morte

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un motorista de 22 anos nunha colisión contra un camión en Pantón (Terra de Lemos)

Un mozo de 22 anos, veciño de Monforte de Lemos, faleceu esta sexta feira nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Pantón (Terra de Lemos), ao colidir a moto que conducía contra un camión. O suceso tivo lugar sobre as 17.40 horas na N-120. A moto na que viaxaba a vítima mortal colidiu lateralmente contra un camión.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un operario en Curtis após caerlle unha árbore enriba

Un operario faleceu na tarde desta quinta feira en Curtis (As Mariñas) nun accidente laboral, ao caerlle enriba unha árbore. Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso aconteceu ás 17 horas no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, onde o home se atopaba traballando. Ao parecer, unha árbore caeu e golpeouno na cabeza. Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, GES de Curtis e Protección Civil da localidade, así como unha dotación do 061, que só puido certificar a súa morte.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un veciño do Incio, na comarca de Sarria, mentres realizaba labores de roza nunha finca

Un veciño do Incio (comarca de Sarria) faleceu esta sexta feira mentres realizaba labores de roza nunha finca. Ao parecer, caeu do muro sobre o que estaba a traballar, mais descoñécense as causas exactas do falecemento. Ao lugar mobilizáronse un helicóptero medicalizado e unha ambulancia, cuxos sanitarios tan só puideron certificar a súa morte.

 

 

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Investigan a morte violenta dun home no seu domicilio de Muros

O corpo sen vida foi achado de madrugada con signos evidentes de agresión, trasladaron fontes policiais.
Un coche da Policía. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Un policía mata nunha gasolineira de Burgos un axente galego perseguido por roubar unha arma na comisaría da Coruña

O falecido acudiu á comisaría na cal estaba destinado para realizar un trámite administrativo en relación coa súa situación laboral. Posteriormente, dirixiuse aos vestiarios do persoal, "momento que aproveitou para subtraer a arma doutro policía forzando o armario onde estaba gardada".
Ryuichi Sakamoto (no centro) xunto a Tom Tykwer e Adele Romanski na 68ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín de 2018. (Foto: Clemens Niehaus / Europa Press)
star
Análise

A necrofilia

O escritor Xavier Queipo analiza a relación dos mitos culturais coa necrofilia.
Operativo de busca despregado nas augas de Terranova (Foto: JRCC Halifax).
SOCIAL

Falece un mariñeiro en Terranova a bordo do 'Vila Nores', propiedade da armadora do 'Vila de Pitanxo'

Fontes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) confirmaron o falecemento deste mariñeiro, aínda que polo momento descoñécense as circunstancias do que podería ter acontecido.
Piscina municipal de Narón (Foto: TEGA Narón).
SOCIAL

Falece un home de 39 anos mentres nadaba na piscina municipal de Narón

Á zona desprazouse unha comisión xudicial que autorizou o levantamento do cadáver, que foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para realizar a autopsia.
Campamento de refuxiados en Myanmar (Foto: Europa Press / Contacto / Guillaume Payen).
INTERNACIONAL

Un ataque con bombas deixa 100 mortes de civís en Myanmar

Ocorreu na aldea de Pazi Gyi, municipio de Kantbalu, cando un avión militar lanzou unha bomba ou varias (varía segundo as versións de prensa), e despois un helicóptero ametrallou o sitio, momentos en que sobrevivintes fuxían e voluntarios acudían en socorro das vítimas.
Un vehículo con guindastre trasladando o coche accidentado. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O condutor do accidente de Xove, no que morreron catro mozos, dá positivo en alcol

Tamén está a ser investigado o outro sobrevivente, de 18 anos, por se incorreu nun delito de omisión de socorro "ao ausentarse do lugar do sinistro sen socorrer os outros ocupantes do vehículo nin demandar auxilio".
Unha muller chora en Uvalde, Texas (EUA), após comunicarse a morte de 19 estudantes e dous profesores nun tiroteo en maio nun colexio. (Foto: San Antonio Express-News / SanAnto / DPA)
INTERNACIONAL

Un de cada cinco estadounidenses perdeu un familiar asasinado a tiros, segundo unha enquisa

17 % dos participantes na enquisa presenciaron un tiroteo en persoa e 4% confesou utilizar unha pistola en defensa propia ou que resultaron feridos no medio os disparos.
en 2021, 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Galiza encabeza a maior sinistralidade e a suba de accidentes en Semana Santa

Das cinco mortes rexistradas, catro correspóndense á traxedia de Xove.
TRaballos de rescate apos o deslizamento de terra en Alausí, Ecuador (Foto: Fiscalía xeral do Estado de Ecuador).
INTERNACIONAL

Un deslizamento de terra deixa 35 mortes en Alusí, Ecuador

De acordo con medios locais, durante a operación de procura e rescate, militares que traballan con equipos especializados localizaron dous novos corpos sen vida na localidade de El Tingo.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Unha muller falecida na Coruña tras ser atropelada por un tren

Unha persoa morreu nesta madrugada na Coruña tras ser tras ser alcanzada por un tren, que realizaba o traxecto entre a cidade herculina e Ferrol.

Josefina Fernández, nun acto de DomusVi. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
Residencias de maiores

O 'legado' de Josefina Fernández en DomusVi: polémica coa vacinación, denuncias das familias e deficiencias constatadas

A fundadora da compañía líder das residencias de maiores na Galiza abandona o grupo 23 anos despois.
Cemiterio musulmán en Malaca (Malasia). [Foto: Pablo L. Mendoza]
POLÍTICA

Unanimidade no Parlamento para impulsar a creación de cemiterios de confesións minoritarias

A proposta, presentada polo BNG, busca "garantir que as familias poidan enterrar dignamente" os seus seres queridos respectando os seus ritos relixiosos, como pode ser o caso da comunidade musulmá.
Camiñante nunha rúa da cidade do Porto (Foto: Diego Baptista / Zuma Press / Europa Press)
SOCIAL

Canto debes camiñar para reducir o risco de morte?

No estudo, os investigadores avaliaron a correlación entre as taxas de mortalidade dos adultos e o tempo que dedican á actividade física.
Ponte de Rande. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

Aparece un cadáver flotando baixo a Ponte de Rande á altura de Moaña

Segundo fontes do 112 Galiza, foi un particular o que avistou o cadáver, dando aviso á Garda Civil.
Un grupo de persoas homenaxeou as vítimas e demandou información diante do centro incendiado en México a terza feira. (Foto: David Peinado / DPA)
star
INTERNACIONAL

Tensións polas normas migratorias dos EUA mentres México investiga a morte de migrantes

Organizacións en defensa dos dereitos humanos critican México por pregarse ás exixencias no ámbito migratorio dos Estados Unidos, que trasladan ao sur a responsabilidade pola chegada de migrantes.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Falece unha muller de 58 anos tras ser atropelada na Laracha

O accidente produciuse na estrada AC-552 ao seu paso por Lestón. Por outra parte, dous homes de 48 e 54 anos faleceron nun incendio na súa vivenda en Lugo que puido producirse por un curtocircuíto provocado polo cargado dun teléfono.