Parques eólicos

Mapa cos seis parques eólicos que proxectan Greenalia e Galenergy no Monte do Gato e as zonas da Reserva da Biosfera. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Unha quincena de elementos patrimoniais, ameazados polos eólicos no Monte do Gato

Alén do BIC da Torre de Teodomiro, o arqueólogo Antón Malde acha outros elementos de "gran valor e fraxilidade" dos que vén de informar á dirección xeral de Patrimonio da Xunta.
Aeroxerador en funcionamento dun parque eólico da Galiza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O BOE somete a información pública o parque eólico Prada, da norueguesa Statkraft

A Xunta informara negativamente por atoparse o proxecto fóra das áreas de desenvolvemento previstas no Plan Eólico.
eólicos proesta marea atlántica
SOCIAL

Máis de 200 persoas protestan ante a Delegación do Goberno contra os parques macroeólicos

Convocados pola asociación veciñal 'Monfero di Non'.

Eólicos nun monte galego. (Foto: Nós Diario) #eólicos #parqueeólico #enerxía #muíños #empresa #beneficios
ECONOMÍA

Un boom eólico na Galiza que vén de lonxe pola súa rendibilidade

Un estudo oficial vinculado ás empresas do país xa amosa que en 2018 a produción de enerxía eólica era considerada coma un dos sectores máis dinámicos dentro da economía galega.

Un desenvolvemento eólico sustentábel é fundamental para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Na imaxe, o parque eólico Corzán, en Negreira (Foto: B. Bouzas).
O 'Mapa ecosocial da Galiza' debulla a realidade socioeconómica do país

Unha economía sostíbel e respectuosa co medio, o principal reto da 'Galiza caníbal'

O 'Mapa ecosocial da Galiza', unha obra conxunta da xornalista Rebeca Fernández e o biólogo Xosé Veiras, pon ao descuberto as principais eivas do desenvolvemento económico nas últimas décadas dunha Galiza "produtivista", "desigual" e con "graves afeccións" á biodiversidade e o medio natural.
Nos últimos 15 anos o censo do cabalo galego de monte reduciuse á metade na contorna de Sabucedo (Foto: Sindo Novoa).
Tres parques eólicos provocarían que os cabalos "invadisen as aldeas"

A ameaza eólica cérnese sobre as bestas de Sabucedo, que perderían o seu hábitat

A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) organiza entre esta sexta feira e o sábado diferentes actividades para concienciar sobre a importancia do cabalo galego de monte, unha especie fortemente ameazada que forma parte do "patrimonio material e inmaterial" da Galiza após séculos de tradición.
Parque eólico mariño East Anglia One, no Reino Unido, operado por Iberdrola (Foto: Iberdrola).
SOCIAL

A UE advirte de que a eólica mariña prexudica a pesca

O desenvolvemento da eólica mariña chega a Bruxelas. Un grupo de eurodeputados emitiu un informe que alerta dos efectos nocivos dos aeroxeradores sobre a fauna mariña e o consecuente impacto económico para o sector pesqueiro, e insta a protexer os caladoiros tradicionais.

Pesca e eólicos

Proxección dos oito aeroxeradores, dentro da área de desenvolvemento eólico Buio II (Infografía: Naturgy).
SOCIAL

Naturgy proxecta un novo parque eólico na Mariña

Oito aeroxeradores (27,6 MW) que afectarían os concellos de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove.
Protesta veciñal contra o parque eólico no Monte do Gato (Foto; Aire limpo nas Mariñas-Mandeo)
SOCIAL

O BIC da Torre de Teodomiro, ameazado pola construción dun parque eólico no Monte do Gato

Máis de 200 persoas fixeron unha andaina de protesta polo Monte do Gato para defender o patrimonio natural e histórico desta paraxe
O profesor Xavier Simón e o tenente de alcalde Iago Varela, na reunión informativa sobre o parque eólico Caaveiro
SOCIAL

Masiva afluencia ás reunións sobre o impacto do parque eólico Caaveiro

Preocupación veciñal en San Sadurniño, Cabanas, Neda e Fene polo proxecto de Enel Green Power para instalar un parque eólico de 14 macromuíños. O profesor de Economía Aplicada Xavier Simón explicou á veciñanza os efectos da instalación do macroparque.

Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla)
SOCIAL

Os eólicos favorecen o despoboamento rural

A perda de poboación é unha constante en todos aqueles concellos de alta concentración eólica. Segundo sinalan diversas investigacións realizadas en diferentes universidades do Estado, as instalacións de produción de enerxía renovábel favorecen estas tendencias. A OCDE advirte do escaso emprego directo e indirecto xerado polos parques eólicos. A Galiza baleira é un bo exemplo disto. 
Parque eólico mariño.
star
SOCIAL

O sector pesqueiro, en pé de guerra contra Iberdrola

O proceso de desenvolvemento da enerxía eólica mariña na Galiza entra nunha fase decisiva. Mentres o Goberno do Estado dá por rematada a fase de exposición pública do Plan de ordenación dos espazos marítimos (POEM), os mariñeiros decláranlle a guerra aos parques eólicos promovidos por Iberdrola na costa de Ortegal e da Mariña. O sector do mar urxe un rexeitamento das Administracións aos proxectos.
 
Acto fundacional do colectivo veciñal, este domingo en Monfero (Foto: Monfero di non).
SOCIAL

Membro da plataforma contra os eólicos en Monfero denuncia ante a Garda Civil ameazas telefónicas

Ademais de insultos e ameazas, advertírono de que o teñen controlado, “a el e a súa familia”.

Mapa cos parques eólicos de Greenalia que conforman o complexo do Alto da Croa, en Vimianzo (Infografía: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Greenalia inaugura un "macroparque" en Vimianzo

A enerxética rematou onte mesmo a construción dos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado (Vimianzo), e na cuarta feira iniciou a tramitación dun novo. Desde Greenalia afirman que se presentaron por separado "por razóns de organización interna" e aseguran que todos eles foron sometidos "á avaliación ambiental máis exixente", polo que negan que se puidese tratar dun posíbel caso de "fragmentación fraudulenta" como fora o caso de Sasdónigas, en Mondoñedo.
Parque eólico mariño en Bélxica. (Foto: Europa Press) #eólica #parqueeólico #eólicamariña #iberdrola #enerxía #greenalia #ortegal #amariña
SOCIAL

Adega: "As eólicas queren repetir a tola carreira por ocupar o espazo mariño como xa fixeron na terra"

Adega critica que non se agardase á aprobación do Plan de ordenación do espazo mariño, que tramita o Goberno estatal, e se comezara a tramitación de dous parques eólicos de Iberdrola fronte á costa galega. “As eléctricas pretenden repetir a tola carreira por ocupar o espazo mariño tal como xa acontecera na terra, e as Administracións galega e estatal están a deixarlles facer”.

A veciñanza de Aranga protestou contra os eólicos diante do Concello. (Foto: Cedida) #eólicos #eólica #enerxía #espolio #aranga #parqueeólico #montegato #protesta
SOCIAL

Veciñanza de Aranga acusa o alcalde de "vender o patrimonio natural" ás eólicas

O colectivo 'Aire limpo nas Mariñas-Mandeo', que intentou asistir ao pleno municipal da quinta feira, di que Alberto Platas ten unha postura "obstrucionista" coa loita cidadá e tampouco implica o Goberno local para frear os proxectos que ameazan o Monte do Gato.

Demoledor

Os 44 parques eólicos que se atopan en distintas fases de tramitación a través do Miteco (Foto e infografía: Arxina - Nós Diario).
star
Promovidos por Volantis Renovables

O Estado tramita catro novas solicitudes de parques eólicos, 44 en total

A sociedade Volantis Renovables vén de solicitar ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica a construción de catro parques eólicos —Afrende, Entremarcos, Negueira e Sembra—, que sumados aos que xa están en tramitación alcanzarían os 44 pola vía estatal. A Xunta xa emitiu informes desfavorábeis contra 36 deles por afectaren espazos protexidos ou situárense á marxe das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico; porén, de se aprobar a totalidade deles, duplicaríase a potencia eólica que actualmente ten instalada Galiza.
A deputada nacionalista Noa Presas defendeu onte unha moción no Parlamento para demandar ao Estado as competencias en materia de planificación enerxética (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG exixe frear os parques de máis de 50 MW que colidan co Plan Eólico

Nunha moción que non saíu adiante polo voto en contra do PP, demandou ao Estado as competencias en materia de planificación enerxética.