pandemia

covid_africa
INTERNACIONAL

MSF avisa dunha nova cepa de coronavirus que se está a propagar "axiña" por África

A ONG manifesta a indignación pola "desigual distribución" das vacinas contra a Covid-19 e acusa os países ricos de almacenalas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a comparecencia. (Foto: Deputación de Pontevedra)
ECONOMÍA

A Deputación ultima outra axuda para os negocios afectados pola pandemia

A institución pontevedresa vai aprobar un incremento da liña de crédito que xa se repartira entre os municipios co mesmo obxectivo. Esta nova liña de subvencións servirá para achegar aos sectores danados o 1% do orzamento.
Os feitos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Foto: EP).
SOCIAL

Contactos entre Xunta e Lisboa para avaliar o traslado de pacientes Covid do norte de Portugal a Vigo

Núñez Feixoo indica que nos vindeiros días haberá novidades.
Administración da vacina contra a Covid-19. (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Con pandemia, guerra económica

A estratexia da Unión Europea en relación coas farmacéuticas
Monterde preside a organización de diversidade sensorial. (Foto: Nós Diario)
Maria Jesús Monterde García, presidenta de Xoga

María Jesús Monterde: "Coa pandemia creáronse barreiras, volvemos estar como hai 30 anos"

Como presidenta, desde hai cinco anos, da organización de diversidade sensorial da Galiza Xoga, María Jesús Monterde analiza os problemas engadidos que a crise sanitaria da Covid-19 trouxo para o colectivo de persoas xordas, xordocegas e con perda auditiva, no comunicativo e mesmo no sanitario.
Comparecencia da conselleira Fabiola García. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O persoal das residencias públicas insiste na denuncia dos recortes por parte da Xunta

Parte da representación sindical destaca que este "servizo público" foi reducindo "os dereitos" laborais desde 2012, o que afectou ao número de empregadas e tamén á calidade da atención. Allea ás críticas, Política Social ofreceu un novo parte de contaxios nestas infraestruturas na que fala dunha pequena baixada.
Escenificación da protesta de hoxe. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
POLÍTICA

Alcaldes da 'raia', "indignados" por se repetir o "erro" do feche da fronteira, esixen abrir máis pasos

Advirten de que máis unha vez vólvese "penalizar" traballadores, empresas e actividade comercial, "xa duramente castigada".

A organización presenta o festival de Cans en Compostela (Arxina).
CULTURA

O Festival de Cans adía a setembro a súa edición de 2021

En lugar das tradicionais datas de marzo.
Axentes de Ertzaintza, da Policía Foral de Nafarroa e dos Mossos d'Esquadra
Análise

Feixoo sen policía autonómica fronte á pandemia

O presidente da Xunta denuncia a ausencia dos instrumentos necesarios para facer fronte á situación e cuestiona a falla de capacidade legal da Administración galega para actuar con máis eficacia contra o virus.
EuropaPress_3545650_filed_25_september_2019_us_angeles_jeff_bezos_founder_of_amazon_attends_the
INTERNACIONAL

Jeff Bezos: Os abusos que oculta o sorriso de Amazon

O lema de Amazon é "Do A ao Z", letras que une un sorriso no seu logo. Mais detrás desa imaxe amábel, común tamén nas multinacionais tecnolóxicas como Google, agóchanse denuncias de condicións laborais propias do século XIX. O ano 2020 deixoulle un récord de ingresos e o seu beneficio neto aumentou en 84%.

 

Imaxe de arquivo da campaña de vacinación nas residencias da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Covid: A Xunta remóntase dez días atrás para comunicar 37 mortes

É a segunda cifra máis elevada da que se alertou no que vai de pandemia, se ben hai que ter en conta que reflicte a afección do virus durante varios días. Estas novidades coinciden co incremento dun foco de contaxio noutra residencia de DomusVi, neste caso en Laraxe. Aliás, a mala evolución atópase opacada pola vacinación da conselleira delegada da compañía fóra da súa quenda.
A xogadora galega controla un balón nun partido da liga austríaca. (Foto: RW-Rankweil).
DEPORTES

Sheila Sánchez: "Para firmar polo Dépor, antes teño que limar asperezas cunha persoa do club"

A morriña é un mal endémico dos galegos e galegas do que non escapa a futbolista coruñesa Sheila Sánchez (A Coruña, 1994), quen en 2015 emigrou perseguindo o soño de ser futbolista a unha Austria que, igual que acontece aquí, vive inmersa nun día a día totalmente condicionado pola pandemia da Covid-19.
vìdeo
CULTURA

A cultura en tempos de pandemia, máis dereito ca nunca

Campaña da área de Cultura da Deputación da Coruña co protagonismo de artistas, profesionais do sector e cidadanía para defender que a  cultura “constrúe unha sociedade viva”. Vídeo no interior.

EuropaPress_3541901_frontera_puente_internacional_tui-valenca_cortada_paso_pontevedra_galicia
INTERNACIONAL

Militares alemáns aterran mañá en Lisboa para axudar no combate contra a Covid-19

Portugal rexistrou hoxe unha lixeira caída de contaxios e falecementos, con cifras mínimas en oito días de falecementos e a máis baixa de novos positivos nun mes.
Unha sanitaria sostén unha vacina da Covid-19 (Foto: Sven Hoppe / Dpa).
SOCIAL

Científicos logran predicir o avance da Covid contemplando as súas mutacións

A USC, a UVigo e a Universidade de Aveiro, promotoras do proxecto, que foi probado con éxito predicindo a evolución da pandemia na Galiza.
EuropaPress_2877064_test_covid-19_galicia
SOCIAL

O alcalde de Portomarín chama ao "autoconfinamiento" da veciñanza polo aumento de contaxios

O rexedor puntualizou que se fecharon todos os servizos municipais que non son "esenciais"
Un traballador sanitario protexido contra a Covid-19. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Galiza fecha xaneiro con 400 mortos, logo de notificar a Xunta 40, a maior cifra comunicada na pandemia

O total de vítimas elévase a 1.815.
Pedro Sánchez, xunto ao presidente do País Valencià, Ximo Puig, na inauguración do tramo do AVE Cid-Elche-Orihuela-Murcia (Foto: GVA)
POLÍTICA

Sánchez augura a "recuperación total da mobilidade nos próximos meses"

Carolina Darias chama as comunidades a ampliar as restricións "todo o posíbel", mentres aumenta no Estado a presión nas UCI.
Feixoo con Díaz Ayuso nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Casado afirma que Feixoo e Ayuso "están a facelo exactamente igual" na xestión da pandemia

"O Goberno español quitouse de no medio. Na terceira onda, o único que fixo Sánchez é ensinar as vacinas e poñerlle un adhesivo", denunciou.
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, e o español, Pedro Sánchez, reunidos na Moncloa (Foto: M. Fernández / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo pide a Sánchez unha lei para actuar na pandemia

O Palacio da Moncloa acolleu o encontro entre os presidentes galego e español, Alberto Núñez Feixoo e Pedro Sánchez, unha reunión que ficaba pendente de realizar desde a reelección do mandatario galego o pasado mes de xullo. O titular da Xunta aproveitou para instar Sánchez a apostar por unha lei de pandemias fronte ao estado de alarma e o recoller obrigatorio, nomenclaturas que non considera acaídas. +