Parques eólicos

EuropaPress_2315997_Eólicos_de_Paradela_(Lugo)
SOCIAL

Os muíños do parque da Baña e Negreira medirán "máis de tres Torres de Hércules"

Veciñanza da Baña mobilízase contra o parque eólico proxectado en Troitomil e impulsado por Green Capital Power. Os aeroxeradores, denuncia a veciñanza, medirán "tres Torres e media de Hércules".

Zona húmida das Brañas de Valadares, no municipio de Outes, un espazo no que se proxecta o parque eólico de Maragouto (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Xunta non cataloga ningún espazo natural no Inventario de Zonas Húmidas

"A día de hoxe non hai ningunha resolución de inclusión publicada no DOG, polo que non hai ningunha zona húmida inscrita no Inventario", di a subdirección xeral de Espazos Naturais, en resposta a unha solicitude de información dun colectivo ecoloxista á que tivo acceso Nós Diario.
Nésor Rego con portavoces municipais do BNG na comarca do Deza (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG denuncia "fraude" na tramitación de dous proxectos eólicos no Deza e exixe paralizalos

Anuncian que farán alegacións ao macroproxecto que afecta os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces e Silleda e chaman á mobilización social.

Montañas de Trevinca, onde se proxecta a construción dun parque eólico (Foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Marchas simultáneas este sábado desde O Courel e O Bierzo contra os macroparques eólicos

Convocada pola plataforma ‘Así Non’ para este sábado.

Imaxe da serra do Galiñeiro. (Foto: Turismo da Galiza)
SOCIAL

Nova batalla contra o “agresivo e aberrante” parque eólico que ameaza a serra do Galiñeiro

O deputado Luis Bará anunciou esta segunda feira que ten previsto impulsar varias iniciativas parlamentarias para pelexar pola “paralización cautelar” da nova explotación enerxética, que considera moi negativa para un enclave natural a preservar.

Unha zona do conxunto de Pena Trevinca e a Serra do Eixe, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Turismo da Galiza)
SOCIAL

Ecoloxistas alertan de que o parque eólico da Serra do Eixe afectaría fauna e flora protexidas pola UE

A Federación Ecoloxista Galega emitiu un informe negativo sobre a construción deste complexo ao considerar que non está xustificada a necesidade e que tería un grande impacto en zonas de alto valor ambiental. Tamén rexeita o posíbel dano aos recursos hídricos e á pasaxe.

Falar

Montañas de Trevinca, onde se proxecta a construción dun parque eólico (Foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Trevinca, vítima dunha "burbulla eólica" de "dimensións delirantes"

"Os parques terían unha extensión equivalente a 29 campos de fútbol", advirte Adega.

De Transilvania aos Penedos de Pasarela, pasando polo Suído

Pandemia eólica

Endesa promove unha planta de hidróxeno verde nas Pontes. (Foto: Pepe de Couto)
star
ECONOMÍA

Até sete plantas en proxecto: A febre do hidróxeno verde chega con forza á Galiza

Acumúlanse os proxectos para a produción de hidróxeno verde na Galiza. Atendendo aos deseños económicos da Comisión Europea e ás cuantiosas axudas públicas recollidas no programa Next Generation para o sector eléctrico, diversos grupos empresariais promoven a posta en marcha de sete plantas de xeración desta fonte enerxética. Malia que o impulso ao hidróxeno verde é unha tendencia común aos países do sur de Europea, no contexto dun novo marco eléctrico no espazo comunitario, a falla de información rexe sobre este tipo de iniciativas. 
Obras de construción dun parque eólico no cabo Vilán, en Camariñas (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Alertan do “desembarco” na Galiza de “especuladores” para se facer con terras para eólicos

O Observatorio Eólico afirma que ofrecen “prezos ridículos e períodos de carencia de dez anos pretendendo obter dereitos exclusivos sobre todas as terras dos propietarios de montes.”

Suido
SOCIAL

Unha vintena de proxectos eólicos ameazan o Suído

Aínda que sexa unha enerxía renovábel, o "desbordamento" de proxectos eólicos nas montañas galegas preocupa as asociacións ecoloxistas, que poñen o foco no impacto que poden deixar máis de 20 novos parques eólicos nas serras de Faro de Avión, Paradanta e O Suído.
Ancares
SOCIAL

A Sociedade de Ornitoloxía pide que a montaña galaico-leonesa se declare “zona libre” de eólicos

Tendo en conta, afirma, o "impacto ambiental" que parques eólicos e solares poden xerar na área.

Biblioteca Xohana Torres

Espolio eólico

Parque eólico do Sobredo no concello de Arbo (Imaxe: Observatorio Eólico da Galiza).
POLÍTICA

As portas da Xunta da Galiza que facilitan o paso a empresas eólicas

Antigos altos cargos do Goberno galego son, hoxe en día, directivos de compañías eléctricas
Vista da paisaxe protexida. (Foto: Turismo da Galiza)
ECONOMÍA

Instan o Concello de Vimianzo a paralizar a creación do Parque Eólico Monte Chan

O partido con representación na Corporación municipal considera que todo o pleno debe preservar a riqueza paisaxística da zona que estaría afectada por este proxecto de explotación enerxética. Lembran que esta iniciativa empresarial está pensada para a zona dos Penedos de Pasarela e Traba, considerados unha paisaxe protexida.

Parque eólico do Sobredo no concello de Arbo (Imaxe: Observatorio Eólico da Galiza).
POLÍTICA

A lei que favorece o sector eólico avanza no Parlamento

A Cámara, cos votos do PP, aproba o ditame da lei de simplificación administrativa, alcumada polo ecoloxismo como 'nova lei de depredación' da Xunta.
Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla)
star
5 grupos controlan 55% da produción

As empresas estranxeiras mandan na eólica galega

O desembarco na Galiza da empresa pública norueguesa Statkraft para instalar tres parques eólicos cunha potencia total de 450 megavatios volve pór o foco no dominio do mercado galego de xeración eléctrica polas multinacionais estranxeiras. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Enerxético da Galiza (Inega), organismo público dependente da Xunta, a comezos de 2020 cinco empresas, todas elas de capital estranxeiro, sumaban 2.070 megavatios e 82 parques, o que representaba arredor de 55% da produción total do país.