opinión

Imaxe do Festival
CULTURA

O Festival Espazos Sonoros entra en parcería co In Spiritum de Porto

O Festival Internacional In Spiritum de Música e Contemplaçao na Cidade do Porto conta con dous parceiros na súa segunda edición. O Festival Espazos Sonoros da Galiza e o Música Antiga de Diamentina no Brasil. 

TRABALLO

Mariñeiros galegos en Noruega reclaman que se denuncie o país no TEDH

Máis dun cento de persoas exixiron que a Xunta defenda o seu dereito a percibiren as pensións. 

POLÍTICA

Francisco Caamaño deixa o Parlamento

O deputado renuncia á súa acta e volverá dar aulas á Universidade.

Úrsula Heinze
PRESENTA "..E OS DOMINGOS, UN CROISSANT"

Úrsula Heinze: "A escritura sempre foi a miña salvación"

Cando a escritora ingresa no sanatorio psiquiátrico a causa dunha depresión, o caderno e o bolígrafo son os seus compañeiros. Úrsula Heinze presenta ... e os domingos, un croissant (Alvarellos) o día 23, Día do Libro, ás 19.30 no Sanatorio "La Robleda". 

INTERNACIONAL

Máis dun milleiro de persoas mortas nunha semana no Mediterráneo

Segundo unha das superviventes do último naufraxio no buque viaxaban 950 persoas. O pasado ano a cifra superou as 3.200.

Protesta do persoal de Telefónica en Pontevedra (Foto: CIG)
TRABALLO

“Telefónica estalle a roubar cada ano 170 millóns de euros ao persoal das subcontratas”

As e os traballadores do sector están en greve indefinida dende o 14 de abril perante o que denuncian como abusivas condicións de traballo. Piden que se cumpra o convenio en materia de salarios e horarios.

TABOLEIRO DEPORTIVO

Vitoria do Celta; Breogán e Ourense loitarán polo ascenso a ACB; o Liceo perde a OK Liga

Boa xornada do equipos galegos na Segunda B, que tivo como partido destacado o empate entre Compos e Coruxo. Na Liga Asobal, o Cangas perdeu en casa.

Campionato Galego de Bateis (Foto: C.R. Chapela)
NAS FINAIS MASCULINA E FEMININA

Moaña e Samertolameu, campións galegos de bateis en categoría sénior

Os dous equipos do Morrazo competirán en casa polo título español a vindeira semana xunto a Cabo da Cruz e Tirán, en categoría masculina; e Chapela e Mecos, en categoría feminina. 

POLÍTICA

Palmou di que o Consello de Contas carece de recursos suficientes contra a corrupción

“Pode que teña que deixar de facer algunhas funcións”, advertiu o conselleiro maior do organismo, preguntado pola reforma que será debatida nos próximos días no Parlamento galego.

Iñigo Errejón
ERREJóN DEFENDE "NACIONALIZAR A CAMPAñA"

As presións de Madrid levan a Podemos Nafarroa a renunciar á consulta sobre Euskadi

No rascuño do programa eleitoral da formación emerxente figuraba como proposta a realización dunha consulta popular para decidir a re-integración de Nafarroa en Euskal Herria. A dirección central de Podemos vetou esa iniciativa, que desaparece finalmente do programa con que a organización de Pablo Iglesias concorrerá nas autonómicas do 24M.

(Foto: Carballo Interplay 2015)
CRÓNICA DO CARBALLO INTERPLAY

E os irmáns Lumieira chegaron a Carballo

O Carballo Interplay premia á británica Future Duck como mellor webserie internacional e ás galegas Fame Clases de lo social.

Membros das Irmandades nunha excursión
CULTURA

Lanzan unha campaña para que 2016 conmemore o centenario das Irmandades da Fala

O comité promotor ‘Ora Galega’ impulsa unha recollida de apoios na rede e unha proposición non de lei no Parlamento galego, que foi existrada polo BNG e o Grupo Mixto.

Ruxe Ruxe
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Ruxe Ruxe: 'Un mundo perfecto'

Guitarras, gaitas, ventos, optimismo e punk rock podería ser o resumo deste novo traballo de Ruxe Ruxe.  

Gonzalo Hermo
CULTURA

Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga, Premios da Crítica en poesía e narrativa en galego

Celebración de Gonzalo Hermo (Apiario) en poesía e Zapatillas Rotas de Xabier Quiroga (Xerais) en narrativa foron recoñecidos pola Asociación Española de Críticos Literarios cos Premios Nacionais da Crítica en lingua galega que anunciaron en Pontevedra. 

SOCIAL

Multa de 2 millóns de euros a NCG Banco por infraccións graves na venda de preferentes

A CNMV sancionou á entidade por catro “infraccións moi graves” na comercialización destes produtos entre 2008 e 2011. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas. 

Protesta contra o TTIP en Compostela (Foto: CIG)
TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-EUA

Centos de galegas e galegos súmanse á protesta mundial contra o TTIP

A CIG convocou concentracións en cidades e vilas de todo o país contra a firma dos tratados que negocian en segredo os EUA e a UE.

Hasier Arraiz
INTERNACIONAL

EH Bildu pide o PNV que rescate o Plan Ibarretxe como “punto de partida” cara á independencia

A coalición abertzale fixo un chamamento para que nas próximas eleccións non haxa “ningún goberno en contra do dereito a decidir” en toda Euskal Herria. 

Estación de tren da Coruña (Foto: X. Lorenzo)
Galiza

Entra en funcionamento o chamado Eixo Atlántico, que marxina Ferrol

A nova liña que une Vigo e A Coruña exclúe do seu trazado a conexión con Ferrol e coa fronteira portuguesa, o que supón un 64% do percorrido previsto no proxecto inicial.

STOP TTIP
SOCIAL

18-A: xornada de loita contra o TTIP

A ambas marxes do Atlántico repetiranse sucesivas accións populares contra o Tratado de Libre Comercio que negocian EUA e a UE. Horas e lugares na Galiza no interior.

MUNICIPAIS 2015

Anova concorrerá con candidatura propia en Ourense

Após a súa saída de Ourense en común presentará listaxe electoral aos comicios de maio.