luz

escocia
INTERNACIONAL

Londres respecta o dereito de Escocia a decidir e dá luz verde ao referendo pola independencia

As cámaras dos Lores e dos Comúns veñen de aprobar o mandato lexislativo polo cal o goberno británico cede ao parlamento escocés a potestade de convocar o referendo pola independencia. A consulta realizarase, tal e como xa pactaran Londres e Edimburgo, en outono de 2014
ECONOMÍA

Os prezos da luz e o transporte dispáranse en 2013

O 2013 pesará máis nos petos d@s galeg@s. O ano comezará cunha suba de prezos nas portaxes, o billete de tren e das tradicionais luz e carburantes. Malia a queda do poder adquisitivo provocada polas sucesivas reducións salariais e as políticas de austeridade promovidas polos gobernos español e galego, a chegada do 2013 custará caro.
ECONOMÍA

O recibo da luz subirá "o duplo ou o triplo" do que dixo Rajoy

Facua informa de que o incremento adicional procederá da portaxe progresiva da electricidade, que encarecerá o recibo nun 3% de media, e nun 7,4% para os fogares que teñan un consumo meirande. O Goberno español anunciou unha suba do 3% a partir de xaneiro
MEMORIA E HISTORIA

Luz Fandinho: ''Cada vez que berro fágoo pola miña avoa, pola miña nai e por todas as mulleres''

Naceu no barrio compostelán de Sar e criouse entre libros prohibidos. Con 20 anos levárona traballar para a Arxentina. Porén, a primeira vez que viu cartos foi cando llos deron na rúa, un esmoleiro que sentiu mágoa dela. Dise nacionalista, independentista e feminista. Por se non quedase claro, dise tamén rebelde. O 23 de novembro, hai un mes, esta muller que volveu da emigración cunha presa de Terra nos petos estivo de aniversario. Fixo 81 anos
ECONOMÍA

O BNG insta á Xunta a reclamar en Madrid unha rebaixa do 30% no recibo da luz d@s galeg@s

Tamén pide a derrogación do artigo 38 da Lei do sector eléctrico, que abre a porta a máis unha suba da electricidade ao gravar cun imposto os territorios que producen a enerxía, caso de Galiza, de onde sae pola volta dun 40% máis do que se consome
luz
ECONOMÍA

O recibo da luz, esa costa de xaneiro mensual


@ usuari@ medi@ pasou de 2007 até agora a pagar polo recibo da luz perto de 400 euros máis ao ano. Un incremento para nada alleo a políticas enerxéticas erráticas, a intereses das grandes emprensas e ao déficit que recaen no peto da cidadanía
SOCIAL

Luz verde do PP a que na Galiza impartan aulas docentes que non coñecen a lingua propia

O borrador do concurso de translados topa coa oposición dos sindicatos. Recorda CIG-Ensino que a Lei de normalización lingüística e do propio decreto do plurilingüismo require o deber de manexar o galego en todas as prazas e en todos os niveis educativos
Ao vivo

Suspendida a segunda xornada do 'Festival de la Luz'

A organización comunicou a suspensión da xornada de hoxe polas condicións meteorolóxicas. Confirman que haberá unha segunda edición en 2013.
Luz Casal
Ao vivo

Boimorto e Luz Casal solidari@s no rural

A cantante organiza esta fin de semana un festival para devolverlle ao pequeno pobo no que naceu todo o agarimo que os seus paisanos lle brindaron. Dover, Rosendo, Vega e Chris Barron, entre outr@s actuarán no 'Festival de la Luz'. A recadación das entradas destinarase a unha causa solidaria: a loita contra o cancro.

Un curso sobre a crise dos estudos de humanidades e a tradición galeguista á luz de "Nós"

Aínda que a ciencia e a tecnoloxía poden axudar ao progreso humano, só con elas, sen humanidades, sen ética e sen espírito, non pode avanzar unha sociedade; máis aínda, sen elas, a sociedade non ten futuro. Porque a sociedade constrúese con persoas que crean cultura e desenvolven valores, e non só con máquinas.
ECONOMÍA

O Goberno español minte: o seguinte recibo cobrará a luz, a auga e o gas co IVE do 21%

O ministro de Industria declara que a subida do imposto non se aplicará ao subministro anterior ao 1 de setembro. Mais a Lei do IVE de 1992 ampara ás empresas para cobrar segundo o novo tipo impositivo. Nin PSOE nin PP mostraron intención de mudala
ECONOMÍA

Rajoy e as eléctricas, a polo peto da cidadanía: a luz sobe até os 80€

Será o prezo do recibo medio após a subida do IVE no tipo xeral desde o 18 até o 21% en setembro, tal e como inclúe o último paquete de medidas anunciado polo Goberno español, unha suba de 1,98€ que se vén sumar ao incremento no prezo do kWh vixente desde xullo, de 3,20€ por recibo
ECONOMÍA

Luz verde en Madrid a unha reforma do traballo aínda máis misóxina

Os votos de PP e CiU converten en lei a reforma laboral que levaba en vigor desde finais de febreiro e contra a cal se mobilizaron na Galiza máis de 200.000 persoas o 29M. Modificacións no acceso ás pensións en relación ás 'lagoas de cotización' e o maior poder outorgado á empresa para decidir de maneira unilateral o 10% da xornada laboral ao ano atacan especialmente ás obreiras
ENERXÍA

Luz verde no Senado arxentino á renacionalización de YPF

Tras máis de 14 horas de debate, o proxecto de lei presentado polo Goberno de Cristina Fernández para expropiar o 51% da enerxética propiedade de Repsol saíu adiante