star
CULTURA
Os Feroz aterran en Pontevedra durante dous anos: todo sobre a chegada dos premios
08/maio/24
A cidade do Lérez será o escenario onde a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) entregue os Premios Feroz nas súas edicións de 2025 e 2026. O acordo entre a asociación e o Concello de Pontevedra propiciará que a Boa Vila se transforme, durante os meses de outono dos vindeiros dous anos, nun encontro entre a industria cinematográfica, a prensa e o público.