morte

Os estorniños quedaron sobre a rúa, ademais dos vehículos. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Continúa sen explicación a morte en pleno voo dunha bandada de 150 estorniños

As primeiras investigacións descartan que as aves morreran electrocutadas, como se pensou nun primeiro momento. As persoas expertas tamén rexeitan unha infección por gripe aviaria após analizar os corpos dos exemplares atopados no barrio ferrolán de Caranza. A nova teoría céntrase en pescudar se o suceso puido deberse a unha intoxicación.
Os estorniños quedaron sobre a rúa, ademais dos vehículos. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Morre unha bandada de 150 estorniños en pleno voo en Ferrol

As aves precipitáronse ao chan, contra vehículos e mesmo algunha persoa no barrio ferrolán de Caranza na mañá desta sexta feira. A investigación está aberta e as primeiras informacións apuntan ao contacto cunha liña de alta tensión.

Rituais para a sensibilidade en momentos difíciles

A oposición denuncia a falta de transparencia do Goberno galego sobre os efectos da pandemia nos xeriátricos para favorecer DomusVi (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
POLÍTICA

A Xunta blinda as residencias privadas ocultando os datos de falecementos nelas

BNG e PSdeG denuncian a falta de transparencia do Goberno galego sobre os efectos da pandemia nas residencias de maiores para "favorecer" DomusVi  e o PP enxalza a súa xestión, pese ás 788 mortes nos xeriátricos.
Cambio ao galego da lápida do gaiteiro de Laroá, en Xinzo, marco da campaña de restauración (Foto: Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).
LINGUA

'En galego, agora e sempre': a Galiza reclama a memoria lingüística dos seus mortos

A festividade de Defuntos devolve aos cemiterios unha actividade máis intensa da habitual. Son espazos de convivencia diarios que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística busca galeguizar desde hai case tres décadas. A memoria do país debe ser recoñecida no seu propio idioma, non nunha lingua allea.
Solpor no cemiterio de Bonaval, en Compostela (Imaxe: Arxina)
star
Reportaxes

Cemiterios: galerías de arte por explorar

Os tamén coñecidos como 'camposantos' no imaxinario relixioso son máis que uns espazos para a dor e o loito. Demóstrano feitos como a inclusión de dous cemiterios da Galiza na rede europea de infraestruturas desta tipoloxía que paga a pena visitar. As persoas expertas de fóra téñeno claro. As locais tamén, malia que esta forma de pasar o tempo de lecer aínda sexa moi descoñecida na terra. Mais todo é comezar. Como sinala o turismólogo Guido Álvarez, gozar coñecendo o que fixo a Galiza como é "vai máis alá das crenzas e da relixión".
Unha nai pasea co seu bebé nun carriño (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Galiza rexistra 5.557 mortes máis que nacementos no primeiro trimestre

Máis unha mala noticia para a demografía. O Instituto Galego de Estatística (IGE) informa esta sexta feira que os nacementos caeron un 12,21% no primeiro trimestre do ano na Galiza.
Vista do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Sergas)
SOCIAL

Morre unha moza de 24 anos en UCI desde agosto por coronavirus e outras "graves patoloxías"

Unha moza ourensá de 24 anos de idade diagnosticada coa Covid-19 e con outras "graves patoloxías" morreu na tarde-noite da quinta feira nun hospital de Vigo, pero como negativizara días antes de falecer a Consellaría de Sanidade non a inclúe entre as vítimas da pandemia naGaliza.

307 mortes

Un paciente coa Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

As mortes coa Covid quintuplícanse este verán, mais mingua a taxa de letalidade

Persoas expertas sinalan a 'Nós Diario' que, sen os avances na inmunización da poboación galega, o elevado número de contaxios rexistrado este verán tería provocado "un masacre". Aliás, ven "lóxico" que sigan a ingresar nas UCI doentes con coronavirus, e apuntan que esta enfermidade seguirá a infectar ano tras ano "como a influenza".
Concentración o pasado 18 de agosto na Terra Cha para denunciar as prácticas laborais abusivas de Suresxport (Foto: Fruga).
TRABALLO

Denuncian a morte dun traballador de Surexport en Castro de Rei e sinalan as condicións laborais abusivas

A produción intensiva de foitos vermellos na Galiza, dependente da empresa Surexport, vai asociada a unhas condicións de traballo extremas e insuficientes que levan tempo denunicando colectivos ecoloxistas e organizacións sindicais. O falecemento dun mozo de 25 anos a pasa sexta feira, na súa residencia provisional, volve pór o foco na precariedade.
Dúas persoas maiores (Foto: Arxina).
SOCIAL

Galiza anotou en 2020 o peor saldo vexetativo desde que hai rexistros

Producíronse 17.561 mortes máis que nacementos. A pandemia disparou as defuncións un 5%.

Descende a presión hospitalaria mais medran os ingresos en UCI. (Foto: Santi Alvite).
star
SOCIAL

A Covid-19 matou máis do 15% dos maiores de 80 anos contaxiados na Galiza

O traballo 'Un ano da pandemia da Covid-19 na Galiza' analiza as estatísticas das tres grandes vagas por grupos de idade. As cifras non son novas, mais o estudo achega conclusións precisas sobre contaxios, mortes e ingresos.
Veciñanza de Abegondo asiste ao cribado realizado en no municipio [Europa Press].
Galiza

3.000 asintomáticos menores de 20 anos terían actuado como vectores de transmisión da Covid-19

Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes pola Covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos, pese a representar menos do 9% da poboación galega. Son datos recollidos dun estudo asinado por Iván Area e Henrique Lorenzo (Universidade de Vigo); Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Pedro J. Marcos (director asistencial e neumólogo do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Sergas)

 

Nas últimas horas rexistráronse tres novos falecementos pola Covid.
SOCIAL

Tres novos falecementos elevan a 2.319 as víctimas mortais pola pandemia na Galiza

Nas últimas horas faleceron tres persoas na Galiza pola Covid-19, en todos os casos tratábase de doentes con patoloxías previas.
Elena Colmeiro. (Foto: Real Academia de Belas Artes)
CULTURA

Falece a escultora Elena Colmeiro

A súa extensa traxectoria, após seis décadas dedicada á creación, desvela un traballo intenso, innovador e singular.
Dispositivo de realización das PCR. (Foto: Picasa / Europa Press)
SOCIAL

Galiza, segundo territorio do Estado español con máis persoas ingresadas na UCI pola Covid a última semana

O país é o terceiro en número de hospitalizacións. Malia todo, a redución dos contaxios permitiu que hoxe a Xunta anunciara unha desescalada -a diferentes niveis- na maior parte dos municipios. Ademais, a Consellaría de Sanidade comunicou hoxe outros 11 pasamentos.
Imaxe da campaña de vacinación en Londres. (Foto: Stefan Rousseau / PA Wire / dpa)
SOCIAL

Covid: A Xunta notifica 23 novos falecementos de dúas xornadas

Nesta cuarta feira decorreron nove pasamentos, se ben as autoridades sanitarias comunicaron outros que tiveron lugar a principios do mes de xaneiro. O seguimento das consecuencias catastróficas da pandemia na poboación galega é cada vez máis complexo.
Sala habilitada para os cribados da Covid-19 entre a veciñanza de Culleredo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Covid: Galiza supera as 2.000 vítimas pola pandemia

A Consellaría de Sanidade fornecerá datos máis concretos nas próximas horas, pero alertou de que os 28 óbitos contabilizados hoxe decorreron en diferentes xornadas. Ademais, mañá haberá unha comparecencia para explicar o contido da reunión do comité clínico desta terza feira.
Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febrero de 2021. La presión hospitalaria provocada por la pandemia del coronavirus ha vuelto a bajar en Galicia, aunque ligeramente, al registrar 1.283 pacientes ingresados, seis menos que 24 horas atrás. Además, han caído por debajo del millar, hasta los 919, los positivos de covid-19 detectados, mientras que los casos activos se han reducido hasta los 20.887.
6 FEBRERO 2021;OURENSE;EXPOURENSE;CRIBADO;CRIBADO MASIVO;GALICIA;XUNTA DE GALICIA;CORONAVIRUS;VIRUS;
Rosa Veiga / Europa Press
6/2/2021
SOCIAL

Galiza aproxímase aos 2.000 falecidos con covid após a morte de 16 persoas

A Consellaría de Sanidade notificou este sábado a morte de 16 persoas -de diferentes días-, de forma que o total de vítimas na Galiza desde o inicio da pandemia aproxímase ás 2.000 (1.950).