machismo

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
Agora

Ana Miranda advirte da negación da violencia de xénero pola extrema dereita

No debate sobre o Día Internacional Contra a Violencia Machista que tivo lugar esta quinta feira na Eurocámara a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres (dúas na Galiza das 51 no Estado español no que vai de ano), “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”. Pese aos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos de extrema dereita”, alertou a eurodeputada nacionalista, que criticou ademais a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan.

Xornalistas e comunicadoras galegas denuncian as violencias sufridas no exercicio da súa profesión. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

"Un xefe obrigouna a ter sexo con el baixo presión": 127 xornalistas denuncian estes casos de acoso sexual e violencia machista

Comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, fontes violentas, bolseiras acosadas e abusos de poder son algunhas das agresións que relatan as participantes. 60% das consultadas traballa no ámbito da televisión, dos gabinetes e da prensa escrita, aínda que hai representación de todos os formatos e medios.

taximetro
SOCIAL

Detido un taxista en Cangas por dous delitos de agresión a menores

Tratou de bicalas e propúxolle actos sexuais ao levalas a casa

O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
DEPORTES

Rubiales pide o arquivo da súa causa ante o Tribunal de Arbitraxe Deportivo

O mandatario denuncia que está sufrindo un "linchamento".
O seareiro a proferir insultos machistas contra a árbitra galega, Paula Lema (Foto: @anaislopez23).
DEPORTES

VÍDEO | Insultos machistas a unha árbitra de baloncesto galega: "Puta, vai limpar!"

Nun encontro que enfrontaba ao Bembibre contra o Spar Girona no Bierzo, un espectador comezou a proferir insultos machistas de cara á árbitra. “Puta! Vai limpar!” podía escoitarse por parte do espectador que, ademais, mostraba unha actitude intimidante de cara á colexiada.
20% dos adolescentes e mozos varóns (de 15 a 29 anos) consideran que a violencia de xénero non existe (Foto: Europa Press).
star
Análise

Medra o negacionismo machista entre a xente moza

Lola Varela é profesora experta en coeducación.
A publicación do concelleiro do PP en Compostela, Adrián Villa (Foto: X).
SOCIAL

"Recibimos dúas 'fashionarias', Pontón e Díaz". Este foi o comentario machista dun concelleiro do PP de Compostela

A publicación foi feita polo concelleiro do PP en Compostela, Adrián Villa, e segundo o Bloque trátase dun “novo exemplo do machismo máis rancio, que considera que se pode xulgar ás mulleres pola súa maneira de vestir”.
Protesta ás portas da Facultade de Economía da USC. (Foto: Europa Press)
Educación

Máis dun centenar de estudantes exixen apartar da docencia Luciano Méndez após voltar ás aulas

O profesor sancionado en varias ocasións pola USC volve impartir aulas este curso logo de tres anos castigado sen emprego e soldo por comentarios vexatorios e machistas.
A cantidade de tratamentos de beleza e as operacións de cirurxía estética van en aumento (Foto: Felipe Mattos).
Análise

A fiscalización do corpo das mulleres

Lola Varela é Profesora experta en coeducación.
O reitor da UR, Juan Carlos Ayala; a vicerreitora de Estudantes e Extensión Universitaria, Marian Martínez; a decana da Facultade de Letras e da Educación, Asun Barreras, e o presidente do Consello de Estudantes, Ramón Sánchez. (Foto: Europa Press)
A Rioxa

Homofobia e machismo entre os alumnos de Maxisterio da Universidade da Rioxa: "Hai que partirlle as bragas"

A vicerreitora condena os múltiples e reiterados comentarios vexatorios vertidos nun grupo de 'WhatsApp' de novatadas, "que están prohibidas", por parte dos alumnos e contra as súas compañeiras. A Universidade xa abriu un expediente informativo para investigar o sucedido.
A estética da compañía é propositadamente cutre, militante, bufa: distorsionando con retranca o drama para transformalo en crítica. (Foto: Pilar Abades)
star
Escena

A distorsión como arma

Crítica de 'As que limpan', da compañía A Panadaría.

"Ola, guapa"

Pleno do Concello da Coruña.
Agora

28 minutos de silencio no pleno da Coruña, un por cada asasinato machista desde maio

O curso político no Concello da Coruña comezou co primeiro pleno ordinario, que se iniciou con 28 minutos de silencio, un por cada caso de violencia machista desde a anterior sesión, decorrida o pasado 4 de maio. Segundo datos da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero, lembrou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rei, o número de mulleres asasinadas por violencia machista no Estado español ascende a 42 no ano 2023 e a 1.226 desde o 1 de xaneiro de 2003, data na que comezaron a recollerse datos oficiais. Aliás, este ano foi tamén asasinado un menor; 49 en total desde 2003, e quedando até 422 menores orfos desde ese ano.
Casa do Concello da Peroxa (Foto: Elisardojm).
SOCIAL

'Obradoiros de empoderamento para mulleres: Cociña saudábel'. A polémica actividade do Concello da Peroxa

“Haberá actividades do máis variadas para fomentar a actividade física, a autoestima, o coidado persoal, novas tecnoloxías...”, anuncian desde a conta de Facebook do Concello.
O cineasta Woody Allen (Foto: Gian Mattia D'alberto / Lapresse V / Dpa).
SOCIAL

Woody Allen opina sobre o bico forzado de Rubiales a Hermoso: "Non a violou, foi só un bico. Que hai de malo niso?"

"En calquera caso, é difícil entender que unha persoa poida perder o seu traballo e ser penalizada dese modo por dar un bico a alguén", manifestou o cineasta.
Só a resposta unida dunha sociedade madura e concienciada contra o machismo consegue o cambio.
star
Análise

Acabouse

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.
Protesta no Obelisco da Coruña contra Luis Rubiales, esta sexta feira. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
DEPORTES

Novas protestas contra Rubiales: "Non é un biquiño, é un delito"

Unha decena de persoas mobilízase no Obelisco da Coruña para demandar, máis unha vez, o cesamento do presidente da RFEF.
Recepción das subcampioas do mundo por parte do Executivo do País Valencià.
INTERNACIONAL

Polémica pola recepción do presidente valenciano das subcampioas do mundo de ximnasia rítmica

A imaxe oficial do evento fíxose viral nas redes sociais.

En todos os espazos

O profesor da USC Luciano Méndez. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O profesor da USC suspendido tres anos por comentarios machistas reiterados ás súas alumnas volverá impartir clase

O docente encargarase de dúas materias do Grao en Economía