoción da creación desde a Galiza, onde xermolaron proxectos como a Residencia Literaria 1863 e a Residencia Cidade da Cultura, e contamos coa experiencia de Lara Dopazo, Iria Collazo e Alba Cid, escritoras galegas que gozaron de estadías no estranxeiro.

 

Xuntanza decorrida esta terza feira para trasladar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro (Foto: Fundación Rosalía de Castro).
CULTURA

O Día de Rosalía ten nova data: o 23 de febreiro

Unha recente investigación de Sagrario Abelleira sitúa nesta data o nacemento da autora, e non o 24 de febreiro, como se cría até o de agora.
Enterro da princesa da Galiza e bautizo do seu fillo Olivier (Foto: Nós Diario).
star
MEMORIA E HISTORIA

A historia de Oliver de Castela e Artus do Algarve (I)

A Galiza na obra de Philippe Camus.
Presentación do libro colectivo 'Onda Poética' editado por Positivas en 2018 (Foto: onda.gal).
star
A literatura galega na diáspora

Escribir desde fóra

A literatura galega goza na actualidade dunha moi boa saúde, e espállase polo mundo en dous polos: a escrita desde o propio territorio e a que se concibe na diáspora, desde esa emigración que sempre caracterizou o pobo galego. Os autores e autoras que escriben desde fóra beben doutras fontes e a súa literatura e actividades conteñen uns trazos comúns, tal e como analiza o crítico literario Armando Requeixo, e para o que contaremos nesta reportaxe coas voces protagonistas de Xavier Queipo, Lito Vila Baleato e Isaac Xubín. 
Traslado dos restos do poeta a Folgoso do Courel, esta sexta feira (Foto: Concello de Lugo).
CULTURA

Trasladan ao Courel os restos do poeta Uxío Novoneyra

A familia efectúa o traslado de Lugo a Folgoso do Courel nun emotivo acto que rematou co himno galego e a lectura dalgúns dos seus poemas.
A escritora Lupe Gómez. (Foto: Nós Diario)
Lupe Gómez é gañadora do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

Lupe Gómez: "O ioga curoume moitas veces, alimentoume a nivel creativo e modelou a miña vida e escrita"

Un libro de poesía de gran perfección estrutural e estilística. Estas foron as verbas do xurado do Fiz Vergara Vilariño sobre Montaña Ioga, o poemario de Lupe Gómez que se fixo coa XXI edición do certame.
Ademais da saga 'Dragal', Elena Gallego é autora das obras 'Sete caveiras' ou 'O xogo de Babel'. (Foto: Distrito Xermar)
O 'Dragal Challenge' aséntase na saga fantástica de Elena Gallego

Elena Gallego: "Levar ese universo ás novas plataformas é un modo de achegar a xente cativa á Galiza máxica"

Foi en 2010 cando Dragal I. A herdanza do dragón saía á luz. Logo de cinco libros e sen fechar as portas a un sexto nun futuro, o universo literario creado por Elena Gallego achégase agora ás novas tecnoloxías a través do Dragal Challenge.
Cléomadès subido ao cabalo voador.
star
Un rei literario galego na obra de Adenet le Roi

SORMÁNS "O ROXO"

Ducias de manuscritos medievais europeos –dende Francia até as terras escandinavas, e dende Inglaterra até Italia– plasman unha realidade socio-política galega diferente á que, dende a Península, se nos foi imbuíndo pola forza do castigo e do desprezo. Quer en crónicas históricas, quer en textos literarios, o noso país diferénciase perfectamente de España. E bo exemplo disto certifícase na obra dun dos trobadores máis destacados de Brabante e Flandres: Adenet le Roi.
Carlos Callón - Marcelo Vegi-min
CULTURA

Carlos Callón: "Entendín que o libro podía contribuír a falarmos das nosas fraxilidades e limitacións”

Logo de deixar atrás un período complexo, A abertura da boca fecha unha etapa na poesía de Carlos Callón. Centrado agora na cidade de Lisboa e no xénero ensaístico, o escritor vén de presentar en Compostela o seu último libro de poemas.  
libros
CULTURA

Radiofusión abre unha votación para escoller o “Libro galego de 2021”

O proceso participativo aberto por esta asociación poderá realizarse a través das redes sociais. Os 40 títulos que entrarán formaron parte durante o ano do programa radiofónico “Clube de leitura”.

Sendón é autora de documentais como 'Os fabulosos irmáns da luz', 'Míjau' ou ' Kauflan'. (Foto: Olaia Sendón)
'A crebeira Marabillas' é o novo álbum ilustrado de Olaia Sendón

Olaia Sendón: "Á hora de falar de identidade propia é moi importante ter en conta de onde vimos"

Coa pretensión de contar historias que a definen como creadora, Olaia Sendón comezou a súa andaina no mundo da literatura infantil coa publicación dos libros Xián é terrible e o recente A crebeira marabillas. A profesora e autora de diversos documentais vén de presentar este último na praia de Sardiñeiro, en Fisterra, cun espectáculo conxunto con Silvia Penide para os nenos e nenas do CEIP Areouta.
Camilo Franco (Foto: Moncho Fuentes)
Nova app que visa a cambiar a relación coas lectoras e os lectores

Camilo Franco constrúe un piso para subverter as convencións literarias

Afirma que é unha "nova versión do libro de peto", pero hai algo máis: Piso Franco, a app persoal que acaba de lanzar o xornalista e escritor Camilo Franco, adapta a escrita aos cambios que a tecnoloxía imprime ao consumo cultural.  Nun terreo aínda por consolidar, Franco apunta á hibridación entre xornalismo, opinión e literatura.
Berta Dávila e Ledicia Costas.
CULTURA

Berta Dávila e Ledicia Costas, Premios Xerais 2021

O Museo Meirande, Rande-Redondela, acolleu este sábado o anuncio das obras galardoadas. Bérta Dávila gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con 'Un elefante na sala de estar' mais o Xerais de Novela con 'Os seres queridos'. Ledicia Costas levou o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra 'O neno de lume'.

Lawrence Ferlinghetti. (Foto: Christopher Michel)
CULTURA

Ferlinghetti, rebeldía e inocencia

Fundador da editorial e libraría City Lights coa que deu a coñecer a xeración beat, Lawrence Ferlinghetti é autor dunha obra extensa cunha personalidade propia: "Fun máis o último dos bohemios que o primeiro dos beat", declarou unha vez. Agora, a editorial Rodolfo e Priscila danos a oportunidade de lelo en galego. 
As esculturas que levan as e os premiados. (Foto: Xerais)
CULTURA

'O negociador', 'Seres queridos' e 'Tritón', lemas dos finalistas ao Xerais de Novela

A persoa gañadora darase a coñecer o sábado 11 de decembro.
Miniatura que recrea o Pas d’Armes de la Fontaine des Pleurs, o Livre des faits de Jacques de Lalaing (BnF 16830).
star
Caderno 'Coñecer'

Ponthus, rei literario da Galiza, no 'Pas de la Fontaine des Pleurs' (e II)

Non hai dúbida de que Jacques de Lalaing coñece a novela de Ponthus e Sidoine, mais é significativo que a escolla dentro do repertorio literario cabaleiresco francés para a celebración do Pas d’Armes de la Fontaine des (ou aux) Pleurs. Pois o espazo no que se simulan enfrontamentos militares aparece ambientado con referencias a heroes vinculados coas novelas artúricas e, desta volta, o borgoñón considera idóneo ligalo a ese relato con obvias relacións galego-bretoas. Quizais a escolla se viu motivada por outros aspectos máis, algúns de índole persoal e outros de tipo relixioso-social.
Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
CULTURA

Galaxia reedita tres clásicos de Xosé Neira Vilas

Os clásicos elixidos son Camiño bretemoso, Remuíño de Sombras e De cando Suso foi carteiro. As dúas primeiras falan da emigración galega, mentres que a terceira é unha homenaxe ao seu irmán -que exerceu de carteiro- desde o ámbito da literatura infantil.
Debuxo promocional da xornada sobre literatura dramática da AELG. (Foto: AELG)
CULTURA

O teatro galego e portugués chega á Coruña

O sábado decorrerá o cuarto Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza+Portugal na Coruña. A actividade está promovida pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG).