pasteira

Ence
Este sábado ás 19.30h

Ence fóra da ría chama á mobilización contra o mantemento da pasteira en Lourizán

“Móvete pola ría” é o lema coa que a plataforma Ence fóra da ría convoca a mobilización que partirá na tarde ás 19.30h do sábado das alamedas de Pontevedra e de Marín. A reclamación, expulsar a pasteira de Lourizán.

POLÍTICA

Exixen a saída de ENCE da ría de Pontevedra e denuncian que o PP actúe "como delegado" da pasteira

Após a sentenza do TSXG que exixe a anulación da prórroga concedida á factoría en 2003 e da presentación dun recurso de casación por parte da Xunta perante o Supremo, Ence-Elnosa podería ficar ancorada na ría de Pontevedra vitam aeternum. Amais, o goberno español prevé aprobar unha Lei de Costas que lle outorgaría a última decisión a respecto da saída ou non da pasteira e mesmo podería concederlle 75 anos máis de vida útil. A deputada nacionalista, Montse Prado exixiu esta cuarta feira na Cámara galega que Ence-Elnosa marche de Marín e denunciou que os gobernos do Partido Popular actúen "como delegados da pasteira".