Malpica

Na fotografía deportiva submarina unha das modalidades é a de captar de perto a fauna do fondo marino (Tono García)
Malpica acolle o II Campionato "Trofeo Illas Sisargas"

A fotografía submarina como deporte

O domingo 18 de xullo, Malpica acolle o II Campionato 'Trofeo Illas Sisargas' de fotografía submarina. Este deporte conta cunhas características que mesturan as habilidades propias do mergullo coas da disciplina artística fotográfica. Toda unha experiencia para as persoas que o practican. 
Praia das Torradas (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Da praia dos Riás á punta de Razo

Propomos hoxe unha camiñada entre as puntas da Pedra Negra ou o Cociñadoiro (costa leste de Malpica) e a punta do Chan de Razo (Carballo), no espazo natural protexido como LIC/ZEC Costa da Morte. 
Malpica (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A contorna da praia de San Miro

Na costa de Malpica é imposíbel facer un percorrido continuo polo abrupto do relevo, altos cantís separados por vales fondos e estreitos polos que escoan cara ao mar, en forma de minguados regueiros, as augas dos arredores. 
Buño
Caderno de Verán

Buño ensina o seu segredo

As medidas sanitarias e de precaución fronte á Covid-19 tiveron en suspenso este evento. Finalmente estase a realizar para atraer turistas pero dun xeito diferente ao que viña sendo habitual. Cada familia artesá abrirá as portas do seu taller máis horas, tanto por semana como a fin de semana.
Os zapatiños, secando após o proceso de esmaltado. (Foto: Ártabra).
CULTURA

'Zoquiñas Vermellas' da olaría de Buño para conmemorar o 8 de marzo

naufraxio malpica barco imaxe TVG
SOCIAL

Nova traxedia no mar: un mariñeiro morto nun naufraxio en Malpica

O 'Silvosa' deu volta no porto malpicán esta madrugada

Porto_de_Malpica
Do 1 ao 3 de xuño, en homenaxe a Paco Souto

Malpica celebra a primeira Feira do Libro de Poesía

“A Costa da Morte é poesía. Aquí formouse o Batallón Literario. E saíron poetas de gran calidade: os irmáns Villar, Modesto Fraga, María Lado... Por que non unha feira dedicada ao libro de poesía?”. Eis as razóns de Paco de Tano, presidente da asociación cultural Caldeirón, para organizar a primeira Feira do Libro de Poesía de Malpica.
 

Paco Souto Imaxe de Distrito Xermar
SOCIAL

Falece no mar Paco Souto, percebeiro, poeta e concelleiro do BNG

Pesar en Malpica e na Costa da Morte pola morte cando traballaba no mar deste activista e poeta, coñecido e apreciado como poucos. O Bloque manifestou a súa profundar dor polo pasamento.

Cadea humana Malpica
EN SOLIDARIEDADE CON HADRIáN

Unha cadea humana une Malpica pola atención educativa domiciliaria

De “éxito absoluto”. Así cualificou Javier Sánchez, o presidente das ANPAS galegas, a cadea humana que uniu a casa de Hadrián á escola para reclamar unha correcta atención educativa domiciliaria.

Malpica
Galiza

Movemento en Malpica contra o derrubo da Lonxa Vella e na defensa da memoria colectiva

Case 600 sinaturas piden que non se derrube esta edificación de carácter racionalista construída nos 50 e que se rehabilite o conxunto para diversas utilidades. O Concello quer tirala para facer prazas de aparcamento.

Verónica Martinez e Alberte Momán
CULTURA

Alberte Momán e Verónica Martínez gañan o Certame de Poesía Erótica de Malpica

O episodio é o título do poemario co que Alberte Momán e Verónica Martínez veñen de gañar o IX Certame de Poesía Erótica de Malpica.