morte

ciclista ciclismo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Morre un ciclista atropelado por unha ambulancia en Santa Comba

O vehículo sanitario estaba en servizo e  levaba unha persoa.
O río Lérez ao seu paso por Pontevedra. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O corpo achado no río Lérez, en Pontevedra, pertence ao veciño de Cuntis desaparecido a semana pasada

José Campos Loureiro fora visto por última vez na contorna do Hospital Domínguez, onde o trasladaran despois de sufrir un accidente. Porén, non chegou a ingresar neste centro sanitario.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Unha muller morre en Ourense por causa dun incendio na súa vivenda

Segundo fontes do 061 a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias da Galiza recibiu unha alerta da existencia de fogo nun domicilio ourensán,na zona de Quintela.
BArrios dos Rosais na Coruña (Foto: Google).
SOCIAL

Falece no hospital o rapaz de 14 anos que se precipitou dun noveno piso na Coruña

Os feitos sucederon sobre as 11 horas e, de acordo cos datos que se tiveron constancia en relación ao suceso, caeu desde un noveno piso sobre un vehículo estacionado na rúa Simón Bolívar. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que o trasladaron con vida ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, onde, finalmente, faleceu a última hora.
Os servizos de rescate da China nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press / Contacto / Jiang Wenyao).
INTERNACIONAL

Un forte terremoto na China deixa, polo menos, 127 mortes e perto de 200 persoas feridas

O presidente de China, Xi Jinping, instou a realizar os máximos esforzos de procura e rescate e garantir a seguridade e propiedade dos residentes da zona, que se atopa nunha rexión de grande altitude onde as temperaturas están en números negativos.
Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).
TRABALLO

Novo accidente laboral: falece un operario de 49 anos nas Neves ao caer dun guindastre

O persoal sanitario que acudiu ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida e o home faleceu no punto.
Nemesio Boente. (Foto: BNG)
Obituario

Falece Nemesio Boente, ex concelleiro e líder do BNG de Ponteareas

"Coa súa traxectoria converteuse nunha persoa querida e apreciada por enriba das diferenzas políticas", salientan desde a formación nacionalista.
Porto de Muros (Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez).
SOCIAL

Morre un home en Muros tras caer ao mar mentres recollía mexilla

Segundo informou o 112 Galiza, un particular que se atopaba no punto deu a voz de alarma na mañá desta terza feira. Tal e como relataba, o seu compañeiro caera ao mar nesa zona.
Itizar Castro, na estrea da película 'Black Panther: Wakanda Forever' en Madrid, o pasado ano. (Foto: Francisco Guerra / Europa Press)
Obituario

Falece aos 46 anos a actriz Itziar Castro

No plano artístico Itziar Castro destacou pola súa participación en series de televisión como 'Vis a vis' ou 'Paquita Salas', e tamén na 'gran pantalla' con títulos como 'Campeones' ou 'Pieles', que lle valeu a candidatura a 'mellor actriz revelación' nos Goya.
Luíntra, capital do concello de Nogueira de Ramuín (Foto: Lembranzas de Armariz).
SOCIAL

A autopsia á muller achada morta en Nogueira de Ramuín non é concluínte

A muller, malferida, foi localizada ao redor das 10 horas desta cuarta feira nunha pista forestal entre Malburguete e O Tuxedo, en Nogueira de Ramuín.
Lugar próximo ao dos feitos en Nogueira de Ramuín (Foto: Google Maps).
SOCIAL

Investigan a morte dunha muller atopada inconsciente, case espida e con signos de violencia en Nogueira de Ramuín

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, trátase dunha veciña de Requeixo, en Nogueira de Ramuín, de nacionalidade ucraína, á que un veciño atopou tirada nun camiño entre Malburguete e O Tuxedo, próximo a unhas casas abandonadas.

Os fíos

Cemiterio de Santa Mariña de Dozo, Cambados, na comarca do Salnés (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
star
Análise

Descansar en paz

Andrea Barreira é escritora. Membro da AELG.
Sala de operacións da central do 112 na Estrada (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Novo accidente laboral: falece un operario en Calvos de Randín nun accidente nunha granxa

Os sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.
Axentes da Policía secreta recollendo mostras esta quinta feira no lugar do crime. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

A autopsia confirma a morte violenta por asfixia da viguesa achada no Porriño

Malia que a muller aparentemente non presentaba feridas, si tiña introducido un anaco de tea na boca, posibelmente un pano, polo que morrería asfixiada. Os investigadores ven posíbel que a morte se producise noutro lugar e que o corpo fose trasladado e "depositado" onde logo foi atopado.
As velutinas teñen predilección polas camelias, sobre todo polas de flor con estames amarelos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Falece un home en Dumbría por picaduras de velutina

O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.
Nené Barral foi alcalde de Ribadumia polo Partido Popular. (Foto Nós Diario9
Obituario

Falece aos 79 anos Nené Barral, o ex alcalde de Ribadumia investigado por contrabando

O ex dirixente popular arrastraba problemas de saúde que lle impediran acudir ao xuízo contra el por unha acusación de contrabando de hai tres décadas.
Axentes policiais recollendo mostras no lugar no que apareceu o corpo da muller. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

Achan no Porriño o cadáver dunha muller con signos de violencia oculto tras un contedor

O corpo estaba oculto entre uns colectores e o muro dunha leira no polígono das Gándaras, perto das instalacións da ITV. A Policía, que non desbota ningunha hipótese, céntrase na posibilidade dun asasinato machista.
Os desprazamentos e a maior exposición ao sol en praias e piscinas eleva o número de incidencias sanitarias no verán. (Foto: Europa Press)
Agora

A Galiza rexistra 36 mortes por afogamento no que vai de 2023

A Galiza rexistrou no que vai de ano un total de 36 mortes por afogamento en espazos acuáticos, das cales tres tiveron lugar o pasado mes de outubro. No conxunto do Estado, desde o 1 de xaneiro de 2023 producíronse 379 afogamentos, o que sitúa este ano como o curto peor da serie desde que hai rexistros. Segundo o informe de afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo Catalunya, con 61 mortes por afogamentos non intencionados, é o territorio con máis sinistros destas características seguido de Andalucía, con 58; País Valencià e Canarias, con 44; Galiza, con 36, e Baleares, con 30. Un 75% destes accidentes tiveron lugar en praias, seguidas de piscinas e ríos.
Niños en un edificio destruído por los bombardeos israelís en Gaza. (Foto: Wang Dongzhen / Xinhua News)
INTERNACIONAL

As cifras da barbarie: morren máis nenos en Gaza nun mes e medio que nun ano de guerras no mundo

A masacre continúa na Faixa e as cifras de mortos aumentan conforme pasan as horas. As crianzas falecidas xa se contan por miles.