literatura

O turrón

Lara Dopazo foi a gañadora da última edición. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Galaxia convoca o Illa Nova de Narrativa

O premio naceu coa meta de promover a creación literaria entre as e os menores de 35 anos na Galiza.

Situarmos Pardo Bazán

A poeta Olga Novo. (Foto: Anxo Cabada).
star
Libros

Vilarmao, ou o canto incesante de Olga Novo

Só unha persoa que leva en si o olor da terra húmida e a calor que daba o bafo das vacas debaixo do cuarto, que co seu avó aprendeu a vivir rozada polas balas e que aínda hoxe acariña as pedras coa emoción íntima de saber que esas mesmas pedras as tocaron antes as mans dos seus antepasados, só unha persoa con esa sensibilidade, esas vivencias tan profundas na súa aldea de Vilarmao e cunha inquebrantábel fidelidade ás súas orixes pode escribir unha poesía da vida e da terra como a que libro tras libro nos entrega Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, 1975).
Silvia García, a autora. (Foto: Chan da pólvora).
star
Libros

A luz das historias suxeridas

A fascinación de Silvia García pola fotografía antiga anoa este título ao proxecto Os silencios que comeu Alicia, que tivo lugar na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea no ano 2009. 
Reunión do xurado do Premio Jules Verne. (Foto: Xerais)
CULTURA

María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras fanse cos Premios Xerais

Vén de facerse pública en Vigo a XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados cada un deles con 10.000 euros.

Unha pintada feita polo Centro Social Mádia Leva (Lugo) demandando as Letras para Carvalho. (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Carvalho Calero e a codificación da lingua galega

O profesor da Universidade da Coruña e escritor Xosé Ramón Freixeiro Mato aproxímanos ao esforzo que o ferrolán dedicou a tentar solucionar un dos problemas que pesou sobre a lingua na época contemporánea, como foi a ausencia dun código unificador ou norma culta, máis unha consecuencia da súa falta de normalización social, e que converteu Carvalho nunha figura central no proceso de estandarización do idioma no século XX.
Ricardo Carvalho Calero e María Ignacia Ramos no aeroporto de Eceiza en Bos Aires (1974) (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Ricardo Carvalho Calero: 'Beleza, verdade'

Neste artigo, extracto do limiar da escolma Beleza, verdade, publicado por Chan da Pólvora, Pilar Pallarés volve a mirada sobre a poesía de Carvalho Calero, cunha proposta de leitura singular e cunha análise extraordinaria da obra e da personalidade dun escritor fascinante.
Fotografía da familia Carvalho-Ramos. (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Abrindo o camiño: o rosalianismo de Carvalho Calero

O historiador e ensaísta Francisco Rodríguez incide neste artigo na importancia do autor de Scórpio na historia e crítica da literatura galega. Especialmente, fai fincapé na consideración de Rosalía como peza fundamental do renacemento literario, como cabeza cualitativa da súa xeración e figura central de todo o corpus literario que Galiza construíu desde entón.
Ricardo Carvalho Calero con Pilar Pallarés e Francisco Pillado na alameda de Compostela.(Foto: cedida).
star
Reportaxes

Por que celebrarmos Carvalho calero?

Un ano chegaron de Ferrol dous rapaces que traían o sinal dos escolleitos: Ricardo Carballo Calero e Santiago Montero Díaz. O primeiro, serio, metódico e activo, entrou de contado no Seminario [o Seminario de Estudos Galegos], como xa dixen, e comezou a colaborar nel con afouteza, presentando dalí a pouco varias comunicacións ademais de participar nos traballos colectivos e de campo, nas xeiras: será meu compañeiro de habitación na que fixemos pola terra de Melide e axiña fumos bos amigos. A súa traxectoria ulterior foi dunha entrega total a Galicia, pola que traballará ata chegar a ser un dos mestres da nosa cultura non só no eido da filoloxía, en que sobranceaba, senón tamén como poeta, novelista, historiador e crítico1. 
Algúns libros de temática feminista en galego. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que se rebelan contra o machismo

A literatura pode cambiar o mundo, crear conciencia e axudarnos a reflexionar sobre certas problemáticas sociais. Próximo o 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, realizamos unha viaxe polos catálogos das editoras galegas para propor unha escolma de volumes que falan da eliminación das desigualdades de xénero e reflexionan en chave feminista. 
Carvalho Calero, rodeado de alumnado (Imaxe: Nós Diario).
star
Reportaxes

Carvalho Calero: vivir con autenticidade

Son en total oito as colaboracións presentadas neste volume que comeza perguntando por que celebrarmos Carvalho e remata coa palabra do propio autor.
 
Federico García Lorca (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que falan de libros

A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de "libros que falan de libros".
Rosalía Fernández Ríal (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Rosalía Fernández Rial: poesía en movemento

Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación nos poden salvar do abismo en tempos convulsos.
Algunhas propostas da  literatura galega híbridas. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Literatura híbrida: libros que van máis alá

Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.
Manuel Vilariño (Foto: Marga G. Brea).
star
Entrevistas

Manuel Vilariño: luz e Tempo

Abismarse no íntimo. Na luz interior. Coas raiolas da aurora, no espertar do visíbel. É unha das chaves da obra do fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, tal como escribiu el mesmo nun dos seus cadernos. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle até finais de xaneiro Seda de cabalo, unha mostra que, sen ser unha retrospectiva, recolle a súa traxectoria desde os anos 80 até 2005. Nela poden albiscarse boa parte das inquedanzas do artista, como o paso do tempo, o tránsito entre a vida e a morte ou a existencia “na xeografía do confín que é a Galiza”. 
Margarida Carballo (Foto: cedida).
star
Entrevistas

Margarida Carballo Ramos

Desde a fraxilidade da lembranza infantil, Margarida Carballo Ramos comparte os seus recordos da figura paterna, Ricardo Carvalho Calero. Desde o primeiro encontro e as ausencias do cárcere, repasa os seus anos en Ferrol e o traslado a Lugo, así como a toma da Cátedra da Universidade de Compostela, desde a visión tanxencial de quen cortaba tiras de papel para organizar a bibliografía da Historia de Literatura Galega Contemporánea.
 
María Victoria Carballo (Foto: cedida).
star
Entrevistas

María Victoria Carballo-Calero Ramos

María Victoria Carballo-Calero Ramos repasa a influencia de seu pai na súa vida e na súa carreira profesional. Desde unha óptica persoal, a catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo aborda a rigorosa educación no colexio Fingoi e a faceta máis pedagóxica de Carvalho, ou o enfrontamento con Piñeiro e a súa última conversa no hospital da Rosaleda. 
 
Quico valeiras (Foto: Rubén L. Taín).
star
Entrevistas

Quico valeiras: escrita en tensión

"O poema non pode suplanta-lo verbo do rito", declara solemne Quico Valeiras (O Carballiño, 1990) nun verso do seu último libro, O Elo. É esta unha obra senlleira que asina en conxunto con Emma Pedreira, autora das colaxes que dialogan, en nivel de equidade, coas palabras deste ensaio lírico que se artella no gonzo dos rituais de ligazón, para expandir olladas e reflexións sobre conceptos tan complexos e conflitivos como "o sagrado". Este poemario chegaba ao pouco de coñecermos que a libraría Chan da Pólvora, xestionada polo autor, non reabriría após o confinamento.
Paula Carballeira (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Paula Carballeira: esconxurar os medos

Paula Carballeira (Maniños, 1972) vén de recibir o Premio Gala de Libro por A tartaruga Amodovou (Oqueleo), a historia dunha tartaruga que quere percorrer o mundo enteiro para gardar a memoria das paisaxes, dos sons e das palabras: podería ser unha boa definición desta pioneira da narración oral e do teatro infantil. Ademais, nestes últimos meses publicouse Somos os monstros (Xerais) –que gañou o Premio Manuel María de Literatura Dramática–, a compañía Galeatro estreou a súa obra Carabela, e foi a escollida para dar o pregón de inauguración da última Mostra de Teatro de Cangas.