Parques eólicos

Unha das reportaxes do caderno 'Producir'. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unha ollada á realidade económica e social da man do 'Producir'

O caderno, que atoparás no Nós Diario de mañá, conta con sinaturas de prestixio para analizar as eleccións madrileñas, a política económica dos EUA, as consecuencias do "espolio eólico" na Galiza ou a falta de participación social nas decisións da Administración. Tamén incorpora varios artigos de opinión que invitan a reflexionar.
eolicos
star
ECONOMÍA

A nova Governança e o espólio eólico

A expansão de parques eólicos que estamos a sofrer na Galiza é bom exemplo dum modelo impositor de governança. Através da falta de fornecimento de informação integral a respeito dos projetos em andamento, furta à comunidade de canais para uma participação democrática efetiva,afastando-a da tomada das decisões políticas que afetarão a sua prosperidade de forma direta e duradoura.
Parque eólico do Sil en Nogueira de Ramuín (Foto: Iberdrola).
SOCIAL

Adega organiza un ciclo de palestras sobre o impacto da enerxía eólica

A próxima cuarta feira, 5 de maio, a asociación ecoloxista Adega pon en marcha un ciclo de mesas redondas baixo o título “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”. Serán cinco xornadas que se desenvolverán até o 2 de xuño.

Parque eólico en Cabo Vilán (Camariñas). (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

Un "espolio" de recursos, mais tamén económico: As eólicas pagan cada vez menos polos terreos

Propietarios e propietarias dos terreos onde se instalan os parques eólicos advirten de que os operadores do sector tentan maximizar os seus beneficios ofrecendo uns prezos por debaixo das posibilidades do mercado, apoiándose nunha lexislación galega que favorece as expropiacións para executar os diferentes proxectos enerxéticos. As ofertas presentadas polas empresas, na actualidade, son inferiores ás formuladas con anterioridade. De feito, non superan a media das recollidas nos contratos actualmente en vigor.
Parque eólico de Ecoener nas Illas Canarias (Foto: Ecoener).
ECONOMÍA

Ecoener patina na súa saída á Bolsa e vese obrigada a recortar as previsións

A firma galega de renovábeis atrasa até o 4 de maio a súa saída a bolsa e reduce á metade o obxectivo de captación de novas accións.
Parque eólico operado por Naturgy no concello da Pastoriza (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Urxen mudar o "obsoleto" Plan Sectorial Eólico da Galiza

Ecoloxistas denuncian que o modelo actual "favorece as empresas", e acusan o Goberno galego de "recurtar as garantías dos espazos protexidos" para facilitar o inzamento de parques eólicos no territorio.
O presidente da Deputación lucense após a celebración do pleno. (Foto: Deputación de Lugo)
POLÍTICA

O pleno de Deputación de Lugo exixe á Xunta un plan para garantir que os parques eólicos deixan retorno económico na Galiza

A iniciativa saíu adiante cos votos de socialistas e nacionalistas á vista de que xa hai 75 novas instalacións proxectadas. A moción defende, tamén, que se asegure o mantemento dos valores medioambientais daquelas zonas onde se instalen os xeradores de enerxía.

Presentación das alegacións no Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Foto: Nós Diario).
Veciñanza da Terra de Montes organízase fronte a outros 16 proxectos

Alegan contra os dous parques eólicos proxectados en Lalín

Os proxectos eólicos que se prevé construír en Lalín, os de Porcallos e Val do Folgoso, estarían a obviar as afeccións sobre un espazo da Rede Natura 2000. Aliás, os aeroxeradores situaríanse "a apenas tres quilómetros do casco urbano do municipio".
En verde, o parque actualmente en funcionamento, arrodeado dos outros tres proxectos (Ilustración: Petón do Lobo).
SOCIAL

Denuncian ante a Fiscalía o complexo eólico da Estrada

A asociación Petón do Lobo ve indicios de "fragmentación artificiosa" do proxecto, dividido en tres parques máis o que xa está operativo.
Inditex
ECONOMÍA

Inditex, a polas renovábeis

Constitúe unha filial enerxética para os seus proxectos de renovábeis.

O parque eólico de Ourol entrou en funcionamento hai dous meses da man de Greenalia. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Un edil do PP liderou as negociacións entre a veciñanza de Ourol e Greenalia polo parque eólico

Denuncian ante a Valedora do Pobo a falta de transparencia da directiva do colectivo veciñal Ventos Milleiro, cuxo presidente é concelleiro na corporación local. 
Parque eólico do Sil en Nogueira de Ramuín (Foto: Iberdrola).
SOCIAL

Inician un 'crowdfunding' contra os macroeólicos na cordilleira cantábrica

Seis organizacións ambientalistas, entre as que se atopan Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía, crean o 'Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica' para combater legalmente estes proxectos.

Chamamento: non á colonización

Porto exterior da Coruña
ECONOMÍA

Inditex quer instalar eólicos no porto exterior da Coruña

Presenta un proxecto con aeroxeradores cun investimento de 30 millóns

pintega_rabilonga_(5)
SOCIAL

O parque eólico de Lalín pon en perigo especies endémicas ameazadas, advirten ecoloxistas

Como a píntega rabilonga,  o furapresas ou desmán ibérico.

Parque eólico do Sil en Nogueira de Ramuín (Foto: Iberdrola).
star
SOCIAL

131 parques eólicos en proxecto na Galiza

A produción de enerxía eólica atópase na Galiza en máximos históricos. Segundo os datos fornecidos pola Rede Eléctrica Española, a potencia instalada atinxiu en 2020 os 3.829 megawatts (MW), sinalando a Asociación Eólica Galega (AEG) que a xeración de enerxía por esa vía situouse en 999,23 quilowatts (kW) por hora. Malia que a Galiza é o segundo produtor eólico do Estado e nesa mesma anualidade exporta 28% da electricidade xerada, as compañías enerxéticas teñen actualmente en tramitación no país máis de 10.000 MW, o que supón aumentar a potencia instalada en máis de 72%.
Penedos de Pasarela e Traba nunha simulación do parque eólico realizada por Contramínate Asociación Ambiental (Contramínate)
SOCIAL

Nace a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra para loitar contra os proxectos eólicos

Varias entidades da Comarca de Bergantiños decidiron unirse coa intención de rexeitar as propostas de parques eólicos que hai na zona. Comezarán identificando e avaliando os problemas ambientais que traen para a veciñanza.
Serra do Suído (Foto: Cedida)
SOCIAL

As turbeiras da Serra do Suído ameazadas por parques eólicos

Os proxectos dos parques eólicos de Puza e Coto Redondo ameazan a Serra do Suído coa construción de 20 aeroxeradores, afectando a catro concellos distintos. A Plataforma en Defensa do Sur da Dorsal Galega acaba de denunciar que estes poñen en perigo espazos como as turbeiras da zona.

Muíños eólicos de gran tamaño a carón dunha explotación gandeira no parque Pico del Cuervo, El Cogollu, Asturies (Asociación libre de mulleres a Cooredoira).
ECONOMÍA

O agro prepara a defensa contra os eólicos

As organizacións agrarias adiántanse aos posíbeis prexuízos que causarían os futuros proxectos eólicos na Galiza. UUAA prepara a defensa das propiedades fronte ás expropiacións e o SLG mais a Fruga salientan os danos que causarían nas explotacións gandeiras polas novas características dos parques eólicos.
O deputado do BNG Néstor Rego no encoro da Ribera, nas Pontes.
POLÍTICA

O BNG critica o "espolio enerxético" e pide que a produción de enerxía reverta na Galiza

Néstor Rego reclamou nas Pontes o estabelecemento dunha tarifa eléctrica para Galiza que permita reducir nun 30% o custo da subministración.