mulleres

MULLERES

Empregadas do fogar: un traballo invisíbel, mais agora con dereitos

As organizacións sociais da Galiza emprenden campañas informativas sobre a nova lexislación que atinxe a unha profesión ''desprestixiada e precaria'' en que o 98,2% das traballadoras son mulleres. As xa dadas de alta, integraranse plenamente no Réxime Xeral da Seguridade Social o 1 de xullo
ACTIVIDADE

Un roteiro cultural percorre o Oleiros das mulleres

Máis de cen persoas darán un paseo polo municipio con paradas en Emilia Pardo Bazán e o Castelo de Santa Cruz, Sofía Casanova e as casas onde veraneou en Mera, Juana de Vega e o Pazo da Carballeira en Nós, María Casares co Pazo do Río e Villa Galicia en Montrove
MACHISMO

Exixen que o Concello de Betanzos cancele o concurso ''sexista'' de Raíña das Festas

Galiza Nova convida ao rexedor betanceiro (PSOE) a seguir os pasos do seu homólogo en Sarria (PP), e a destinar os 13.000 euros que o ano pasado custou o certame a finanzar os servizos públicos
'MULLERES FLOREIRO'

O alcalde de Sarria recúa e suspende o concurso de beleza 'por culpa' das feministas

Mulleres Nacionalistas Galegas arremeteu contra a organización do evento, ''sexista e anacrónico'' por parte do Concello, gobernado en maioría polo PP
Críticas

As organizacións para o desenvolvemento denuncian a España ante a ONU polos recortes sociais

Até 20 colectivos acusan a Rajoy de incumprir compromisos internacionais cunhas medidas que ''derrogan garantías legais dos dereitos sociais'' e que deixan espidas xustamente ás persoas máis vulnerables: mulleres, migrantes, xitanas, discapacitadas e nenas
MULLERES

Feijóo quere impulsar a natalidade cun plan que esquece os dereitos sociais das mulleres

O Consello da Xunta aprobou a folla de ruta dun Plan para formentar o crecemento demográfico que non fala da reinserción laboral das mulleres despois do permiso por maternidade, pese a que os incentivos para estes contratos desapareceron coa última reforma laboral. Prométense máis prazas nas escolas públicas, pese a que 5 delas xa foron entregadas ao capital privado. As esperas en Xinecoloxía poden demorar até dous anos
Foto: Mulheres transgredindo
FEMINICIDIOS

Exixen máis prevención e atención directa ás mulleres en situación de violencia machista

O Observatorio da Mariña pola Igualdade quéixase de que os recortes do Goberno español se ceben ''coa loita contra a violencia de xénero'', destinando un 21% menos de orzamento á prevención desta lacra e á atención directa ás mulleres que a viven
"As que rubimos as montañas"

Man a man, poetas etíopes e galegas

Un esforzo colectivo das que subimos as montañas man a man”. Así se presenta As que rubimos as montañas, un libro publicado por Implicadas no Desenvolvemento que recolle poemas de trece mulleres, seis etíopes e sete galegas.

As Marias
O ÁLBUM DO CCG CHEGA AO CENTO DE BIOGRAFÍAS

Cen historias de mulleres

Vidas sorprendentes, obras descoñecidas, episodios ocultos, historias silenciadas. O Álbum de Mulleres que promove a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega recupera as biografías dun cento de mulleres.
Cabeceira da manifestación do 8 de Marzo
DEREITOS FUNDAMENTAIS

''Se o aborto non está garantido, a maternidade é unha obriga''

Mari Fidalgo, da Rede Feminista Galega, e Nanina Santos, redactora da revista 'Andaina', debaten sobre este dereito despois de que a Xunta decidise considerar as mulleres embarazadas "unidade familiar" e cando o Goberno español baralla, no eido legal, un retroceso cara á normativa de 1985
Carmen Lence, no centro, esta segunda feira en Madrid. (Foto: Grupo Lence)
Agora

Dous terzos das persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil

Dúas de cada tres persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil. Así o alertou esta segunda feira en Madrid a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence, durante a súa intervención no II Foron Activistas por un mundo rural, impulsado por Leche Río. "Sen crianzas, o rural non ten futuro, e sen rural, perdemos a nosa soberanía alimentaria", proclamou Lence, que tamén sinalou as mulleres rurais "como unha peza imprescindíbel".