opinión

PRENDEN NO PORRIñO ESTA QUINTA FEIRA UN HOME QUE TENTOU MATAR A SúA EX COMPAñEIRA

4 mulleres asasinadas no Estado español pola violencia machista en 5 días

No Porriño axentes da Garda Civil prenderon esta quinta feira un home que tentou asasinar a súa ex-compañeira. 

DEPORTES

Foron dous os seareiros do Paris Saint Germain apuñalados perto do Camp Nou

O amigo dun dos agredidos afirma que o ataque foi só "violencia gratuíta". "Non nos roubaron nada". Todo apunta a que os autores da agresión son ex boixos nois.

capa-340
NO CADERNO DE ANÁLISE DE SERMOS

Afondando no VIH dende Galiza

O A Fondo desta semana analiza a realidade do VIH dende Galiza, con voces expertas do ámbito médico, activistas e experiencias persoais. Podes adquirilo na nosa loxa

vence alcoa
POLÍTICA

Vence di que non se pode aceptar a “chantaxe” de Alcoa e reivindica unha tarifa eléctrica galega

O portavoz nacional do BNG e o portavoz parlamentar, Farncisco Jorquera, mantiveron un encontro na Coruña cos traballadores da factoría.

marcos
LINGUA

A Mesa pídelle ás candidaturas municipais que asinen un compromiso coa lingua

A Mesa vaise dirixir ás candidaturas que concorran ás vindeiras eleccións municipais para que asinen un compromiso coa lingua. Denuncia os gobernos español e galego diante da Unesco e a ONU polos datos do IGE e reclámalle á RAG e ao CCG que “reaxan” diante da grave situación. 

Casa de Díaz Castro
CULTURA

Unha campaña busca apoios para salvar do derrube a casa de Díaz Castro

Cando o ano Díaz Castro chega ao seu fin, unha campaña busca apoio social para recuperar a súa casa natal nos Vilares, en perigo de derrube. 

Concerto de Caxade e a Banda de Bandeira
CULTURA

Caxade: Rebeliom no CulturGal

"O resultado do trabalho conjunto Caxade-Banda de Música da Bandeira é simplesmente brilhante", defende o director da Banda de Música de Burela, Roberto Bouça nesta crónica do concerto especial do sábado no Culturgal. 

DEPORTES

Un seareiro do Paris Saint Germain, apuñalado perto do Camp Nou ao termo do xogo co Barça

A vítima do ataque, feito polas costas, está fóra de perigo.

Sergas
SOCIAL

A reforma laboral chega ao Sergas

O persoal do Servizo Galego de Saúde padece contratos por días e mesmo horas, mobilidade laboral e desemprego no que as organizacións sindicais denuncian como o “desmantelamento” do sanidade pública no noso país. 

Sant Jordi
CULTURA

A literatura en catalán precarízase e só 1 de cada 10 son profesionais da escrita

O número de escritores e escritoras en catalán que viven da literatura descende mais, mesmo así, a razón é de un de dez. A Asociación de Escritores en Lingua Catalá presentou un estudo sobre a profesionalización da literatura,que rexistra unha “precarización” da escrita en catalán. 

Arquitasa
Comarcas

A xustiza anula o contrato do Ofimático e obriga a licitar de novo as obras

Paraliza a construción por considerar irregular o proceder do concello en 2010. O goberno local anuncia que presentará recurso no TSXG.

Rede violência
SOCIAL

Un terzo das mulleres no mundo sufriu violencia machista algunha vez

Segundo un estudo publicado en 2013 pola Organización das Nacións Unidas, 3 de cada 10 mulleres aseguran teren sido agredidas física ou sexualmente polas súas parellas. 

avogado blues
DEPORTES

O avogado dos blues nega a "quedada" e considera o crime do Manzanares unha “razzia” antigalega

O avogado de 17 dos riazor blues detidos concedeu unha entrevista a Naiz.Eus. Ertlanz Ibarrondo nega a versión oficial -a suposta quedada- e considera os sucesos do Manzanares unha razzia anti-galega.

DESDE A APROBACIÓN DA ILP, SÓ 861 ESTUDANTES RECEBEN AULAS DE PORTUGUÉS NA ESO E BACHARELATO

Nove meses da Lei Valentín Paz Andrade

Após a aprobación no mes de abril da Iniciativa Lexislativa Popular para o aproveitamento da lingua portuguesa só 8 centros novos imparten a materia. 

Comarcas

A veciñanza de Coia frea por terceira vez as obras na rotonda

O Concello ordenou reanudar os traballos durante a noite para evitar a oposición veciñal.

Valentin
O GALEGO PERDE FALANTES SEGUNDO UN ESTUDO DO IGE

SXPL sobre os dados do IGE: "Cada vez temos máis persoas que len e escriben en galego"

Di que as estatísticas do IGE achegan "cousas boas" sobre a situación da lingua galega mais que diso "non se fala". 

Manuel Pablo [Imaxe Deportivo]
DECLARACIÓNS DE MANUEL PABLO

“Non todos os blues son violentos. Só o son unha minoría. Tamén en tribuna hai xente violenta”

Esta terza feira, Manuel Pablo desmarcouse do discurso oficial da directiva deportivista e dixo que no seo dos blues os violentos son apenas unha minoría. VÍDEO NO INTERIOR.

esmorgaxente
CULTURA

30.000 persoas conseguen para a “A Esmorga” unha nova marca histórica

O filme que leva á pantalla a novela de Blanco Amor bate unha nova marca. 30.000 persoas viron xa “A Esmorga” dirixida por Ignacio Vilar. O día 6 de marzo estrearase en Madrid. 

Xurxo Souto
CULTURA

Xurxo Souto homenaxea na Coruña a María Antonia, a muller que deu nome a un mar

María Antonia rexentaba unha tenda mítica de referencia para os mariñeiros. Deulle nome a un mar e Xurxo Souto réndelle homenaxe esta quinta feira 11 de decembro ás 20 horas na libraría Couceiro da Coruña. 

A saia
CULTURA

O feminismo recupera “A Saia” para a súa hemeroteca na rede

A Saia foi a primeira revista feminista editada integramente en galego que viu a luz en 1982. O nome recupérase para a hemeroteca do movemento feminista galego que pon na rede a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.