Parques eólicos

Crianzas do colexio de Monfero colgan pancartas contra os eólicos. (Foto: Plataforma Monfero di non) #parqueeólico #eólicos #monfero #enerxía #iberdrola #colexio
SOCIAL

As crianzas de Monfero fechan o curso botándolle un pulso a Iberdrola

As nenas e nenos trasladaran a súa preocupación sobre as consecuencias do parque eólico de Pena do Corvo ás súas mestras. Así iniciaron unha campaña de protesta dentro das súas posibilidades.
Mapa que recolle os parques eólicos tramitados na comarca de Ordes e as súas promotoras (Infografía: Nós Diario).
Convocan unha "reunión de urxencia" en Cerceda

A veciñanza de Ordes rexeita vivir "en medio dun polígono industrial eólico"

A "alarma antieólica" actívase en Ordes. Fano as veciñas e veciños que tremen polo aluvión de proxectos eólicos en trámite que axexa a comarca e que, aseguran, faría "incompatíbel" o seu modo de vida, baseado fundamentalmente nas actividades do sector primario. Os muíños ficarían "ao carón das aldeas".

A linguaxe non é neutra; no monte veciñal tampouco

Fernando de Abel Vilela é un dos compoñentes do equipo xurídico do Fondo para a Defensa da Cordilleira Cantábrica e membro da directiva de Adega (Foto: Nós Diario).
Membro do equipo xurídico do Fondo para a Defensa da Cordilleira Cantábrica

Fernando de Abel: "A cidadanía ten que preguntarse por que hai tanto interese en tramitar eólicos a través da Xunta"

O galego Fernando de Abel é un dos compoñentes do equipo legal do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, que en apenas mes e medio recadou case 50.000 euros para facer fronte á "invasión eólica" que axexa o territorio. "A veciñanza carece dos medios e o tempo para facer fronte ás eólicas", di. Conversamos con el sobre a lexislación que regula estes proxectos na Galiza.
observatorio forcarei foto concello forcarei
SOCIAL

Os eólicos poñen ao bordo do feche o observatorio astronómico de Forcarei

A construción de catro megaparques nas súas proximidades fan dificilmente viábel a súa continuidade. “As turbulencias que provocan as correntes de aire, alteradas polas xigantescas turbinas dos aeroxeradores, cuxo  perturbador efecto nótase a varios quilómetros de distancia, fan que a calidade da visión se reduza notabelmente”.

Escolares de Monfero pintan cartaces en contra dos eólicos. (Foto: Cedida) #monfero #parqueeólico #eólicos #eólica #campaña #enerxía #protesta
SOCIAL

"Non quero ser unha nena Iberdrola": As escolares de Monfero claman por un futuro sen eólicos

O alumnado vén de sumarse ás protestas contra o parque eólico Pena do Corvo. Por outra parte, algunhas veciñas falan da falta de implicación do Concello na loita contra este polígono enerxético malia os anuncios do alcalde. Mentres, o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, sinala o Estado español como culpábel da proliferación de proxectos.

Mapa que recolle os parques eólicos que están operativos ou en fase de tramitación na Costa da Morte (Infografía: Nós Diario).
SOCIAL

A Costa da Morte, albo dos eólicos: 21 novos parques en proxecto

Unha vintena de parques eólicos cérnese sobre a Costa da Morte, un territorio no que xa están operativos outros 24. Colectivos veciñais e ecoloxistas alertan das "graves afeccións" a espazos protexidos como os penedos de Pasarela e Traba, nunha comarca que vive principalmente do turismo rural e do sector primario.
Manuel Requeijo (BNG), alcalde de Muras desde 2015, posando fronte aos aeroxeradores presentes no municipio (Foto: Nós Diario).
Manuel Requeijo, alcalde de Muras

Manuel Requeijo: "Por xustiza social, os beneficios das eólicas deben repercutir na veciñanza"

Cando Manuel Requeijo foi elixido alcalde de Muras en 2015, o municipio xa tiña a maior concentración de parques eólicos da Galiza. Porén, no seu mandato fixo mudar a opinión de moitas veciñas e veciños sobre os aeroxeradores destinando os seus beneficios a sufragar boa parte da factura da luz. O rexedor conversa con 'Nós Diario' sobre a planificación eólica no país e o modelo de Muras. "O impacto acústico segue a ser palpábel. O impacto visual tamén é innegábel e choca coa promoción turística do municipio", lamenta.

A batalla polo vento

Marcha contra a avalancha de proxectos eólicos en Terra de Montes (Foto: BNG).
SOCIAL

Marcha contra a invasión eólica en Terra de Montes

Once novos parques eólicos ameazan o patrimonio, a actividade económica e a calidade de vida da veciñanza dos concellos da Terra de Montes. 
Un parque eólico no monte Pindo, no concello de Carnota (Imaxe: Wikimedia).
SOCIAL

As protestas polos eólicos traspasan a fronteira galega

Centos de persoas protestan en Zamora contra a proliferación dos parques eólicos e as plantas solares
Unha imaxe do observatorio ornitolóxico no esteiro do Anllóns. (Foto: Rede Galega Rural Vivo) #ruralvivo #eçolica #eólicos #parqueeólico #anllóns #pondal #esteiro #enerxía
SOCIAL

Alertan do posíbel dano eólico a un monte "con pegada pondaliana"

A Rede Galega por un Rural Vivo amósase preocupada polo proxecto en marcha para o monte das Salgueiras, no concello de Ponteceso.
Chus Lago, Monti Castiñeiras, Juanito Oiarzabal ou Federico Pérez: voces reunidas por nenos de Folgoso contra a "burbulla eólica"
SOCIAL

Chus Lago, Monti Castiñeiras, Juanito Oiarzabal ou Federico Pérez: voces reunidas por nenos de Folgoso contra a "burbulla eólica"

Alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso reúne diferentes voces do Estado para alertar do impacto dos eólicos
Na ilustración 1, a dimensión que terían os aeroxeradores; na ilustración 2, unha recreación dos muíños e a poligonal do parque eólico Pena do Corvo sobre as Fragas do Eume (Infografía: Colectivo Terra).
star
Presentan alegacións contra un proxecto de Iberdrola

A "febre eólica" chega ás Fragas do Eume

'Nós Diario' accede ao documento de alegacións que prepara o Colectivo Terra de Pontedeume contra o parque eólico Pena do Corvo, promovido por Iberdrola en Monfero. De se aprobar, provocaría "afeccións severas" sobre este espazo da Rede Natura 2000. A empresa trasladou nesta quinta feira á veciñanza que non pode paralizar o proxecto porque "xa está en marcha e hai un grande investimento detrás".
Reunión de Adega coa Valedora do Pobo (Imaxe: Adega)
SOCIAL

Adega traslada á Valedora o "clamor social" contra a eclosión de parques eólicos

Adega vén de reclamarlle á Valedora do Pobo “amparo” fronte a “enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública”. Ademais, en nome dos colectivos e plataformas convocantes da recente mobilización en Compostela, fíxolle entrega dun dossier no que se constata “a situación de indefensión na que se atopa a veciñanza afectada e o medio ambiente, debido a unha planificación caduca e irracional”.
A mobilización social do pasado 5 de xuño contra os macroparques resoou esta terza, 8 de xuño, no Parlamento (Foto: Arxina)
POLÍTICA

A loita contra o "descontrol" eólico tensa o Parlamento

A oposición exixe no Parlamento galego un modelo enerxético respectuoso co medio.

Rebumbio

Demetrio Gómez amosa un documento coa convocatoria. (Foto: BNG) #bng #demetriogómez #eólicos #parqueeólico #enerxía #invasión #protesta #pontevedra #soutomaior #pontecaldelas
SOCIAL

Pontevedra, Soutomaior e Ponte Caldelas loitarán na rúa contra a "invasión eólica"

O BNG da comarca chama á veciñanza a participar na marcha convocada para este domingo, 13 de xuño, ás 10 horas. A mobilización comezará na Cruz do Brasil, en Ponte Caldelas, e rematará no parque forestal da Fracha.
Parque eólico mariño en Bélxica. (Foto: Europa Press) #eólica #parqueeólico #eólicamariña #iberdrola #enerxía #greenalia #ortegal #amariña
star
ECONOMÍA

A eólica mariña apura o desembarco na Galiza: A Mariña e Ortegal son os primeiros obxectivos

A solicitude de Iberdrola ao Ministerio de Transición Enerxética para instalar dous parques eólicos mariños fronte ás costas galegas representa un paso decisivo para a xeración enerxética con esta tecnoloxía. Ao tempo, outros operadores do sector, entre eles o galego Greenalia, traballan en proxectos semellantes a executar noutros puntos do país. As iniciativas chegan nun momento de grandes incentivos públicos á produción renovábel, a través de programas como o Next Generation e cando o Executivo español traballa na elaboración dun plan para o desenvolvemento da eólica mariña. 
Acto fundacional do colectivo veciñal, este domingo en Monfero (Foto: Monfero di non).
SOCIAL

Monfero tamén di "non" aos proxectos eólicos

Constitúese a plataforma "Monfero di non" neste municipio, após se coñecer o pasado 29 de maio o parque eólico que prevé construír Iberdrola.