museo

Unha vista do museo de Trabada.
star
Reportaxes

A vida de antes: o novo museo etnográfico de Trabada

"Hai quen quere tocar o ceo, pero en Trabada queremos tocar a terra. Porque só ben fincados na terra poderemos albiscar o futuro das nosas aldeas, o futuro da terra e da Terra: o planeta no que vivimos é coma un grao de semente que contén todo o esencial para a vida. E coñecer a vida de antes é comezar a pensar como queremos que sexa a vida de despois". Pepe Barro, un dos creadores do proxecto do novo Museo Etnográfico de Trabada define así o concepto que giou a súa xénese e que non é outro que coñecer en profundidade "A vida de antes".
Unha vista do Museo Cabanillas que vén de inaugurarse en Cambados.
star
Reportaxes

Ramón Cabanillas: Un museo luminoso

Vén de inaugurarse en Cambados o novo Museo Cabanillas, un reto que o deseñador Pepe Barro asumiu como unha forma de “reinventar” Cabanillas, de explorar nas múltiplas facianas dun autor que foi xornalista, editor, funcionario, loitador anticaciquil e galeguista, dramaturgo, católico, símbolo da resistencia durante o franquismo e, sobre todo, poeta galego. 
O xurado revisa algunhas das obras. (Foto: Rafael Estévez)
CULTURA

O Museo de Pontevedra recoñece o traballo de Rebeca López, Adrián Solleiro, Diego del Río e Daniel Cerecedo

As artistas recibirán bolsas de estudos grazas ao certame Novos Valores 2021 que organiza a sala expositiva dependente da Deputación pontevedresa. O xurado elixiu as súas obras artísticas polas “cargas conceptuais e as reflexións importantes” que recollen.

Exposición permanente no Museo de Pontevedra (Foto Cedida)
CULTURA

O Museo de Pontevedra amplia a súa mostra permanente sobre a Guerra, a represión e o exilio

O Museo de Pontevedra ven de ampliar a súa mostra da obra completa dos álbums de guerra de Castelao con 14 pezas dos artistas galegos, Monteagudo, Feijoo e Campos, que "completan a visión da Guerra Civil, represión e exilio que se viviu nesa época", sinala a conservadora dos fondos do museo, Ángeles Tilve a 'Nós Diario'.
Foto da inauguración da exposición en Foz con algunhas das protagonistas. (Foto: Rede Museística de Lugo)
star
'Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas'

Homenaxe ás mulleres anónimas da Mariña

A Rede Museística Provincial de Lugo, pertencente á Deputación lucense, en colaboración con diversos concellos, asociacións e centros de educación buscan dar recoñecemento ás vidas das mulleres anónimas da comarca da Mariña "porque son as artífices da nosa historia é merecen ser recoñecidas", indica a coordinadora do proxecto 'Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas' Encarna Lago. Na mostra itinerante inaugurada en Foz destaca a exposición onde imaxes de gran formato expoñen o rostro de 16 mulleres da pé de cada concello da comarca.
ribeira
CULTURA

A retirada da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade despexa o camiño ao Prado, ao Raíña Sofía e ao Thyssen

O Sorriso de Daniel, un dos colectivos máis activos en defensa do patrimonio galego, advirte das debilidades da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e pregúntase até que punto o feito de aspiraren á mesma declaración os museos do Prado, o Raíña Sofía e o Thyssen Bornemisza, os tres en Madrid, puideron influír na decisión do Goberno español e do galego á hora de retirar o nomeamento da zona que comprende as ribeiras dos ríos Cabe, Sil e Miño.

Sala da sección de etnografía do museo de Oroso. (Foto: Nós Diario) #etnografía #museo #oroso #historia
CULTURA

Abre as portas o museo da historia de Oroso para reflexionar sobre os avances "vertixinosos"

Oroso conta desde hai escasas semanas cun espazo para atoparse coa cultura tradicional galega. O museo, xurdido da colaboración entre o colexio Camiño Inglés e o Goberno da localidade, opera como recurso pedagóxico, escaparate do pasado do concello para visitantes e lugar de estudo da Historia da comarca de Ordes.
Vista aérea do Castelo de Sobroso. (Foto: Concello de Ponteareas)
CULTURA

O castelo de Sobroso, máis preto do aproveitamento museístico

A Deputación de Pontevedra anunciou esta segunda feira a adxudicación das obras da última fase deste proxecto. Investiranse máis de 260.000 euros para crear unha experiencia audiovisual neste espazo que enriqueza a visita das e dos turistas.

EuropaPress_3444025_estatua_velazquez_frente_museo_prado_paseo_prado_madrid_22_noviembre_2020
CULTURA

Madrid recibe 95% dos fondos para museos

Unha investigación do Institut Valencià d'Investigacions Econòmiques analiza os mecanismos fiscais, económicos e de planificación territorial que converten a capital do Estado español nun polo de atración tanto económico como demográfico.
Interior da Biblioteca Ánxel casal de Compostela (B. Ánxel Casal)
CULTURA

As profesionais de arquivos, bibliotecas e museos piden que se apliquen plans de igualdade

Emiten un comunicado no que demandar que as persoas “estean no centro” e revisar as políticas arquivísticas, bibliotecarias e museolóxicas con perspectiva de xénero.

Un momento da presentación desta mostra. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

O Museo de Pontevedra amosa arte procedente do espolio nazi

A sala Castelao da infraestrutura pertencente á Deputación de Pontevedra acolle unha mostra temporal na que se xuntan diversas pezas que foron roubadas e que van ser devoltas ás e aos seus lexítimos propietarios.
O Museo do Pobo Galego reabriu onte. (Foto: Arxina)
star
CULTURA

A cultura esperta da parálise coa reapertura de espazos

Cinemas, teatros, auditorios, museos e bibliotecas reabren hoxe na Galiza, logo de dúas semanas de letargo, ou farano progresivamente nos próximos días, a 30% da capacidade e cun rexistro de asistentes. Entre as problemáticas de situacións tan diversas, a continúa readaptación e conexión co público semella unha das máis comúns. Ademais, a política da Xunta deixa de novo fóra dos espazos culturais as salas de concertos, asociadas ao ocio nocturno.  
20210212_151018
Formou parte da mostra 'Museo (do ermitán) Man'

A réplica da casa de Man vai para Camelle

O Centro Galego de Arte Contempórane (CGAC) cede ao Museo de Camelle a réplica da casa de Manfred Gnädinger, o alemán ou Man de Camelle, á galería da vila bautizada co nome do artista.
A deputada Mercedes Queixas no pleno do Parlamento (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Nace a lei de museos entre críticas por carecer de contido

Aprobada só cos votos do PP a primeira Lei de Museos da Galiza, que a oposición ve "baleira de contido".

Castelao

A Deputación falou do legado de Castelao nun congreso. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

O Museo de Pontevedra revela nun congreso a “complexa recuperación” do legado de Castelao

A conservadora Ángeles Tilve falou no marco da cita “Encontros museísticos. As coleccións do exilio”. Por vía telemática explicou que Castelao é quizais a figura máis simbólica e representativa do século XX na Galiza”.
Aurelia Balseiro, Maite Ferreiro e Encarna Lago na presentación das actividades. Nós Diario, museos deputación
CULTURA

Os museos de Lugo ofrecen visitas virtuais en 3D

A rede provincial pertencente á Deputación anuncia a adaptación ás condicións restritivas causadas polo coronavirus. Así terá alternativas quer para as crianzas, quer para as persoas máis maiores.
EuropaPress_2401279_grupovigo_np_depo_expo_galaicos_no_museo_pontevedra
CULTURA

O Museo de Pontevedra impulsa o coñecemento da arte rupestre

O espazo expositivo, que depende da Deputación, abre unha nova quenda para que as crianzas poidan participar nos obradoiros con motivo do Día Europeo da Arte Rupestre. Un dos obxectivos é que a rapazada aprenda a protexer o patrimonio do país.
Silvia Blanco, Maite Ferreiro, Encarna Lago e Ana Goy na presentación da Declaración Lugo-Lisboa
CULTURA

Unidas por unha museoloxía "de e para a vida"

Esta quinta feira presentouse en Lugo a Declaración Lugo-Lisboa, unha conclusión da XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional sobre Museoloxía Social (Minom). Trátase dun documento que reivindica o labor social dos museos e a súa inserción no territorio e na comunidade, un texto que aglutina moitas sensibilidades e servirá de referencia para as profesionais no futuro. Destaca ademais a creación, con motivo do evento, dun grupo estatal inserido no Minom, co impulso fundamental da Rede Museística de Lugo.  
A obra 'Rotación', de Menchu Lamas, é unha das incluídas na mostra 'Wonder Women' do CGAC (Mark Ritchie)
Cultura

A arte galega tras o confinamento, aínda máis precaria

Os museos e galerías galegas van recuperando progresivamente a actividade no seu avance cara á nova normalidade. A adaptación dos protocolos de seguridade está a ser máis difícil nuns casos ca noutros. Nós Diario conversa con diferentes perfís do mundo da arte para explorar as principais dificultades e desafíos que afronta o sector, xa de seu dominado pola precariedade, nestes tempos de COVID-19, con especial atención á desconformidade expresada por grupos sectoriais como A Colectiva ante as medidas de reactivación anunciadas en maio pola Xunta.