literatura

Retrato da escritora e musicóloga
Eva Moreda.
star
Entrevista

Eva Moreda: "Cando fun vivir fóra notei que o concepto de 'para toda a vida' xa non existía tanto"

Eva Moreda (A Veiga, 1981) levaba xa por volta dunha década sen publicar en galego. Mais non foi tempo de silencio, senón de experimentación coa propia verba. A escritora, que emigrou en 2006 a Inglaterra,  vive agora en Escocia, onde traballa como profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Desde a diáspora vén de sacar do prelo, con apenas tres meses de diferenza, dous libros: 'Para toda a vida' (Aira) e 'Rapazas de Polar' (Morgante). 
Un encontro durante a primeira edición do festival.
CULTURA

A nova edición do FLIV repasará o 2020 literario

A segunda edición do Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV) celebrarase entre os días 26 e 28 de marzo e prestará especial atención a Pardo Bazán, Cunqueiro, Marcial Valladares, Faustino Rey Romero e Xela Arias

A escritora Uxía Casal, homenaxeada este ano por 'A Sega' como Señora das Letras. (Foto: Ollo de Vidro)
star
Señora das Letras 2021

Uxía Casal: "Un dos problemas máis graves que temos como seres humanos é que falamos pouco dos sentimentos"

Uxía Casal (Compostela, 1957) foi escollida a semana pasada como autora recoñecida este ano no VIII Día das Galegas nas Letras, que desde 2014 organiza a plataforma de crítica literaria 'A Sega'. A escritora, cunha visión crítica, repasa a súa traxectoria na literatura que reivindicaba o entretemento como obxectivo, nunha época na que "todo tiña que ser excelso, sisudo, serio e transcendental". E, por se fose pouco, nun mundo de "machirulos". 
 

O salario dos nosos escritores

Quim Monzó. (Foto: Breme)
CULTURA

A consagración de Quim Monzó, en galego

Kalandraka presenta O porqué de todas as cousas (1993), tradución dunha obra que consolidou o xornalista Quim Monzó como un dos escritores máis relevantes da súa xeración, cun dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea. A crítica galega chegou a consideralo como o equivalente catalán de Suso de Toro. 

Tal día coma hoxe

Entrega Premios 2019sssss
CULTURA

A Deputación organiza seis premios para impulsar a creación literaria

A área de Cultura de Deputación da Coruña convoca este ano seis premios co obxectivo de animar a creación literaria. 
OS-CORPOS23
star
CULTURA

De mecos e máscaras: algúns rastros do Entroido nas letras galegas

Aínda que a temática do Entroido non foi unha tópica espcialmente explotada pola literatura galega, ofrecemos un percorrido por algunhas das obras que se serviron da festa como escenario ou detonante, sen esquecer o carácter máis relevante que as súas formas xogaron na renovación do teatro galego.
Ania González. (Foto: Cedida)
CULTURA

A escrita tamén tributa: algunhas chaves sobre a economía das autoras literarias

A asesora xurídica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e do Centro Español de Dereitos Reprográficos na Galiza, Ania González, repasa as chaves dos informes sobre a situación da creación literaria que as entidades publicaron hoxe. 
Xabier Domínguez e Alba de Evan, de Antela Editorial, mais dúas das obras que editaron (Nós Diario)
LINGUA

Xabier Domínguez: "Hai pais e nais que falan castelán mais queren que os seus fillos coñezan a nosa lingua"

En tempos de pandemia tamén nacen proxectos editoriais. En Vilar de Barrio xurdiu, a mediados de 2020, Antela Editorial. Partindo dun grupo de amigas e amigos, da que forman parte Alba de Evan e Xabier Domínguez, e baixo o paraugas legal dunha asociación cultural, bota a andar esta iniciativa solidaria, comprometida coa transparencia que busca porcentaxes xustas para creadoras e creadores mais potenciar o libro infantil e xuvenil que fomente valores e respecto polo medio ambiente.  
salondolibro
Forma parte do 'ranking' do Observatorio da Cultura

O Salón do Libro entre as mellores iniciativas culturais do ano 2020

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea vén de publicar a súa listaxe coas mellores iniciativas culturais do último ano, onde figura, por primeira vez, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 
Retrato de Daniel Salgado. (Foto: Hilda Carvalho).
star
Entrevista

Daniel Salgado: "Creo que a poesía non ten que contarse contos"

"Finalmente cederemos, iso si. / Porque os xustos sempre ceden", escribe Daniel Salgado en 'Os paxaros e outros poemas'. O xornalista observa a materia, investígaa. Procura a verdade do tomate. Descifra a traxectoria imprevisíbel do voo da lavandeira. Nos lindes, a historia. E a política, porque sempre hai política, dun tempo que se cadra, como advirte Adorno na cita que abre o libro, "está exasperado" e nótase "en que fagamos o que fagamos, equivocámonos".

Risco e Yeats

Capa de 'As probas do mago'. (Foto: Iago Torres París)
star
Contos Estraños

Novelas de fantasía para a mocidade: unha aposta para fomentar a lectura

"A miña primeira novela de..." trae catro títulos como froito dun proceso de micromecenado, centrados en introducir as persoas lectoras non iniciadas en xéneros como a ciencia ficción, a fantasía épica ou o salvaxe oeste. A existencia de obras adaptadas para este público é fundamental para evitar que se teña que acceder a estes relatos, aínda non amplamente estendidos nas letras galegas, a través doutras linguas.
Ilustración de Castelao
na que emprega o humor popular.
star
CULTURA

O humor, do signo de identidade á crítica social

Cara ás outras ou cara a unha mesma, pode desde revelar mecanismos de reafirmarse sobre o que se considera periferia social até facer dunha propia obxecto de autoironía. O humor, nas súas múltiplas faces, é un dos alicerces das formas populares, por voltas tan deostadas. Á súa dignificación contribúen as 'Actas da XIII Xornada de Literatura de Tradición Oral', organizadas pola AELG, a AS-PG e a Deputación de Lugo. 
Nos tres últimos anos publicaron obras de case oito de cada dez autoras e autores. (Foto: Arxina)
star
Camiño do libro branco

A escrita galega en datos: prolífica mais sen profesionalizar

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, como paso previo ao seu libro branco, presentou onte un informe que detalla cuantitativamente a realidade das autoras e autores. Malia a calidade da produción e a súa abundancia, coa forza do colectivo como un dos alicerces fundamentais de resistencia, o sector acusa unha ausencia de profesionalización que se manifesta en múltiplos aspectos e que contrasta con perfís de longa traxectoria. A masculinización do eido apunta a matizarse co incremento de creadoras na última década, maioritarias nas capas de menor idade.
EuropaPress_3522479_fotos_xunta_politica_linguistica_iii_premio_fina_casalderrey_literatura
O prazo de presentación de obras é até o 8 de marzo

III Premio Fina Casalderrey, na busca de acadar unha literatura non sexista

A editorial Baía, a Secretaría xeral de Política Lingüística e Fina Casalderrey presentan a terceira edición do certame litarario que leva o nome da escritora e académica.

O poema somos nós

O catedrático de francés de Bacharelato, Henrique Harguindey. (Foto: Nós Diario)
Henrique Harguindey, tradutor literario

Henrique Harguindey: "Cyrano viaxaba a outro mundo para desde alí reflectir a contra deste"

Henrique Harguindey leva máis de 40 anos dedicado á tradución, labor na que adoita preferir obras de autores marcados polo estilo crítico ou o satírico. Agora trae, na colección "Vétera" de Rinoceronte Edicións, a obra de Cyrano de Bergerac 'Os Estados e Imperios do Sol', sobre a que conversa con 'Nós Diario'.
ernando Redondo, Román Rodríguez, Antón Vidal e Víctor F. Freixanes na homenaxe.
CULTURA

Conmemórase o 60 aniversario das 'Memorias dun neno labrego'

Van 60 anos da publicación do que se convertería nun auténtico fenómeno literario no sistema galego, as 'Memorias dun neno labrego' de Xosé Neira Vilas, falecido en 2015. Son xa 35 edicións cun total de 700.000 exemplares as que o converten na obra máis editada e vendida das letras galegas, así como a máis traducida.